luns, maio 31, 2021

Clases sen fume 1º A : Acende as cores da vida

O grupo de 1º de ESO A está preseleccionados para os premios do concurso Clases sen fume.

Participaron cun eslogan e co vídeo "acende as cores da vida: apaga a nicotina" :








domingo, maio 30, 2021

Con ACNUR

Dende 1950 ACNUR, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, traballa para asistir e protexer as persoas refuxiadas e desprazadas. Durante todo este tempo leva actuado en centenares de misións para proporcionarlles sanidade, educación, medios de vida e solucións duradeiras ás persoas desarraigadas. Este sensato labor tense considerado a miúdo unha cousa de tolos.

O Comité español de ACNUR tenta que os programas de axuda humanitaria sexan sustentables, canalizando a solidariedade de milleiros de persoas socias e colaboradoras. Son as tolas e tolos de ACNUR, persoas que loitan cada día para demostraren que o mundo pode ser un lugar mellor.

No IES Laxeiro sumámonos a “Loco Festival” para axudar á difusión de valores solidarios e visibilizar esta situación de excepción das persoas desprazadas e refuxiadas. Para iso, marcámonos o obxectivo de sensibilizar ao noso estudantado e aprenderlles que axudar a quen o precisa é algo sensato. Se cadra así, algún día, optar pola solidariedade fronte á indiferencia sexa o normal e non unha cousa de tolo/as.

O Loco Festival é un proxecto de educación que favorece o desenvolvemento dos valores éticos necesarios para a convivencia democrática: equidade entre as persoas, compromiso social, diálogo, cooperación …

Nesta edición participan:

 

2º ESO B “ESCAPE ROOM”

3º ESO B “PETO SOLIDARIO”, PASAPALABRA TEMÁTICO EN GALEGO  E PHOTOCALL

4º ESO A: VIDEOCREACIÓN

4º ESO B : PASALABRA TEMÁTICO EN INGLÉS “The doughnut game”

EXPOSICIÓN MARCAPÁXINAS “ MOZO/AS INSPIRADORES/AS”

 

LUGAR E DATA DO EVENTO

IES LAXEIRO no patío exterior, vestíbulo da igualdade, aula de 2º B e salón de actos.

Data:  1,2,3 E 4  XUÑO  nos recreos entre  11:00 12:30 (DEPENDENDO DOS DÍAS E DOS GRUPOS HAI VARIAS TANDAS DE RECREOS QUE NON SE SOLAPAN)






venres, maio 28, 2021

Galiciencia

 


O 27 de maio, o alumnado de 4ª ESO realizou o taller "Microbioloxía para entender o mundo" organizado por Galiciencia na súa edición online.

A través de exemplos cotiás descubriron como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día. Entre outras actividades simularon o mecanismo de funcionamento da reacción en cadea da polimerasa (PCR) para comprender como se pode empregar no diagnóstico de enfermidades.


Musiqueando: o vídeo

A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do noso centro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro.

Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración.

 Un día para celebrar ao ar libre a música, o baile e o compañeirismo. 

Noraboa!!!



xoves, maio 27, 2021

Mans que coidan: gañadorxs

 Xa temos as gañadoras e os gañadores do Concurso "Mans que coidan"

 Primeiro premio: Laura Fernández Crespo


Finalista: Laura Cacheda Fernández

Segundo premio: Gebre García Rodríguez

Finalista:David Baldonedo González

Finalista: Claudia Mein García:


2º premio: Ariadna Senande Benavides:



martes, maio 25, 2021

Xogos tradicionais

Hoxe, martes 25, puidemos gozar dunha xornada de xogos tradicionais da man de Luchi Iglesias, artesán polifacético de Lalín que vén de recuperar e crear materiais daqueles xogos que nenos, nenas e maiores adoitaban practicar nas aldeas e vilas do país. 

Xornada de aprendizaxe e diversión, organizada no marco de proxecto Erasmus+ "21st Century skills through Outdoor Traditional Games"




#ViolenciaZero



 Un ano máis, grazas á Deputación de Pontevedra, puidemos asistir hoxe, martes, á programación Mulleres en acción #ViolenciaZero. Este ano foi un espectáculo de danza urbana que a bailarina e coreógrafa Yara Juncal organizou para visualizar as consecuencias das relacións tóxicas. O noso alumnado de Igualdade veu encantado da representación.





domingo, maio 23, 2021

Graduación (II)

 Este é o vídeo que realizou o alumnado para lembrar estes seis anos no Laxeiro, anos de actividades, viaxes, risos e compañeirismo:



sábado, maio 22, 2021

Graduación

 Hoxe despedimos unha xeración que bebeu da igualdade e que se formou para saír adiante sabendo localizar os micromachismos cotiás.

Emitimos en directo para as familias por mor da situación xerada pola Covid.



