martes, maio 31, 2016

Queer Avengers


 Lido en Praza Pública:

Este grupo de mozos 'youtubers' galegos destacan na Rede cunha canle de vídeos contra a LGTBIfobia e cunha mensaxe alegre e divertida que instrúe os máis novos na igualdade.


Visitade a súa páxina web, paga a pena ver todos os vídeos.

luns, maio 30, 2016

As Irmandades da Fala

 Dentro do proxecto de divulgación das Irmandades da Fala temos unha serie de vídeos coma este que explica con desenfado que foron as Irmandades.


As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.


Pero hai máis vídeos con entrevistas que fan un percorrido polo que somos e o que non, sempre tomando como referencia as Irmandades:


domingo, maio 29, 2016

iFala

Dende o Facebook de Goretti Sanmartín :

Magnífico e divertido traballo de síntese. Un moi bo guion, un execicio de actualización de referentes estupendo, unha voz que nos conduce de xeito frenético e sen decaer... Parabéns pola iniciativa e por crear materiais de indubidábel utilización didáctica. Esperemos que o ano das Irmandades teña continuidade e que o curso 2016-2017 sexa o momento de aplicar, de distribuír e levar todos estes materiais ás aulas, aos encontros culturais,..., para deixar pouso, para nos reinventarmos a partir deles...
Unha única cuestión para reflexionarmos para o futuro: sendo certo o machismo existente naquela altura (e diferente na súa materialización ao de hoxe, mais con moitos eixos transversais que perviven e están ao noso redor) e, por tanto, a presenza masculina é a que prevalece en toda a actividade sociopolítica nesta altura, fica aínda por afondar ben -e, sobre todo, por divulgar- no papel das mulleres. Moitas delas estiveron nun papel "secundario", nun posto non principal, é verdade. Mais isto tamén acontece porque decidimos que é o prioritario, que é o principal. A relevancia, de maneira especial, das mestras da época, está por estudar. A práctica dunha pedagoxía avanzada, innovadora, era unha revolución na época. Tamén cómpre detérmonos no xermolo das xornalistas. Cada día imos coñecendo máis e máis o papel dalgunhas mulleres. Hoxe xa podemos nomear algunhas. Mesmo algúns labores, como o editorial de Ánxel Casal, non existiría igual sen a enorma contribución á causa de María Miramontes. Debíanos preocupar que traslademos a idea de seren feitos individuais, illados (Elvira Bao, Micaela Chao, Amparo L Jean, María Miramontes, Mari Luz Morales...) e trazar liñas en común para pór en valor o seu papel, sen dúbida máis importante do que pensamos e do que está estendido entre nós. Nese sentido, unha recomendación para comezar: ler, de principio a fin, o A fondo do Sermos Galiza sobre A Galiza das irmás.

iFala from Illa Bufarda on Vimeo.

sábado, maio 28, 2016

Clases sen fume (III)

O grupo de 2º ESO C foi preseleccionado para os premios CLASES SEN FUME. Durante case todo o curso participaron neste programa centrado na prevención do tabaquismo en alumnado de 12 a 14 anos. Fixeron o slogan e a actividade creativa (mirade o vídeo). O día 14 de xuño irán a Santiago á entrega de premios, acompañados do titor Manuel Busto.
Noraboa pola clasificación e sorte!!!

venres, maio 27, 2016

O espectacular videoclip do Sol e Mercurio

Un vídeo que xa é todo un fenómeno. Un videoclip musical coas imaxes do tránsito de Mercurio tomadas polo Solar Dynamics Observatory. Un espectáculo que paga a pena ver e escoitar. Unha produción da NASA, con todos os detalles na  sección APOD galego.





Explicación: Que é ese pequeno punto negro que está a moverse por riba do Sol? Mercurio. Posiblemente a imaxe máis clara do paso de Mercurio por diante do Sol a comezos desta semana estivera na órbita terrestre. O Solar Dynamics Observatory obtivo unha vista sen interrupcións rexistrándoo non só en luz visual senón tamén en bandas de luz ultravioleta. Aquí publícase unha película composa do cruce emparellado con música. Aínda que o acontecemento podería usarse cientificamente con éxito para determinar mellor os compoñentes da atmosfera ultrafina de Mercurio, o que si é seguro é que o evento demostrou con éxito culturalmente ao involucrar a xente de todo o mundo observando un raro fenómeno astronómico. Moitas imaxes espectaculares deste tránsito de Mercurio ao redor (e por riba) do globo están a ser publicadas .

