Rosa, terapeuta ocupacional do Centro e Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia machista de Compostela, achegouse ao IES Laxeiro para falar co alumnado de 4º de ESO das toxicidades que se xeran nas xeracións de parella. Foi unha charla interactiva na que a relatora foi indagando nas opinións do alumnado en relación ao que consideran amor, namorarse, querer... para así chegar a saber o que en realidade debería ser unha relación saudable.
martes, decembro 20, 2022
venres, decembro 16, 2022
Mes da ciencia en galego, o resumo
Vídeo que resume un mes da ciencia galega e en galego no noso centro:
luns, decembro 12, 2022
domingo, decembro 04, 2022
Con Pantallas Amigas
O pasado 1 de decembro, Maider, de Pantallas Amigas, veu ata o IES Laxeiro para adentrar o alumnado de 1º de ESO na reflexión e análise da existencia de violencias machistas nas nosas realidades. Como identificar unha relación tóxica e desigualitaria, así como o retrato de diversas situacións machistas no noso día a día, foron o leimotiv dunha xornada esclarecedora que, coidamos, lle servirá ao alumnado para crear conciencia e continuar por ese camiño da non violencia.
Unha actividade encadrada dentro do Plan Proxecta “por 365 días de respecto e igualdade”.
xoves, decembro 01, 2022
Entrega de premios concurso Luís Gustavo
Volvemos a estar co noso Luís. Vaia, el está sempre connosco, témolo nos nosos pensamentos e segue aquí, ese espírito bondadoso que nos asolaga dende que entramos no vestíbulo e ollamos a súa caricatura. Pero onte foi un día especial, porque veu a súa familia, porque Lucía volveu a nos acompañar dende que deixara os pupitres do centro e marchase a seguir o seu brillante futuro, guiado pola súa particular estrela. E foi asemade especial porque entregamos con alegría premios no seu nome, un nome dende xa vinculado á ciencia no noso centro.
A terceira edición estaba dedicada á eficiencia e ao aforro enerxético.
Os/as premiados/as foron:
Algunhas instantáneas do momento:
xoves, novembro 24, 2022
O noso 25 N (VII)
Este 25 N apostamos asemade polo respecto á diversidade, pola ledicia da cor e pola variedade. O noso alumnado dirixido polo profesorado de música realizou unha versión de "Panos corados" das Tanxugueiras, xunto cunha coreografía que acompaña:
O noso 25 N (V)
Performance realizada polas alumnado de 1º de Bacharelato de Literatura Universal do IES Laxeiro, sobre a canción de Aitana "Ni una más" co gallo da conmemoración do Día pola eliminación da violencia de xénero, o 25 de novembro do 2022
mércores, novembro 23, 2022
O noso 25 N (IV)
Performance realizada polo alumnado de 2º da ESO da materia de Igualdade do IES Laxeiro, sobre o poema de Catarine Hancock, "this is how they kill us": Así nos matan.
O noso 25 N (III)
Teatro de sombras que amosa unha relación tóxica ideado e realizado polo alumnado que forma parte do club de lectura de igualdade de 4º de ESO do IES Laxeiro.
O noso 25 N (II)
:
O noso 25 N
Comezamos coa conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero.
O alumando de 2º PMAR e 3º DIVER realizaron este cartel xunto ás súas profas Edita e Cristina:
Este é o vinilo que colocaremos na cristaleira do edificio B:
Foto realizada polo alumnado do Ciclo de Acondicionamento Físico:
martes, novembro 15, 2022
Lo de aquella noche
Outra curta para traballar nas titorías:
Este vídeo tedes que velo en Youtube porque está restrinxido para maiores de 12 anos.
Unha de cada catro mulleres sofre agresións sexuais por parte das súas parellas. Pero este tipo de violencia sexual segue a estar baixo a superficie.
CUESTIÓNS PARA REFLEXIONAR NA AULA:
- Empeoran as redes sociais a comunicación entre a parella? OLLO Á NON XUSTIFICACIÓN
- Credes que é necesario verbalizar os nosos pensamentos para que non haxa malentendidos? É dicir, interpretamos roles de conduta aínda que non nos representen?
- O protagonista autoconvéncese de que ela non é sincera precisamente pola falta de confianza. É a versión celosa do individuo o que o leva ao seu comportamento. Por que?
ReMoved
Imos traballar nas titorías esta curta:
Escollemos esta curta feita en 2013 por Matanick, Nathanel como director e a súa esposa Cristina como guionista. Tiveron previamente a experiencia de ser familia de acollida de menores en situación de desamparo e quixeron compartila co ánimo de facer visible esta figura nesta película, que é a sua ópera prima.
1) A continuación imos contestar a unha seria de sinxelas cuestións:
- É unha curta pois…
Dura máis de 10’ Dura menos de 1 hora Saen menos de 200 persoas
- As siglas VOSE significan:
Versión Orixinal con subtítulos en español
Versión Orixinal con subtítulos en inglés
- Que é unha ópera prima?
A que se fai entre familiares, non necesariamente primos.
A que é a primeira que fai un director, un artista, ou un creador.
