mércores, febreiro 28, 2018

Mulleres en acción #violenciazero

 Este martes 27 de febreiro co alumndo de 2º de ESO participamos nunha acción colectiva cos outros centros de ensino de Lalín: pompas pola non violencia contra a muller, pompas pola igualdade.












martes, febreiro 27, 2018

Con Iria Misa


Marcos Quintana Cuñarro de 4-B aporta a súa reflexión sobre a visita de Iria Misa despois da lectura de Xa non estou aquí.


Este luns os meus compañeiros e mais eu recibimos no IES Laxeiro a visita da escritora Iria Misa; autora do libro “Xa non estou aquí”.

Estivemos falando sobre o libro, e tamén en que se basou a escritora para escribilo.Temos que destacar, segundo nos contou a escritora, que ó libro está contado sobre sucesos que pasan na realidade, cando ocorre unha desaparición; ese “bombardeo dos medios de comunicación, para aproveitarse da situación”, ou “cando estás desaparecid@ métense na túa vida privada, e din datos sen relevancia”, afirmaba a escritora. No trancurso da reunión, fixemos outra actividade que nos propuxo Iria: repartiu unhas imaxes con persoas desaparecidas, e tiñamos que comentalas e dicir unha posible causa da súa desaparición. Con esta actividade, xurdiron diversas ideas sobre as posibles maneiras da desaparición dunha persoa, e intercambiamos opinións.

En síntese, foi unha actividade e reunión moi entretida, onde saíron ideas do libro baseadas na realidade, que descoñecíamos, pero que pasan. Agradecerlle a Iria Misa o esforzo que fixo por vir e dedicarnos un pouco do seu tempo a pasalo con nós.




Curtas pola Igualdade III


Querido papá, vanme chamar puta.



Este vídeo amosa como os micromachismos que toleramos cada día son o xermolo de problemas tan graves como a violencia de xénero. 
Serve para reflexionar sobre todas aquelas cousas que non debemos deixar pasar na loita contra o sexismo.


luns, febreiro 26, 2018

Curtas pola Igualdade II

A bout de la rue. 

Esta curta reflicte o medo que experimentan moitas mulleres á hora de volver á casa pola noite. O acoso na rúa é o tipo de acoso sexual máis habitual.



 

xoves, febreiro 22, 2018

Día de Rosalía de Castro 2018 #AbrideAFiestra

No IES Laxeiro abrimos as fiestras a  ROSALÍA, porque "Ela é o refacho que abre as nosas fiestras"





 E fixemos este "roll up" a partir do traballo do alumnado de Plástica con punteado:

sábado, febreiro 17, 2018

DÍA DE ROSALIA 2018



Dende a AELG:

Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

#AbrideAFiestra

xoves, febreiro 15, 2018

Correspondentes xuvenís 3.0, antena informativa do IES Laxeiro

Xa está na web a información que vos debiamos dende principio de curso e que nunca conseguimos darvos porque sempre andamos mal de tempo.




A maioría do alumnado de 3º ESO – A exerce este curso de “Correspondentes Xuvenís”. Manteñen un blogue para informar a toda acomunidade educativa, pero sobre todo a compañeiros e compañeiras de canto se lles envía dende a OMIX do noso concello e dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado sobre bolsas, programas europeos, concursos...
Asemade, no corredor que vai cara á Cafetería do noso centro, hai dous taboleiros que tamén informan e que se revisan periodicamente.

O blogue que podedes consultar é este:

domingo, febreiro 11, 2018

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia




Trátase de "descubrir ao público todas as grandes científicas que aínda non coñecemos e acabar cos estereotipos dunha ciencia principalmente masculina".





Aquí tedes máis información:

Mujeres con Ciencia, 2018, 2017

Tribuna Feminista

sábado, febreiro 10, 2018

Desfiando a roupa


O venres 9 de febreiro realizamos este obradoiro co alumnado de 4º de ESO, un obradoiro a cargo da Asemblea de Cooperación pola Paz.








Obradoiro de regueifas



O venres 9 de febreiro excelente este obradoiro que tivo a ben o noso Concello agasallarnos no centro. Unha lección de poesía e música tradicional que non chegou a nada e que desexamos repetir.



Ler é sexy

venres, febreiro 09, 2018

Tempo para ler no Antroido


«O tempo para ler, así coma e tempo para amar, aumenta o tempo para vivir.»
Daniel Pennac


Arch Apolar