Este documental é o resultado do obradoiro da curta documental realizado polas ONGs AGARESO e ACPP dentro do proxecto "Escolas sen racismo", elaborado polo alumnado de 1º de Bacharelato de Literatura Universal sobre os coidados, enmarcado dentro do Club de Letras.
xoves, xuño 24, 2021
Vestíbulo da Igualdade LGTBI
O noso vestíbulo de igualdade non só ten libros, e vai collendo xa forma grazas ao alumnado de Plástica de 2º de Bacharelato:
mércores, xuño 23, 2021
martes, xuño 22, 2021
luns, xuño 21, 2021
domingo, xuño 20, 2021
sábado, xuño 19, 2021
venres, xuño 18, 2021
xoves, xuño 17, 2021
martes, xuño 15, 2021
Filósofos adolescentes
luns, xuño 14, 2021
luns, xuño 07, 2021
Recuncho da muller invisible: Nina Simone
venres, xuño 04, 2021
xoves, xuño 03, 2021
Loco festival (Con ACNUR)
Nos recreos desta semana celebramos o "loco festival" con grande éxito de participación de alumnado e proforado.
mércores, xuño 02, 2021
Mans que coidan: entrega de premios
Hoxe, 2 de xuño, entregamos os premios do concurso "Mans que coidan". A verdade que foi un pracer formar parte do xurado e repasar o cariño con que foron feitas case todas as fotos entregadas ao concurso.
As fotos do momento:
martes, xuño 01, 2021
Táboa periódica en clave de muller
O curso pasado fixeramos unha táboa periódica para o Día da Ciencia. Pero quedara unha cara sen cubrir: a das mulleres científicas. Foi un proxecto que se levou a cabo durante todo o curso pasado e parte deste. Con todas elas fixemos unha exposición.
A táboa era así:
E agora completámola coa descuberta de moitas mulleres científicas galegas, sobre todo, e españolas:
Que complementan a exposición de mulleres científicas en outro corredor:
https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2021/02/dia-da-muller-na-ciencia-iii.html
luns, maio 31, 2021
Clases sen fume 1º A : Acende as cores da vida
O grupo de 1º de ESO A está preseleccionados para os premios do concurso Clases sen fume.
domingo, maio 30, 2021
Con ACNUR
Dende 1950 ACNUR, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, traballa para asistir e protexer as persoas refuxiadas e desprazadas. Durante todo este tempo leva actuado en centenares de misións para proporcionarlles sanidade, educación, medios de vida e solucións duradeiras ás persoas desarraigadas. Este sensato labor tense considerado a miúdo unha cousa de tolos.
O
Comité español de ACNUR tenta que os programas de axuda humanitaria sexan
sustentables, canalizando a solidariedade de milleiros de persoas socias e
colaboradoras. Son as tolas e tolos de ACNUR, persoas que loitan cada día para
demostraren que o mundo pode ser un lugar mellor.
No
IES Laxeiro sumámonos a “Loco Festival”
para axudar á difusión de valores solidarios e visibilizar esta situación de
excepción das persoas desprazadas e refuxiadas. Para iso, marcámonos o
obxectivo de sensibilizar ao noso estudantado e aprenderlles que axudar a quen
o precisa é algo sensato. Se cadra así, algún día, optar pola solidariedade
fronte á indiferencia sexa o normal e non unha cousa de tolo/as.
O Loco Festival é un proxecto de educación que favorece o desenvolvemento dos valores éticos necesarios para a convivencia democrática: equidade entre as persoas, compromiso social, diálogo, cooperación …
Nesta edición participan:
2º ESO B “ESCAPE
ROOM”
3º ESO B “PETO
SOLIDARIO”, PASAPALABRA TEMÁTICO EN GALEGO E PHOTOCALL
4º ESO A:
VIDEOCREACIÓN
4º ESO B
: PASALABRA TEMÁTICO EN INGLÉS “The doughnut game”
EXPOSICIÓN
MARCAPÁXINAS “ MOZO/AS INSPIRADORES/AS”
LUGAR E DATA DO EVENTO
IES
LAXEIRO no patío exterior, vestíbulo da igualdade, aula de 2º B e salón
de actos.
Data: 1,2,3 E 4 XUÑO nos recreos entre 11:00 12:30 (DEPENDENDO DOS DÍAS E DOS GRUPOS HAI VARIAS TANDAS DE RECREOS QUE NON SE SOLAPAN)