Lembrando a Manuel María

O martes 17, Día das Letras Galegas, o noso club de lectura foi o encargado de realizar no Museo Ramón Mª Aller de Lalín, un percorrido biográfico e lectura de poemas de Manuel María, facendo un percorrido biográfico salferido coa lectura de poemas do noso autor. O acto rematou cun poema cantado pola nosa artista particular, Tamara Pazos. Parabéns a Adrián, Alba, David, Carla e Fran polo traballo. E moitas grazas.












A actividade tamén foi recollida na prensa:

xoves, maio 26, 2016

mércores, maio 25, 2016

Médicos do mundo e a prostitución

No mes de maio tamén tivemos tempo para falarmos dos problemas que atormentan a nosa sociedade patriarcal. Dentro do Plan Proxecta contra a violencia de xénero, unha persoa de Médicos do mundo dirixiuse aos mozos e mozas de 1º de bacharelato para falar de prostitución.
 Belén Taboada Barros achéganos a actividade:
O alumnado de 1º de Bacharelato asistimos o pasado 5 de maio a unha charla sobre a prostitución. Mónica, unha integrande de Médicos do Mundo, desvelounos todo o que había detrás dese negocio lucrativo e patriarcal.
Ao inicio da sesión, nas nosas cabezas rondaban eses mitos que circulan pola nosa sociedade sobre as mulleres que se dedican a isto, coma por exemplo que o fan porque queren e que é un traballo coma outro calquera. Pronto estas ideas veríanse destruídas grazas en primeiro lugar a un vídeo que nos ensinou unha parte oculta deste tema que nos ocupa.







martes, maio 24, 2016

A Praza ten vida

Outra das actividades realizadas esta semana arredor das nosas Letras ten continuidade dende o curso pasado, cando nos puxemos en contacto coa Praza de Abastos para facermos en común unha serie de propostas encamiñadas a darlle pulo aos establecemenetos que alí existen e que defenden a nosa lingua.
O xoves 19 acudimos a un concerto de Miro Casabella:


Realizámoslle unha entrevista e inauguramos os carteis de dous metros que o noso alumnado realizou para guiar nas compras a todas as persoas que se queiran achegar






 Estes son os carteis que miden dous metros e que realizou o noso alumnado:


Tamén saímos na prensa:




luns, maio 23, 2016

As Letras Colgantes

Como sabedes, as Letras Galegas voas por riba nosa xusto á entrada da nosa biblioteca. Un xeito de visibilizar as nosas letras. Ollo, ás veces suicídanse! Iso ocorre cando perdemos un falante ou cando algún desalmado rexeita a nosa Cultura.






HIPATIA DE ALEJANDRÍA

Seguimos cos traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO sobre figuras matemáticas. Este é de Xosé Manuel Fernández quen traballou a Hipatia de Alejandría:

sábado, maio 21, 2016

XI Premio de pintura escolar "Mestre Laxeiro"

Convoca este Concurso a Concellería de Cultura do Concello de Lalín a través do Museo Municipal "Ramón Mª Aller Ulloa". Só Había tres categorías, e na última (de 12 a 16 anos) gañaron dúas alumnas do noso centro. Tamén premiaron ao Centro pola participación e calidade das obras presentadas.
O fallo do xurado tivo lugar o 6 de maio e a exposición está aberta ata o 27 de maio no Auditorio Municipal de Lalín.


















Parabéns ás gañadoras no XI Premio de Pintura Escolar "Mestre Laxeiro" que este ano ía adicado ás figuras de Cervantes, Castelao e Ramón Mª Aller Ulloa.
Fátima Jácome Iglesias ,de 1º de ESO, sorprendeunos coa súa obra sobre Castelao e Lucía Lalín Pérez, de 3º de ESO, coa obra titulada "Os vellos non deben namorarse".




As artistas:
 Fátima Jácome Iglesias (1º ESO)

Lucía Lalín Pérez (3º ESO)




Na prensa:



venres, maio 20, 2016

Recollendo premios

O venres pasado fomos recoller os premios o IES Ramón Mª Aller Ulloa. Ana leu parte do seu texto e a profesora Gracia Santorum tivo que ler un dos poemas de Nerea Álvarez.






A nova foi recollida na prensa: