luns, maio 29, 2017

Videopoema (1)

Comezamos a publicar un novo traballo do noso alumnado que goza coa poesía e quere convertela en visual.
Desta volta é Alba Rodríguez Rois quen nos trae a súa versión do poema de Teresa Devesa "A palabra"

xoves, maio 25, 2017

Novos mediadores e mediadoras



O mércores 24 de maio o alumnado e profesorado que rematou a formación como mediador/a escolar recibiu o seu diploma e a correspondente acreditación.
Ademais, rematamos cunha dinámica de mediación, repasando os procedementos, visualizando outras mediacións feitas noutros centros e tamén cun vídeo final que recolle un pouco do feito ao longo deste curso.
Aínda que algún compañeiro/a non puido asistir, agradecemos a tod@s e especialmente a Tania (da Asemblea de Cooperación pola Paz) e a Noelia (formadora de Atalaia.Social) o seu bo facer a axuda durante todo o proceso.
Noraboa a os novos mediador@s.



Tamén temos vídeo!:

mércores, maio 24, 2017

Question tag dende o Laxeiro

Hai un tempo o IES Xelmírez 2 lanzounos un reto: unha "question tag" ao noso alumnado sobre Literatura e gustos literarios. Non hai moitos días contestamos a esas preguntas e somos nós agora quen reverte a situación para lles pedir que arestora contesten ás nosas.

mércores, maio 17, 2017

As Letras na Praza



 O martes 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas na Praza de Abastos, como vén sendo habitual. A praza foi decorada polo alumnado de Plástica con bechos e froitas que foron tirados dos textos de Carlos Casares, ademais houbo un mural explicativo na entrada da praza. O alumnado de 1º de ESO A realizou unha introdución ao acto que consistiu nunha breve reseña biográfica e bibliográfica sobre Casares, a través dun diálogo, e que se completou coa lectura de textos de Casares. O acto rematou coa actuación do cantatutor Xosé Constenla.












https://goo.gl/photos/zrkNU86o1Rq6uFVr5

Xogando coas Letras

Para este terceiro trimestre e para celebrar que Carlos Casares sexa a figura homanexeada nesta edición das Letras Galegas, propoñémosvos unha nova xincana para que vos acostumedes a procurar as solucións na rede e aprendades algunhas cousas que quizais non sabiades sobre as nosas Letras Galegas:

Powered by emaze

xoves, maio 11, 2017

Casares dende...

O IES Lagoa de Antela de Xinzo realizou este vídeo sobre a vida e a obra de Carlos Casares:





E aquí tedes unha páxina ben interesante sobre Casares: primavera das letras

Ademais, dende o IES Marco de Camballón propoñen xogar dende o móbil.

No IES San Paio elaboraron esta liña do tempo. Ademais, Casares en 25 diapositivas:



mércores, maio 10, 2017

Obradoiro de poesía (IV)

O último obradoiro de poesía deste curso correu a cargo de Yolanda Castaño, con quen construímos un poema colectivo, que ben chulo nos quedou!

A treboada é un mar que que me inunda de ideas
A treboada é o pesadelo do mundo real
A treboada é un ogro que me asusta, ese grito que non quero escoitar
A treboada é o meu día de descanso
A treboada é o zunido do mar no ceo
A treboada é esa canción que sempre poño en repeat,
a natureza laiando nos seus adentros
A treboada é ese amor que vén e marcha
Ese monstro que non quero que me atope
A treboada son os laios da terra,
o manto que non quero que me tape





Respostas á "question tag" de Moucha ceibe

 Dende a canle da biblioteca do IES Laxeiro de Lalín, contestamos á primeira question tag enviada dende o IES Xelmírez 2.
En breve, outro vídeo cunha nova tanda preguntas.


luns, maio 08, 2017

Tu libro, tu elenco

Campaña lanzada en maio de 2014 pola libraría Steimatzky cunha mensaxe da liberdade que supón poder imaxinar os personaxes como queiramos.







domingo, maio 07, 2017

Cortina de Casares

Comezamos a preparación da celebración da Semana das Letras, e non hai nada mellor que termos en formato XXL o seu retrato. Grazas ao Departamento de Plástica, especialmente a Elsa, por este traballo tan enormemente especial.  


sábado, maio 06, 2017

Un libro pode cambiar a historia da túa vida

Campaña para o fomento da lectura da editorial Penguin Books en 2011.

