martes, novembro 28, 2017

Contra a violencia machista

Entre algunhas das actividades que realizamos no centro para amosar o noso rexeitamento contra a violencia de xénero, está este recordatorio de todas as vítimas do ano 2017



sábado, novembro 25, 2017

O tren da igualdade

O alumnado de 2º de ESO na materia "Igualdade de Xénero" decidiu realizar esta performance como contribución á nosa loita contra a violencia machista:


 

E fomos ao concello para representalo:



 O luns continuaremos coas actividades que manifestan a nosa repulsa contra esta lacra social:



xoves, novembro 23, 2017

Mellores, non Mayores

Similar ao noso traballo comezado o curso pasado, O Comité Lila modificou o contido dun polémico tema de actualidade, "Mayores" de Becky g, cambiando a letra orixinal por outra de carácter feminista.

xoves, novembro 16, 2017

Visita e contacontos no CEIP Manuel Rivero

Alumnas e alumnos de 3º de ESO, moitos deles membros do Club de Lectura do centro, visitaron  as aulas de Educación Infantil do CEIP Manuel Rivero, no marco do proxecto Tunnel of Time, levaron a cabo unha amena actividade introdutoria cos nenos e nenas de Educación Infantil do M. Rivero. Nunha sesión de contacontos, o alumnado do IES Laxeiro púxolle voz a contos e historias ilustrados que atentamente escoitaron os peques do cole, de 3, 4 e 5 anos.


 

martes, novembro 14, 2017

Son Muller

Estas rapazas son o grupo MBCP (Máis Boas Cas Patacas) e cantan "Son Muller", un manifesto, unha crítica, que gañou recentemente o premio de canción Xuvenil da Deputación da Coruña:
 "Se me deixaran, sería o que eu quero ser, libre, independente, resistente e muller"


venres, novembro 03, 2017

VIII día da Ciencia en Galego (III)



Como sabedes, o Día da Ciencia en Galego este ano cae en mañá sábado, polo que decidimos adialo para o luns,  pero como non queremos que se axuste a un día só, decidimos lembralo en diversas actividades durante o curso.
Este ano homanexéase a dúas figuras: DARWIN e o galego DOMINGO FONTÁN.

En canto a DARWIN, o alumnado de FP Básica recreou a viaxe do Beagle cun mapa mundi que se exporá nun taboleiro e irá ás clases para explicalo. Esta actividade realízase grazas ao Departamento de Bioloxía.



O Departamento de Matemáticas organízase así:


 Obradoiro de xogos matemáticos  e lóxicos,  dedicándolle unha sección especial aos cubos de Rubik, que teñen unha gran aceptación entre o alumnado. Estes obradoiros realizaranse o luns durante os recreos. Pero ampliaranse a toda a semana se se pode reabrir a biblioteca -despois das obras- o martes.





 Ademais,  ao longo deste curso faremos diversas actividades enfocadas a  coñecer  a figura de Domingo Fontán e o seu traballo.



 Actividades:

  1. Tendo en conta que Domingo Fontán utiliza como unidade de lonxitude a “ vara castelá”, faremos unha investigación sobre as unidades de lonxitude   e de superficie  que se usaban antes do SISTEMA INTERNACIONAL DE UNIDADES. Veremos as equivalencias e faremos medicións con distintas unidades.

  2. Na web  podemos encontrar a CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA subdividida. Centrarémonos na Carta Fontán f8, que é a parte correspondente  ao Concello de Lalín.  Traballaremos as escalas nos mapas e cálculo de distancias.

  3. Cálculo de alturas : Utilizaremos  o teorema de Thales e a semellanza de triángulos  para calcular alturas de puntos inaccesibles (medidas indirectas). Así calcularemos  a altura das árbores do patio e a altura dos edificios do noso centro.

  4. Achegarémoslle aos nosos alumnos instrumentos  que se utilizan ou se utilizaron en topografía e cartografía,  compás, cuadrantes, sextantes, teodolitos.