Clases sen fume 1º C

xoves, maio 20, 2021

Radio Laxeiro

Unha radio para ti

 

 O alumnado de 4º da ESO co seu profesor Lucho Penabade realizou unha serie de podscat para emitir na Radio Voz.


A Presentación que realizaron:




Claudia Ferradás e Lara Portela fálannos de Astroloxía:




Ademar Montoto e Pablo Miguélez falan de Ciencia:




Olivia Rodríguez e Nuria Lamazares achégannos á cultura:

luns, maio 17, 2021

Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia, Bifobia

 


A palabra esgazada




Ilustracións de @Terteres


Este ano 2021, tan especial, a Real Academia Galega RAG decidíu homenaxear a unha escritora tamén moi especial, Xela Arias, no 17de maio Día das Letras Galegas.

Innovadora, rebelde e inconformista. Activista pola paz, gran defensora da lingua galega, ecoloxista e feminista. Xela Arias foi sen dúbida unha muller comprometida coa sociedade de seu tempo.


https://educandoenigualdade.wordpress.com/2021/05/16/xela-arias-e-as-letras-galegas/



https://ateneoatlantico.blogspot.com/p/as-letras-mais-galegas.html



A Real Academia Galega aborda a vida e a obra da protagonista das Letras Galegas 2021 nesta serie documental de 6 episodios.

https://academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-177635




https://twitter.com/mflmonica/status/1394195998021459970?s=20

Manifesto polo galego. Maio 2018

 

Manifesto polo galego. Maio 2018

Manifesto. Texto. Non deixes arrefriar a lingua

Érache boa!

Se pensabas que os de arriba ían preocuparse polos de abaixo, estabas nun erro. Se crías que a mellor garda para un poleiro era unha raposa, ías de cú. Se soñabas cunha dirixencia comprometida co país, andabas na berza. Porque o corvo nunca foi máis negro cás ás... e porque xa chegou a hora de lle sacudir a polaina aos que esmagan a nosa lingua e a nosa cultura, desde o Ateneo Atlántico chamamos a atención sobre a perda de peso das industrias culturais en Galiza e, nomeadamente, do sector editorial que ten en Vigo o seu lugar de referencia, histórico e económico.

E preguntámonos por que ninguén dá conta da caída -nun 50%!- dos libros publicados en galego, da compra de libros para bibliotecas, das axudas públicas á traducción, das campañas de animación a lectura ou da ausencia de Galiza nas feiras do libro internacionais.

A resposta pode estar en que como cidadanía non nos mobilizamos, nin reclamamos abondo, mais logo laiámonos de que descenda o número de falantes na mocidade. Hai que reaccionar contra o discurso hipócrita e contra a parálise!

Por nós non vai deixar de ser. Daquela...

Chamamos a cidadanía a implicarse nesta causa como algo primordial: porque as ameazas son moito maiores cas oportunidades; porque non podemos deixar esmorecer unha actividade que xera 31.000 empregos e aporta o 2% ao noso PIB; porque se segue o ritmo de caída na valorización e uso da lingua perderemos o elemento identitario máis forte que posuímos; e porque llo debemos aos que a mantiveron viva durante séculos, agochada pero aquecida...

Non deixes enfríar o galego.

Dálle calor. Disfrútao. Fáino medrar.

É unha demanda social e política. Pero tamén é un compromiso persoal.

Imos alá!

Homenaxe a Xela Arias

 

Sei que só podo escribir desde muller, desde miope e desde galega
Nones Araújo


Xa de volta: as pedras non teñen nome
E as estrelas pousadas cravaron nos muros
Liñas directas da paisaxe ó corazón
Ata perder Valor.


Agora teño o idioma inclinado nas entrañas,
Relátome polo paseo arriba mergullada.
Ignoro que lugar é este onde me atopo.
A paixón que aniño ten por veces o bico en berro:
Se te preciso cando te agardo non vés nunca.


Por perpetua-lo mar por facer auga: mireivos.
Onde estamos amor onde estamos?
Enganchada nas virtudes das olladas
Trouxen augamel para agasallarte:
Arróupote arrequecido no meu colo.
Estou tan lonxe que xa non regreso...

Teño a alma abrazada por fenómenos estraños:
Rompéuseme o vaso nas mans,
As plantas decaídas e os silencios dos trasteiros
Desconsolados.
Un abano na túa man que se aferra e me acaricia.
Todo para nada.
O tempo anda arando estropicios e
Repasa logo a ollada no pouso dos afectos.
A vida é verdade. De certo, a vida ía en serio.

Versos escollidos de Poesía reunida (1982-2004). X. A.

sábado, maio 15, 2021

Teatralizando a Xela Arias

 Grazas ao compañeiro Lucho de Departamento de Lingua Galega, o alumnado realizou unha serie de Performances sobre tres poemas de Xela Arias.

"Desorde":





"Nunca máis"



"Os vosos fogares"



luns, maio 03, 2021

Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.

 Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.