luns, febreiro 29, 2016

Querote+

O mércores 24 de febreiro, estivo con nós Laura López do Querote+ de Ourense para traballar co alumnado de 3º ESO o obradoiro “Convivencia, o valor da diversidade” . AO longo de toda a mañá os 3 cursos aprenderon rudimentos de resolución de conflitos, empatía, expresión de emocións….












domingo, febreiro 28, 2016

Teatro fórum

1º ESO participou na xornada do xoves 25 de febreiro no teatro fórum “Interculturalidade e prevención de conflitos”. Estivemos con Paula, Dani e Paula da Asemblea de Cooperacion pola Paz, diferenciando e identificando estereotipos, crenzas, opinións, prexuízos… e como valorar a diversidade e interculturalidade como riqueza para todos. Así que aínda que sexamos diferentes en canto á procedencia, etnia, relixión, ideas políticas, circunstancias vitais..., somos iguais en dereitos e deberes, e podemos vivir en harmonía e con respecto. 











sábado, febreiro 27, 2016

Poemas rosaliás escollidos

 Vía Alma de tinta, chegamos a:
O ano pasado o Concello de Teo celebrou o Día de Rosalía difundindo en Internet unha escolla de poemas da autora ilustrados por Ana Costas.
E dende o CPI de San SAdurniño chegan estoutros:


venres, febreiro 26, 2016

Pintamos moito en Vigo

Este luns o alumnado de Plástica tanto o de 4º de ESO como o de 1º de Bacharelato foron a Vigo a coñecer a fundación Laxeiro e de paso acudiron á fundación Penzol, onde quedaron abraiados con tanto documento, libros e arte que alí hai, defendendo a cultura galega.





















mércores, febreiro 24, 2016

As caras de Rosalía

Unha vez máis, desde o IES San Paio, imparable e toda unha referencia, chéganos esta presentación tan acaída para o día de hoxe, día de Rosalía, Rosalía nas artes plásticas:


O IES Laxeiro #mobilizarosalía

Convidounos o Concello a participar canda eles nunha homenaxe a Rosalía e non nos fixemos de rogar. O noso club de lectura de poesía participou lendo pomeas tanto da autora como doutr@s poetas que lle adicaron a ela poemas de seu. Resistimos baixo a choiva ante o monolito que está no parque de Loriga.