venres, maio 31, 2019

Meter o título (I)

LUCÍA FERNÁNDEZ CUÍÑA:
 

“En branco e negro”
doume conta “das horas que nos quedan”
“Nas catacumbas”
formadas polos nosos “delirios de pracer”.
Na que o “vapor” cada vez é maior
ante un “solo de cristal”
donde a realidade se sumerxe “en tempos estraños”.
Acabamos sendo “hóspedes do medo” do olvido,
mentres “contra morte e amor”
seguimos lendo “lecturas de nós”
contra a “resistencia” do presente.
Sen pensar que “o único que queda é amor”
máis o  “silencio” das palabras que non foron ditas.

xoves, maio 30, 2019

Castros e poesía

Co alumnado de 1º de ESO fomos a Celanova a visitar a casa dos poetas e a Castromao para saber algo máis sobre os nosos antergos.





mércores, maio 29, 2019

Ruta literaria por Lugo

Co alumnado de 2º de ESO andamos por terras lucenses: visita ao musero despois de ler os Contos do Museo, centro de interprestación da muralla de Lugo, o Cebreiro, andaina ata chegar a SAmos e lectura de poemas.



martes, maio 28, 2019

Emulando a Leonardo

Dende o Club da Ciencia en colaboración coa biblioteca, anda o alumnado do centro a construír as cúpulas que deseñou Leonardo da Vinci:


sábado, maio 25, 2019

Videopoema (I)

Videopoema realizado por Claudia Mein e Arón Lamas  sobre o poema de Rosalía de Castro, "Unha vez tiven un cravo".



sábado, maio 18, 2019

Corredor da ciencia

A principios de curso, o equipo da biblioteca propuxo denomimar ao corredor de arriba como "Corredor da ciencia" xa que nel se sitúa o Laboratorio "Angel Carracedo" e a aula "Marisol Soengas". O alumnado de 2º de Bacharelato andou a preparalo este curso. Aínda sen rematar, podedes ver algunhas fotos:







mércores, maio 15, 2019

Escolas seguras


"Nunca ata agora houbo tantos menores a vivir en zonas afectadas por conflitos armados (1 de cada 5 menores). Entre 2013-17 documentáronse máis de 12700 ataques a centros de ensino que pretendían matar a máis de 21000 estudantes, docentes e persoal de centros escolares.
O 28 e 29 de maio terá lugar en Palma de Mallorca a III Conferencia intergubernamental "Escolas Seguras" coa participación de gobernos de diversos países que tratarán de acordar un texto que declaren aos centros educativos como espazos seguros nos conflitos bélicos.
Save the Children auspicia unha mobilización nos centros educativos de España á que se suma o IES Laxeiro no día de hoxe: propoñen erguer un millón de mans e apoiar o manifesto que foi lido por un alumno de segundo da ESO en representación do centro. 
Este xoves 15 de maio:





martes, maio 14, 2019

Lingua que navega

Para lembrar que as nosas Letras e a nosa lingua utilizámola todos os días do ano e non só o Día das Letras, agora temos bolígrafos que escriben só na nosa lingua e alfombras de ordenador que nos lembran que os seus ratos fan o seu traballo en galego: