luns, novembro 12, 2018

Novembro contra a violencia de xénero (II)

 I Concurso 25 de novembro-Imaxe gráfica




Despois dunha longa reflexión na aula  sobre o significado da violencia de xénero e as súas consecuencias na nosa sociedade, sobre todo na xuventude, xa que é o ámbito que máis nos preocupa por ser a parte coa que traballamos, o alumnado tentou plasmar graficamente a nosa postura contra esta lacra social que vén dada dunha concepción de sociedade patriarcal que se alonga no tempo. É por iso que se realizaron varios carteis e entre todos e todas os alumnos e alumnas da aula de Valores éticos de 1º ESO C escolleron o traballo de Laura Cacheda Fernández por ser o que mellor resumía e representaba o sentir de todos e todas.
A imaxe gráfica representa a árbore da “violencia cero” cuxas follas son lazos violetas (símbolo da loita contra a violencia de xénero), algunhas delas con lemas en positivo resaltando os valores que deben predominar na sociedade e outras cos contravalores que debemos rexeitar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario