E seguimos falando en galego científico!
Pedro Augusto Agostini Infante, ex alumno do centro e
estudante de doutorado no IFGAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías)
deu onte, día 7 de novembro, unha conferencia ao alumnado do bacharelato científico
sobre a interacción nuclear forte.
En primeiro lugar, para situar en materia ao alumnado, fixo
unha pequena introdución na que falou das catro forzas existentes na natureza e
de como fora evolucionando a idea de átomo ata o modelo actual.
Unha vez chegado a este punto, centrouse xa na interacción
forte describindo as súas características e por que é a responsable de que os
núcleos atómicos sexan estables. Falou tamén dos experimentos realizados nos
principais aceleradores de partículas e que permiten medir esta interacción.
Para finalizar coa conferencia, e antes de dar paso ás
preguntas do alumnado, explicoulle a este o campo no que actualmente está
investigando o seu grupo, o plasma de quarks e gluóns e a importancia do seu
coñecemento para determinar os instantes iniciais do Universo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario