venres, marzo 29, 2019

xoves, marzo 28, 2019

Pantallas amigas

Pantallas Amigas impartiu durante toda a mañá de onte charlas a todos os grupos de 1º e 2º de ESO sobe a violencia dixital, a privacidade e a seguridade na rede...
Unha charla moi interesante onde moito aprendemos






mércores, marzo 27, 2019

Carlos Negro

Onte día 26 o autor da nosa terra Carlos Negro veu presentarnos o seu último libro, Aplicación instantánea. Estivo acompañado ademais por dúas alumnas nosas que lle realizaron unha entrevista. Sorprendeunos coa súa posta en escena e a variedade dos seus poemas!!!










sábado, marzo 23, 2019

Con Alberto Garrido

O  venres 22 tivemos a oportunidade de escoitar a experiencia vital dun exculturista, Alberto Garrido, ferrolán de 44 anos que tivo a valentía de dar a coñecer, de primeira man, cales son as consecuencias do consumo de sustancias prohibidas e perigosas,  co fin de mellorar o rendemento ou, como no seu caso, acadar un corpo acorde as esixencias do modelo de competición da súa disciplina.
Alberto deixou claro que todo adolescente que se inicie nunha sala de musculación e lle guste unha disciplina como o culturismo, debe ter moi presente que o consumo deste tipo de sustancias ten un efecto devastador no organismo, como el mesmo puido comprobar. 
A saúde debe estar por riba de calquera afán competitivo e a loita contra o dopaxe debería estar moito máis presente nesta disciplina, pois segundo as palabras de Alberto, practicamente o 100% dos e das culturistas que acoden a competicións de certo nivel, o fan sen pasar controis de dopaxe e coa sombra da sospeita enriba deles.


xoves, marzo 21, 2019

Día da árbore

Un ano máis, celebramos o Día da árbore e do Día da poesía plantando árbores e recitando poemas. Este ano fixemos dúas actividades, unha no parque de sempre co alumnado de 3º de ESO e outra co alumnado de 2º de Bacharelato plantamos carballos.
Aquí algunhas fotos:




Somos Booktuber (22)

Booktuber do libro  "Vestio", de Xosé Miranda,  realizado por Fátima Jácome Iglesias

martes, marzo 19, 2019

Campaña para denunciar como o plástico mata a vida mariña

Como non cambiemos hábitos de consumo e reciclaxe o planeta non o resistirá. E como unha imaxe vale máis ca mil palabras, a ONG Sea Shepherd vén de lanzar unha agresiva campaña publicitaria para preservar a vida da fauna mariña.
Unha bolsa de plástico pode parecer inofensiva, pero non o é: representa un sufrimento extremo ou mesmo a morte para miles de animais nos océanos.








Fotografía vía PADI







Sea Shepherd 4 medioambiente plastico vida salvaje camapaña oceano protesta


Los anuncios, en 3D, se han creado gracias a la colaboración entre Tribal Worldwide São Paulo y DDB Guatemala, y lanzan un demoledor mensaje "El plástico que usas una vez tortura a los océanos para siempre".
Acompañando a este texto, se muestran fotografías de diferentes animales marinos, como focas y tortugas, muriendo asfixiados en una de nuestras bolsas de plástico; la producción en 3D fue desarrollada por Notan Studio con la intención de ganar en realismo y en crudeza.

Sea Shepherd 2 medioambiente plastico vida salvaje camapaña oceano protesta

Guiga Giacomo, Director Creativo Ejecutivo en Tribal Worldwide São Paulo explica, “Desafortunadamente, una acción pequeña e irreflexiva en nuestra vida diaria puede causar un gran daño a la naturaleza sin que nos demos cuenta, por eso, con esta campaña, nuestro objetivo es remediar esto llegando al mayor número posible de personas, concienciando del hecho de que, con pasos pequeños y fáciles, podemos garantizar que no ocurran escenas tan terribles como éstas".
La próxima vez que decidamos cometer la imprudencia de tirar algo al mar, debemos pensar en que, justo debajo, hay millones de animales que también merecen la vida.