Unha campaña chegada desde Beijing, baixo o lema: "Un libro pode cambiar a historia da túa vida" (A book can change the story of your life)





venres, maio 05, 2017

Infografías inútiles

 Veño de ler este post en Papel en blanco  e pareceume que podía estar ben. Hai que tomar a vida con humor, ata os propósitos lectores!!!

Hace unos meses veíamos esta infografía en español, que está inspirada en un post de Darius Foroux, en la que se nos dan una serie de consejos sobre "Cómo leer 100 libros al año". Como quiera que alcanzar esa cifra tan redonda y suculenta no está al alcance de cualquiera (yo mismo, a pesar de que me considero un lector ávido, no llego a esa cifra si sólo cuento libros y no inlcuyo cómics), me dispuse a revisar esos consejos. Y la verdad es que, si bien algunos sí son útiles, es puramente un post más de clickbait, destinado a que piquemos para luego darnos cuatro datos insustanciales. Os explico por qué.

#1 Invierte en libros

Infografia Como 01
Que tengas un gran número de libros en casa no hace que leas más. Yo mismo tengo una biblioteca de aproximadamente 4.000 volúmenes, que cada año aumenta, y una gran cantidad de esos libros (¿un 30%, 40%, 50%? La verdad, no lo sé) aún está por leer. Porque, efectivamente, los aficionados a la lectura somos muchas veces compradores compulsivos, pero como me gusta decir, el hecho de comprar un libro no supone que compremos también el tiempo necesario para leerlo. Aparte de esto, hay muchas otras vías de tener un gran número de libros al abasto sin tener que comprar: bibliotecas, préstamos entre amigos, bookcrossing, clubs de lectura, etc. Y no será por lo que circula libremente por internet.

#2 Manténte leyendo

Infografia Como 02
Ésta es buena. Si bien el consejo de fondo es totalmente cierto (sólo leeremos más leyendo, y no hay vuelta de hoja), algunos de estos consejos a mí se me antojan ridículos. ¿Leer mientras comes? ¿En serio? A no ser que seas un monje benedictino y escuches a uno de tus hermanos mientras los demás coméis, no lo hagas. Comer significa comer, centrarse en ese acto, pasar un rato distendido, socializar con otras personas. Si nos dicen que comer mientras ves la televisión es malo, ¿por qué debería ser mejor leyendo? Éste es uno de esos consejos que suena a consejo de yuppie, y donde encaja esa título de "books. productivity" del autor original del post. No, definitivamente, no leas mientras comes. "Lee en los descansos del trabajo". Buf. Si tienes un trabajo de oficina, lo último que querrás a la hora de descansar es leer más. No, pardiez, los descansos son para relajar la vista, estirar las piernas, socializar. No para seguir leyendo. El resto de consejos sí que me parecen acertados. No obstante, el autor se deja, quizá por pudor o por parecer más serio, una situación en la que es habitual leer, aunque no suela reconocerse: al ir al excusado. Alberto Manguel, en su 'Historia de la lectura', cita a varios grandes autores que fueron defensores de la lectura en el water. ¿Por qué no? ¿Por qué condenarla al ostracismo cuando es tan productiva?

#3 Lee libros relevantes

Infografia Como 03
Este consejo, como el quinto, en realidad no tiene nada que ver con leer muchos libros o no. El autor busca de nuevo la productividad del lector, animando a éste a leer libros "sobre su profesión o afición", ignorando que, quizá, el hecho de probar ámbitos nuevos o salir de la zona de confort del lector puede hacer que éste descubra nuevos horizontes. Quizá por un viaje, el lector descubra que le gustan los libros de este tipo, o, que debido a un libro que cruza diversos géneros, se aficione al que no conocía. A mí el western nunca me gustó como género, pero una convalecencia en el hospital en la que me trajeron toda la serie de 'Blueberry' de Giraud hizo que lo descubriera y apreciara.

#5 Retén el conocimiento

Infografia Como 04
Otro consejo que no va ligado directamente al recuento de libros; de hecho, es inversamente proporcional: cuanto más tiempo se le dedique a un libro, más provecho se le sacará, pero obviamente, el tiempo invertido en su lectura se restará de otra.
Ya veis que esta infografía no me ha gustado nada, y a pesar de que es cierto que da algún que otro buen consejo, no deja de parecerme absurda y sensacionalista. ¿Qué opináis vosotros?

xoves, maio 04, 2017

Premios Luís Freire

O pasado día 29 de Abril, un equipo de 4º de ESO do IES Laxeiro formado polas alumnas Rosalía Díaz Cordido, Suevia Jácome Belay e Iria Lareu Coego , baixo a dirección do profesor Xusto Calvo Peña, defenderon na Domus de A Coruña as conclusións do seu traballo de investigación científica 
“Inflúe a alimentación das galiñas na túa tortilla?.

Participabamos con el na XVIII edición do concurso de Investigación científica na escola “Luis Freire” que de xeito ininterrumpido levan organizando os museos científicos coruñeses dende o ano 2000. Xunto ao noso participaron os centros “Poeta Uxío Novoneira” de Folgoso do Courel co traballo “Hai armiño e donicela no Courel?” finalmente gañadores do certame, e Obradoiro de A Coruña co tema “Son efectivos os ácidos contra o anisakis?”, 3ª premio.

Así pois quedamos segundos e o xurado valorou a calidade metodolóxica e a utilidade das nosas conclusións para outorgárnolo. Para contestar á nosa pregunta partimos de dous grupos de galiñas: un deles foi alimentado de xeito tradicional con verzas, millo, restos da comida da casa e o que obtiñan pola súa conta,  xa que estas galiñas estaban en réxime de semiliberdade e podían campear libremente durante 6 ou 8 horas diarias. O outro grupo pola contra non podía saír do galiñeiro e alimentouse exclusivamente con penso. Recollemos a produción de ovos durante 10 días, pesamos cada un deles e calculamos media e varianza cos datos extraídos. Coa produción dos últimos días realizamos unhas tortillas nas instalación do instituto e sometémolas a unha cata a cegas por parte do profesorado… 

Cales foron as nosas conclusións?:

-          Os ovos “a penso” foron de media máis grandes e máis homoxéneos entre eles que os “caseiros” nos que atopamos moita diferenza de tamaño
-          As tortillas realizadas cos ovos caseiros foron mellor valoradas no apartado de sabor, pero non en canto a “aspecto” e “textura”, moi igualadas meses parámetros cos “industriais”
-          Realmente a xente non diferencia claramente uns ovos de outros.

As nosas conclusións foron que ese maior tamaño e homoxeneidade nos ovos “a penso” explica a preferencia desta alimentación por parte da industria. As diferencias de tamaño dos ovos caseiros pode explicarse polo carácter xerárquico das galiñas, decisivo cando entran en competencia por unha fonte de alimentación discontinua que non se manifestaría na mesma medida cando teñen a libre disposición alimento en forma de penso . Tamén que a alimentación natural redunda nun mellor sabor dos ovos aínda que a xente non discrimine claramente a súa orixe.


O premio á nosa investigación foi un ipad a cada un dos participantes e a entrada libre aos tres museos científicos durante a xornada, tanto para nós como para os acompañantes xa que as familias das alumnas quixeron estar con elas nese día. Non era para menos xa que os dous grupos de galiñas suxeitos da nosa investigación eran as das avoas de Suevia e Iria.






mércores, maio 03, 2017

4º ESO VISITA OS CICLOS MEDIOS DO CENTRO

O 2 de maio o alumnado de 4º ESO B e C acompañado dos titores e orientadora, visitou os obradoiros e aulas dos tres ciclos medios que imparte o centro: xestión administrativa, electricidade e electromecánica de vehículos.
Ademais de ver as instalacións, os proxectos nos que está a traballar o alumnado… recibiron información sobre os módulos profesionais, saídas laborais, inserción laboral…

Agradecemos aos profesores Rafa, Silva e Suso a súa colaboración.





martes, maio 02, 2017

Bullying

Hoxe, 2 de maio, celébrase o día mundial da loita contra o #bułlying ou #acoso escolar.
Traballo dos alumnos e alumnas de "Debuxo en movemento" 1º de BACH IES AS BARXAS


 
B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

luns, maio 01, 2017

Telexornal Carlos Casares

Un ano máis, dende o CPI dos Dices de Rois, chéganos un estupendísimo traballo: o Telexornal sobre Carlos Casares