sábado, setembro 26, 2015

Benvidos Primeiros!

A biblioteca vestiuse de festa. A verdade é que non parecía a mesma, pero a ocasión ben o merecía: ía recibir por vez primeira a alumnos e alumnas que nunca a ela se achegaran. Por que? Porque son as novas incorporacións do noso centro, o alumnado que está a cursar 1º de ESO, ese que aínda ten cara de susto cando @s ves polos corredores... sabendo que prontos se lles pasará, claro está.
Así que a profesora Sara Castro, membro do equipo da biblioteca, baixou co alumnado e coa súa infinita paciencia para amosarlles unha e mil cousas que non sabemos. Como... que temos libros ben antigos, xoias do século XIX que están ben gardadiñas e que só se amosan unha vez ao ano;  tamén fotos de hai 40 anos onde o bibliotecario estaba nun recuncho e os libros respousaban baixo chave con temor a seren roubados... Pero o alumnado de 1º tamén descubriu que a nosa biblioteca ten un mogollón de libros, máis de 14600!!! Pero onde están??? 
Si, si. Aínda que pareza incrible, a biblio do noso centro pode con todo.






Ningún comentario:

Publicar un comentario