domingo, outubro 27, 2019

Lembrándote sempre

Dende o 2003 este amigo bonachón paseou os corredores do noso centro, impartiu clases, foi xefe de estudos, gastou bromas e explicou a Física e a Química coma ninguén. A súa ausencia levounos unha parte da nosa propia idiosincrasia. O IES Laxeiro non é o mesmo sen el. Miro para o alumnado de 1º de ESO e sinto mágoa porque eles e elas non tiveron a sorte de coñecelo, non tiveron a sorte de ver o seu sorriso -que pretendía ser maligno e non o conseguía- polos corredores ou no seu despacho. Cada día botámolo de menos. Non hai ninguén co seu carácter. E iso que cando nos enfadamos, lembramos: "espírito Luís Gustavo" e calmámonos antes. Porque si, porque el estará sempre entre nós poñendo esa harmonía da que só el era quen.
E cada día, lembramos miles de anécdotas, pensamos "e agora el diría..." e as bágoas constantes volven a nós.
Se queredes vir, aquí estaremos. Pódovos asegurar que é a homenaxe máis difícil de organizar de todas as nosas vidas...


venres, outubro 25, 2019

X día da Ciencia en Galego (II)

Xa temos os cartaces para o Día da Ciencia en Galego 2019:







xoves, outubro 24, 2019

X día da Ciencia en Galego (I)

Andamos a argallar o Día da Ciencia en Galego. Inevitablemente, co corazón posto en Luís Gustavo e as ideas dirixidas ao seu amor pola Ciencia.


luns, outubro 21, 2019

Día das bibliotecas

Día de las bibliotecas. Aptas para todos los públicos. Con la igualdad de género

venres, outubro 04, 2019

Comprometidxs coa Igualdade

O noso alumnado asistirá a estas charlas que o Concello de Lalín nos ofrece: