sábado, novembro 27, 2021

Carteis do alumnado de ciclos formativos

 O alumnado de ciclos formativos do alumnado do IES Laxeiro quixo este curso participar na campaña contra a violencia de xénero realizada este curso en todo o centro. Parabéns!!!



venres, novembro 26, 2021

Toca Igualdade

 Baile realizado polo alumnado do club de lectura pola igualdade de 3º e 4º de ESO do IES Laxeiro o 25 de novembro de 2021, co gallo da conmemoración do Día pola eliminación da violencia machista. Grazas a InterRed pola axuda e a coreografía.



Tócame a min

 Performance realizada polas alumnas de 1º de Bacharelato de Literatura Universal do IES Laxeiro, sobre a canción de Karen Méndez "Si algún día me toca a mí" co gallo da conmemoración do Día pola eliminación da violencia de xénero, o 25 de novembro do 2021



Comando Igualdade

 Asistimos a un moi interesante encontro con Chis Oliveira e Priscila Retamozo para falar de como organizármonos no centro para defender a igualdade.







xoves, novembro 25, 2021

Don't be that guy

 "Non sexas ese machirulo", vídeo realizado polo alumnado de Cuale e 4º de ESO do IES Laxeiro para conmemorar o 25 N do 2021. Idea recollida da campaña escocesa "Don't be that guy". Moitas grazas.



O noso 25 N

 Moitas actividades para conmemorar un Día que ogallá non existise. Seguiremos traballando.




mércores, novembro 24, 2021

Premio contra a violencia machista

 O noso alumnado de ciclo de administrativo vén de acadar o segundo premio "Nas mans de todos e todas está a escada da violencia frear" outorgado pola Xunta de Galicia.

Parabéns!!!




Borra a violencia machista

 O noso centro ten un novo leimotiv contra a violencia de xénero. Podedes velo nas escaleiras do segundo andar do pavillón A:





luns, novembro 22, 2021

Somos Booktuber (47)

 Booktuber de "O enigma de Carote" de Carlos Vila Sexto, realizado por Jéssica Failde Galbán,



Somos Booktuber (46)

Booktuber de "Un animal chamado néboa" realizado por Nerea Hermida Lamas

Somos Booktuber (45)

 Booktuber de "Unha alma nobre" de Fred Uhlman, realizado por Guillermo Pérez Fernández.



luns, novembro 08, 2021

Encontro con El Salvador

 Hoxe foi un día especial no noso centro, porque compartimos o noso tempo coas activistas salvadoreñas Mercy Mulato, Yezli MIC e Queen, nun encontro que propiciou a Asemblea de Cooperación pola Paz. Amosáronnos a dura realidade do Salvador, a falta de Dereitos Humanos que padecen as mulleres e como dende a música se pode chegar á poboación, moita dela analfabeta. 

Para non esquecer









domingo, novembro 07, 2021

Somos Booktuber (44)

Booktuber de "Ollos de auga" de Domingo Villar, realizado por Lara Portela Suárez

xoves, novembro 04, 2021

XII día da Ciencia en Galego (2)

Os nosos cartaces, dedicados este ano a Turin e María Tarsy Carballás:

 





martes, novembro 02, 2021

XII día da Ciencia en Galego

 Este ano, novamente,  o mes de novembro será todo o mes o Mes da Ciencia en Galego.