mércores, xuño 26, 2019

Premio á Solidariedade e ao Compañeirismo

Rematamos o curso así, premiando a quen o merece. Dende hai tres meses, unha nena en cadeira de rodas, necesitada de axuda, é acompañada por unha compañeira da súa clase. Puntual, cada mañá á primeira hora vaina buscar á súa casa para traela ao centro, lévaa ás clases, acompáñaa nos recreos, axúdaa nos estudos para recuperar o tempo perdido durante a operación e posterior recuperación... e as fins de semana tamén é ela quen a saca da casa para dar un paseo. 
Xestos coma este, que adoitan pasar desapercibidos para a maioría do alumnado e profesorado, cremos que deben ser postos en valor. Somos conscientes de que hai máis, por suposto, e de que hai outros que se nos escapan porque non damos chegado a todos os recunchos. Pero a visibilización da solidariedade é máis necesaria ca nunca, porque neste caso María Vázquez representa un deses valores fundamentais da sociedade que impulsamos no noso instituto.
Por iso, e en nome de toda a comunidade educativa, grazas, María, pola túa bondade e pola túa xenerosidade.



domingo, xuño 16, 2019

Videopoema (VIII)

Videopoema de Clara Arias Fernández sobre o poema "Selfie", do libro Aplicación instantánea, de Carlos Negro.

mércores, xuño 12, 2019

Meter o título (III)

 Sara Granja:

Cada noite, á lus do candil
só están os dous de sempre
cas almas grises
escapando dunha cidade en chamas
fuxindo de palabras envelenadas
refúxianse na longa noite de pedra
agochados tras as mans do medo





Adriana Pampín:


Bícame Frank
como en Agosto do 36
e lémbrame sempre
que o único que queda é o amor
daquelas almas grises.

Xuntos e máis nada
no cuarto de invitados
mentres lle tememos á cidade en chamas
que sempre foi 
a cidade das chuvias.

Cando estás na lúa
só recordas que o meu nome é ninguén, 
todo ok ata que me decato que
as palabras poden matar
pero iso xa é unha historia que non vou contar.





 Alejandro Matanzas:


Cando nos falan da vida,
dinnos que todo é “silencio”
pero que temos que “vivir a galope”.
Fálannos da “inmunda historia”
dunha “verdade amarga”.
Mentres que nós 
queremos “desmentir da primavera”.
Ser cómplices do “silencio”
e loitar “cara a liberdade”,
sendo nós “contra morte e amor”.






Natalia Vilariño :



sábado, xuño 08, 2019

venres, xuño 07, 2019

xoves, xuño 06, 2019

Videopoema (II)

Videopoema de "Paxaro que vas voando" (Pandeirada) realizado por Paula Peiteado e Uxía Pérez.
O poema forma parte da Antoloxía "Eu non canto por cantar. Cancioneiro popular de Galicia" de Manuel Rico e Antón Santamarina



sábado, xuño 01, 2019

Meter o título (II)

ZERUA GALEGO INSUA :

Culleres de prata

Sobrevives?
Hai que matalos a todos,
Os da alta casa,
Veleno tinto.
Una falsa luz
Os dous de sempre
Cousas de fábula
Os de alta casa
Hai que matalos a todos.
E chegamos despois a una terra gris,
Nós, os impresentables.
Os asasinos.
Co sabor da derrota dos outros,
Hóspedes do medo,
e sinto
A morriña das balas.