Un anuncio de Nadal contra o acoso escolar:
Amosando publicacións coa etiqueta Non ao acoso escolar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Non ao acoso escolar b>. Amosar todas as publicacións
martes, decembro 11, 2018
venres, febreiro 02, 2018
martes, maio 02, 2017
Bullying
Hoxe, 2 de maio, celébrase o día mundial da loita contra o #bułlying ou #acoso escolar.
Traballo dos alumnos e alumnas de "Debuxo en movemento" 1º de BACH IES AS BARXAS
B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Traballo dos alumnos e alumnas de "Debuxo en movemento" 1º de BACH IES AS BARXAS
B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
luns, marzo 13, 2017
domingo, febreiro 19, 2017
ACOSO ESCOLAR E USO RESPONSABLE DAS REDES SOCIAIS
Dentro das charlas temáticas do Plan Director
para a Convivencia Escolar, o luns 13 estivo con nós o sarxento da Garda
Civil da Estrada D. Luis López Dapena.
O alumnado de fpBásica e 2º ESO recibiu
información sobre que é o acoso escolar, os seus tipos, as persoas que
participan e tamén consellos sobre onde acudir, como actuar se es vítima de
acoso, agresor/a ou espectador/a.
O centro conta cun plan de convivencia que pon
en marcha actividades que fomenten a resolución pacífica de conflitos e a
cohesión grupal, e esperamos pór a funcionar en breve o equipo de mediación.
Deixámosvos unhas imaxes e recordámosvos o
teléfono da Garda Civil para denunciar o acoso:
900 018 018
xoves, xaneiro 26, 2017
Agir contre le harcèlement à l'École
Vídeos que forman parte dun programa que se desenvolve en Francia contra o bullying.
Parecéronme moi bos, e poderedes velos aquí.
Déixovos dous:
Parecéronme moi bos, e poderedes velos aquí.
Déixovos dous:
mércores, xaneiro 25, 2017
luns, xaneiro 23, 2017
Daisy Chain
Marabilloso vídeo contra o bullying e unha páxina que paga a pena. Ten unha pega: a lingua. Pero como sodes moi listiñ@s seguro que non tedes problema de lectura!!!
Varias veces temos falado deste gravísimo problema.
Varias veces temos falado deste gravísimo problema.
Buttercup Bree era unha nena pequena particularmente amable,
o que máis lle gustaba neste mundo
era coller, desfollar, xirar e darlle voltas ás flores que recollía no seu camiño e coas que facía guirnaldas.
Levounas ao patio, onde esperaba compartilas cos rapeces.
Mais o patio levaba anos baleiro sen lugar para os seus "hurras e vivas".
Onde estes nenos saltaban e se columpiaban, un tobogán facía acenos e os bambáns só colgana.
Buttercup mirou acar aquí e acolá, quizais as guirnaldas de margaridas trouxeron algo de vida.
Puxo unhas cantas no tobogán, e só con iso xa parecía sorrir.
Mais ollos ciumentos andaban preto, abusóns con plan ruín.
As abusonas rodárona nun círculo e odio e xuntáronse cun escuro plan.
Colleron as guirnaldas, desfíxeronas, e botaron a Buttercup ao chan; tiráronlle unha foto, riron con rexouba e colgárona da árbore máis achegada.
As abusonas seguiron o seu camiño deixando consternada á pobre Buttercup.
Mais uns ollos amables pousaron nela. Un rapaz pequeno, Benjamín. Rompeu as súas cadeas ata certo punto, defendouna e liberouna.
"Non chores, ti es forte. Non é culpa súa, é que non saben máis, ninguén lles ensinou. Nós somos diferentes, especiais, ti e mais eu, o mundo parece estar contra nosa"
Un rapaz pequeno con grandes ideas viñera para axudala a aplastar os seus medos.
Benjamín sostivo un dente de león e compartiuno co ceo.
Non está soa, así que non teñas medo. Un problema á metade é un problema compartido.
Buttercup recolleu as súas margaridas e á fronte veu a súa fotografía. Estaban esparexidas ata onde lles chegaba a vista, colgadas en cada unha das árbores.
Buttercup e Benjamín adentráronse no bosque e recolleron todas as fotos posibles.
Ao día seguinte Buttercup tivo unha gran idea, compartir amor co patio que estaba sumido no terror.
Ensináronlle ás abusonas o poder de compartir e axudaríalles a ver o mundo coma novo.
No patio, Cuttercup coseu e encordou, as súas guirnaldas de margaridas arranxarían a diversión.
Arranxou o carrusel, os bambáns e as barras de ximnasia. As súas flores crearon un lugar de ensoño.
Aínda así, as abusonas rodéarona no seu círculo de desgracia. Non lles gustabam as súas parvadas.
Mais cando extendían os seus brazos cara a ela, Buttercup cravou a mirada nelas: "non sigades aos que rompen as regras, só formads unha cadea de idiotas. Compartir non debe doer, debe axudar".
Agardaron un momento e miraron en derredor e así viron como Buttercup arranxara o patio.
Hai sitio para todos, así que medrade, xogade e deixade as queixas. Teño máis margaridas para entrelazar, ensinareivos e así creredes.
Apreta unha, empurra outra, xúntaas e dúas converteranse nunha soa.
As abusonas sentiron o aguillón da vergoña e preguntaron se se podían unir ao xogo.
Guirnaldas de margaridas para todos as viran, compartindo o amor de Buttercup Bree.
E a quen Buttercup máis esperaba, o amigo que parara a dor. Apareceu Benjamín. Tocou a súa cara.
"Mira como cambiaches este lugar"
domingo, xaneiro 22, 2017
Pantallas amigas no Laxeiro (III)
Prevención de violencia de xénero
no contexto dixital
A psicóloga Arrate Emaldi de Pantallas Amigas traballou este martes 17
de xaneiro co alumnado de 1º ESO, na concienciación e prevención da violencia
de xénero dentro das redes sociais.
PantallasAmigas é unha
iniciativa que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas
tecnoloxías e o fomento da cidadanía
dixital responsable na infancia e adolescencia. A charla tamén foi impartida
noutros centros grazas á colaboración da oficina de Igualdade do concello de
Lalín.
Podedes ter información complementaria consultando http://www.pantallasamigas.net/
venres, xaneiro 20, 2017
Procuránse valientes
Baseándose no método KIVA finlandés contra o bullyin que pon o acento nas persoas que están a carón do acosador ou do acosado, chega este rap de "El Langui"
mércores, novembro 02, 2016
Rock, Paper, Scissors
Grazas a Kiko da Silva descubro este vídeo, quizais o mellor que teñamos visto contra o bullying. As súas palabras: "Este video simbólico sobre el bullying resume perfectamemte tanto el
problema, como la solución para que no suceda. Y además lo han hecho muy
bien con un diaeño de personajes simpático y un acabado muy
profesional".
luns, outubro 31, 2016
venres, xaneiro 29, 2016
Pantallas amigas no Laxeiro (II)
Por segundo ano consecutivo, o Plan Proxecta trae ao noso centro o labor fundamental de "Pantallas amigas", desta volta para alumnado de 1º de ESO e Ciclos. Foi o día 20 de xaneiro cando o noso alumnado aprendeu a valorar o que se colga nas redes sociais, control na parella, acoso nas redes...
xoves, febreiro 05, 2015
Pantallas amigas no Laxeiro
Onte estivo connosco Miren, de Pantallas Amigas, para falarnos de "Violencia de xénero e novos contextos dixitais". Pola mañá, estivo con todos os cursos da ESO e ás 20,00 dirixiuse a todo o público adulto que quixo participar. Resultou unha charla moi interesante, xa que nos falou de control na parella, de acoso nas redes, de como podemos perder fotografías privadas sen darnos conta...
Comezamos a sesión falando de que parte do alumnado utiliza as redes sociais (case todas e todos, polo que puidemos observar) para falar logo do control polo Watsapp e a síndrome do dobre check:
Falounos de Sextorsión:
De Grooming:
De Ciberbullying:
E debatemos arredor do que lle pasou a Amanda Todd:
Polo que Miren insitiu moito na privacidade, hai que saber utilizar as redes e non facer público aquilo queconsideramos que é persoal, que non todo o mundo pode ver, aquilo que pode ser susceptible de ser mal utilizado:
E deunos un decálogo de actuación.
Na prensa local recollen esta actividade:
xoves, decembro 11, 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)