mércores, xuño 24, 2015

Variacións ilustradas

Mar García propuxo ao seu alumnado que o mesmo texto, este que saíu na Selectividade no ámbito das Artes Plásticas, fose ilustrado segundo a súa percepción. O resultado é ben variopinto!

Este é o texto:
 "Durante el resto del día no consiguió concentrarse en la clase, sufriendo por su comportamiento absurdo, pero al mismo tiempo aliviada, proque sabía que él también se había fijado en ella y que el lápiz no era más que un pretexto para iniciar una conversación, pues cuando se acercó ella notó que llevaba un bolígrafo en el bolsillo".
Paulo Coelho: Once minutos

E aquí, só algunhas mostras ben diferentes entre si:

LUCÍA LOUZAO:



LUCÍA OTERO:



RAQUEL GARCÍA:


MARÍA MATO:

martes, xuño 23, 2015

O curso remata en inglés

As profesoras de inglés Loli Rúa Barcia e Soraya Fernández Méndez deron unha lección de bo facer con dúas obriñas de teatro representadas por alumnado de 3º ESO C. Unha delicia ver o ben que se desenvolven en inglés sobre o escenario!
Así remata un ano cheo de aventuras e angurias! O venres 19 de xuño foi unha festa teatral.
Primeiro, a presentación:



 A primeira obra, The right thing to do:












A segunda, The robbery:












Por último, a despedida:


E o broche de ouro de remate de fin de curso veu da man de Thaynara Camargo que interpretou "Si tú no estás aquí":

sábado, xuño 20, 2015

Quixotizándonos V

David de la Torre Fernández realizou un extraordinario traballo, nada menos que un pequeno libro pop-up para reflectir a carta de dona Panza. Moitos parabéns!
E para amosárvolo, fixemos un vídeo:

xoves, xuño 18, 2015

Lemos no verán, na prensa

Así recolleu hoxe o Faro de Vigo a nosa esgotadora mañá do mércores 17 de xuño, primeiro día da campaña "Lemos no verán" no que prestamos máis de 400 exemplares. Todo un éxito!





mércores, xuño 17, 2015

A nosa campaña, na prensa

As edicións dezás recollen hoxe a nosa campaña de lectura para o verán. Esta que podedes ler é no Faro de Vigo:

La biblioteca del IES Laxeiro, en Lalín, acoge esta mañana el inicio de una campaña de fomento de la lectura en verano. Los alumnos podrán escoger entre una docena de libros seleccionados y, con aquellos que elijan, se llevarán una bolsa decorada por los alumnos de primero de Secundaria con motivos del artista Keith Haring y supervisados por su profesora Aranzazu Diñeiro. Dentro de la bolsa irá una galleta decorada con el lema Lemos no verán y la guía de lectura No verán lemos en galego, que diseñaron los equipos de Normalización Lingüística de este instituto y del Chano Piñeiro, de Forcarei. La campaña continuará durante la próxima semana. Además, en la antigua aula de segundo de Bachillerato el programa de diversificación recrea, a partir de las 13.00 horas, un supermercado.

Tamén na Voz de Galicia

En el instituto Laxeiro de Lalín se pondrá en marcha desde hoy una campaña de fomento de la lectura, con el objetivo de que los alumnos lean en vacaciones. Además de los libros elegidos, hasta una docena, los participantes se llevarán una bolsa decorada por un alumno de primero de ESO con motivos del artista Keith Haring y con supervisión de la docente Aranzazu Diñeiro. En la bolsa irá una guía de lecturas elaborada por los equipos de Normalización Lingüística de los IES Chano Piñeiro y Laxeiro.

martes, xuño 16, 2015

Saboreando a lectura

Agora que xa é noite, xa vos podemos amosar a terceira gran sorpresa que vos preparamos para mañá na nosa campaña de lectura "Lemos no verán". Para que gocedes da lectura cun saboroso doce:


No verán, lemos en galego

Que pensabades, que iades marchar de vacacións sen as nosas recomendacións de lectura? Imposible! Non só queremos que leades, e moito, senón que queremos que o fagades na nosa lingua. A boa Literatura galega e as boas traducións permítennos asegurarvos un verán cheo de soños, poesía e ilustración. Para todas as idades e para todos os gustos. Porque a poesía non se le só unha vez ao ano celebrando o Día da poesía, porque a fantasía non ten estacións -pero si sagas-, nin a banda deseñada ten un tempo determinado: o verán permítenos ollar o mar, o horizonte, e os soños... cun libro na man. En galego.

Esta guía é un traballo colaborativo entre dúas bibliotecas e dous ENDL de dous centros que distan uns 35 Km de distancia pero que están moito máis preto do que semella: O  IES Chano Piñeiro e IES Laxeiro xuntan forzas lectoras e lingüísticas para vos ofrecer unha guía despregabre que convida á lectura no tempo de lecer máis caloroso.


LEMOS NO VERÁN. LEMOS EN GALEGO
LEMOS NO VERÁN. LEMOS EN GALEGO

INSTRUCIÓNS


Descarga directa

GUÍA EN ISSUU





luns, xuño 15, 2015

Somos "Escola sen Racismo"



O xoves 11 de xuño, o alumnado de 1º ESO estivo na proxección das reportaxes solidarias feitas por varios compañeiros da ESO que participaron do obradoiro de TV da Asamblea de Cooperación Pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Ademais de recibir os diplomas de participación, o director Uxío Grande recolleu para o centro a placa que nos acredita como membro da rede de EScolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento. Noraboa a todos/as.





Actualización, domingo 21 de xuño:
La Voz de Galicia recolle hoxe esta nova.

domingo, xuño 14, 2015

Petrochicles

Intervención nun espazo




Despois de traballar co mundo das vangardas do século XX e despois de observar como vai evoluíndo a arte ao longo do tempo, vendo que nos últimos anos deste século XX @s artistas buscaban provocar a reflexión do espectador, o alumnado de 1º ESO - C coa súa profesora Aranzazu Diñeiro realizou esta intervención no patio, exaltando as manchas de chicle que alí están pegados.
A intervención realizouse rodeando cada mancha de chicle con círculos concéntricos simulando unha diana (2 ou 3 círculos). Logo conectáronse con liñas tentando crear unha rede de chicles.
Cada chicle identifica unha persoa e xérase unha rede social de persoas que non se percataron de algo obvio e fundamental: o patio está cheo de papeleiras.
Esta intervención realízase para provocar a reflexión entre o alumnado.