domingo, outubro 24, 2021

O noso 24 de outubro

 Este curso apostamos por toda a comunidade. Unha comunidade da que forma parte o profesorado, o alumnado, a xente que coida, as persoas que nos axudan no camiño da coeducación, as escritoras e escritores que lemos, os editores que fan posible que teñamos libros na man, os actores e as actrices que interpretan os textos escritos... Grazas a todas as persoas que nos axudaron a lembrar a importancia da lectura e da biblioteca escolar, o noso motor, o noso corazón e a nosa mente deste lugar.



venres, outubro 22, 2021

Día das Bibliotecas

 


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

 
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021. "A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."
 
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración. 

mércores, outubro 20, 2021

Obradoiro de relacións igualitarias

 Un ano máis, Montse Vilar acompañounos no camiño da igualdade. Este mes de outubro realizou obradoiros en todos os grupos de 3º da ESO.








domingo, outubro 17, 2021

Somos Booktuber (43)

 Booktuber de "Ollos de auga" de Domingo Villar, realizado por Claudia Ferradás Sánchez,



Somos Booktuber (42)

 Booktuber de "Un animal chamado néboa" de Ledicia Costas, realizado por Claudia Mein García



Somos Booktuber (41)

 Booktuber de "Senlleiras" de Antía Yáñez Rodríguez, realizado por Nuria Lamazares Fernández



Somos Booktuber (40)

Booktuber de "Infamia" de Ledicia Costas, realizado por Olivia Rodríguez González

venres, outubro 08, 2021

Presentación "Galegas na ciencia"

 Isabel Blanco veu presentar o seu libro "Galegas na ciencia", fermoso libro que conta a vida dunhas científicas que, como adoita suceder coas mulleres prestixiosas, estiveron ocultas dos libros de texto.