Sea Shepherd 3 medioambiente plastico vida salvaje camapaña oceano protesta

Desde aquí

domingo, marzo 17, 2019

Sempre combativa

"Sempre combativa" é um tema de Enxebres, grupo de pandereteiras -e regueifeiras- do IES Marco do Cambalhom das Cruzes: Nuria, Lorena, Aleixandra, Marta, Alba e Carla.

venres, marzo 15, 2019

Acadar

Presentouse onte no noso centro a Guía sobe a violencia sexual a nenas e mulleres con discapacidade por parte da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR). Canda a presentación da guía houbo unha performance da artista Mónica Mura que se acompañaba dunha exposición fotográfica sobre a mesma performance.



https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/03/15/23-mujeres-15-hombres-menores/2069038.html

http://www.cogami.gal/es_ES/difusion/sala-de-prensa/noticias/acadar-presenta-en-el-ies-laxeiro-de-lalin-una-guia-sobre-violencia-sexual-hacia-las-ninas/

ACADAR, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, foi constituída no 2009  por un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia. A misión da entidade é a de promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da vida, facendo visible a interacción dos diversos factores que condicionan a nosa autonomía e sitúannos nunha posición con maiores niveis de discriminación.

A finais de 2018, ACADAR edita a guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad. A realización da guía ten o obxectivo de visibilizar este tipo de violencia que permanece oculta, sobre todo entre o colectivo de nenas e mulleres con discapacidade, e estamos ante unha realidade moi presente aínda nos nosos días.

A actividade que se realizará no centro é unha presentación desta mesma guía coa presencia da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella e a presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo. Posteriormente á presentación inicial se fará unha performance cos materiais empregados para o proceso de realización da guía. Esta obra a realizará a artista Mónica Mura empregando un xogo de luces e sombras e unha pequena exposición coas fotos realizadas pola mesma artista para a guía.

Estas presentación realizaránse en 4 centros de toda Galicia inscritos no programa Por 365 días de Respecto e Igualdade sendo o IES Laxeiro de Lalín o primeiro en acoller esta actividade. A iniciativa de facer estas presentacións nos centros de secundaria ven de detectar a necesidade de implantar unha mensaxe ao alumnado destas idades e poder concienciar sobre esta realidade.

Sing for the Climate

xoves, marzo 14, 2019

15M

Mañá, o noso alumnado estará de folga por unha causa que ben o merece. Axudemos a loitar contra o cambio climático:

martes, marzo 12, 2019

sábado, marzo 09, 2019

Nós tamén manifestar

 8 de marzo.

O ano pasado estabamos aí . Este ano, máis e mellor. Porque ás mulleres non nos van parar, seguimos na loita. Estas mozas decidiron facer as pancartas, decidiron manifestarse. Non as levamos da man, porque elas son libres e independentes. Estamos orgullosxs delas!












xoves, marzo 07, 2019

Tódalas mulleres que coñezo


Hoxe ás 11:00   proxectamos “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro. 


 Un documental que fala, a través da conversación de tres rapazas, de como elas perciben esta sociedade masculinizada, así coma o medo e a violencia que esta proxecta.


martes, marzo 05, 2019

luns, marzo 04, 2019

domingo, marzo 03, 2019

sábado, marzo 02, 2019

venres, marzo 01, 2019

Aprendemos a regueifar

O alumnado de 1º de ESO tivo durante dúas sesións (xoves 21 e xoves 27 de febreiro) un obradoiro de regueifas que os levou a saber un pouco máis sobre a difícil arte de poetizar e cantar.







Empoderamento positivo


27 de febreiro. Alumnado de ciclos e bacharelato asistiu á proxección do documental "Tecido resistente", no salón de actos Manuel Rivas do IES Laxeiro.
Marina Chiavegatto,  xornalista e directora do documental, presentou e respondeu  ás preguntas do alumnado sobre o proceso creativo da obra.
En "Tecido resistente" un grupo de mulleres, traballadoras da fábrica "Hilados y Tejidos de  Vilasantar" contan o que significou para as súas vidas a incorporación ao mundo do traballo asalariado. Sen ser de todo conscientes da revolución tranquila que estaban protagonizando, a mediados do século pasado, máis de 300 mulleres descubriron que un traballo e un salario significaban a súa independencia e a posibilidade de cambiar a economía e a organización social dunha comarca.