- A continuación vai unha relación clásica de xéneros cinematográficos, escolle aquel(es) nos que poderiamos encadrar esta curta:
Biográfico
Histórico
Musical
Comedia
Infantil
Do oeste americano-Western
Aventura/acción
Bélico
Ciencia ficción
Drama
Suspense
Terror-horror
Para >idade
Que outros adxectivos cres que corresponden con ela
Cine social
Familiar
Violencia de xénero
Acollemento familiar
Adopción
Relato en primeira persoa
Asistencia social
Protección á infancia.
Muller
Exclusión social
Abandono familiar
Violencia familiar
Autobiografía
- Lembras que nome ten a protagonista?:
Zoe Su Susana
- O director non só segue a protagonista, senón que para axudar a contar a historia con veracidade, tamén lle dá :
Voz Luz Oportunidade
2) Deixamos a parte técnica da obra cinematográfica, e concentrámonos nos conflitos que aborda esta curta:
- Cal cres que é a temática principal?
Violencia de xénero
Violencia familiar
Violencia contra os menores
Os menores na violencia de xénero
Familias acolledoras
- Como definirías o estado inicial da protagonista?
Deprimida pola situación
Enfadada co mundo
Adaptada ao “ambiente” familiar
Rexeita os adultos
Non entende a súa nai
Mantén a normalidade co irmán
Asume roles de nai
Illada
Rabia-cambios repentinos de humor
- Cando hai unha situación de abandono/desamparo de menores poden aplicarse varias medidas
Centros de acollida inmediata
Centros de acollida permanente
Acollemento familiar
Acollemento familiar preadoptivo
- A violencia de xénero provoca nestes nenos e nenas unha diminución da autoestima, unha repetición de roles (pasivos ou agresivos) ou unha desconfianza cara ao mundo dxs adultxs , e poden verse nalgunhas das seguintes situacións:
Insensibilidade ante as emocións ou bloquean os pensamentos.
Desconectan do ruído e o caos, aprenden a non oílo.
Crer que son algunha outra persoa a través de concentrarse moito.
Beben alcol e/ou usan drogas.
Planean a vinganza do seu agresor, fantasean con matalo.
Fantasean cunha vida máis feliz, vivindo con outra familia.
Fantasean sobre como será a súa vida despois do divorcio ou cando acaben as agresións.
Fantasean con ter un accidente.
Desexan ser rescatados por un súperheroe, a policía ou un príncipe.
Irse a outro cuarto, abandonar a casa durante unha agresión.
Buscan escusas para non ir a casa. Foxen dela.
Relaciónanse con ‘malas influencias’.
Teñen relacións sexuais para atopar intimidade e proximidade.
Quedan embarazadas na adolescencia para ter a alguén que as queira.
Protexen os irmáns e as irmás do perigo.
Coidan aos bebés coma se fosen os seus pais ou nais collendo un rol paterno ou materno.
Coidan da súa nai.
Contan o que pasa a alguén da escola, a un veciño/a, a algunha amiga ou amigo da nai,etc.
Chaman á policía.
Falan cos irmáns, amigos ou algunha persoa adulta que sexa significativa.
Fan actos temerarios ou teñen intentos de suicidio.
Autománcanse.
Explosións de ira, son agresivos ou agresivas con outras persoas, métense en pelexas.
Fan deporte, saen a correr, teñen moita actividade física, etc.
Escriben, debuxan, fan poesía, teatro ou outras actividades creativas.
Mostran excelentes resultados académicos.
Cren ‘mamá foi mala’ ou ‘eu fun malo/a’ ou ben ‘papá está tenso do traballo’.
Pensan ‘eu podo parar a violencia se cambio a miña forma de comportarme’ ou ‘podo saber cando pasará a próxima agresión’.
Tentan ser a nena ou neno perfecto.
Menten para tapar algunha cousa mala (por exemplo, malas notas no colexio) para evitar críticas, agresións ou situacións de tensións na familia
3) Imos revisar algúns datos do estado español:
- Dende 2003 cantas mulleres vítimas mortais por violencia de xénero das súas parellas ou exparellas houbo ata agora?
170 340 850 1071
- Que porcentaxe dos menores estivo exposto de forma repetida a situacións de violencia de xénero contra a súa nai?
1 % 10 % 20 % 30 %
- Dende o 2013, ano no que empezaron a contarse os casos de menores mortos por violencia de xénero contra a súa nai, cantas cres que houbo?
8 15 20 37
xoves, novembro 10, 2022
Premios, premios, premios
Demos os premios para as persoas que interviron na dramatización dos relatos de medo. Parabéns a todas e a todos!!!
luns, novembro 07, 2022
domingo, novembro 06, 2022
Libros falangueiros (I)
Comezamos unha nova sección de recomendacións literarias. Non é un booktuber, aínda que se lle asemella. Trátase da presentación na aula do libro e a súa recomendación.
Laura Regadío, de 1º de bacharelato B, recomenda "A cea" de Herman Koch, libro publicado pola editorial Galaxia. E faino así de ben!:
Este é o guión que preparou:
Escena: facer como
que estou a cear, con lanterna apuntando
Un
feito cotiá, isto de sentar nunha mesa, xa cando o sol vai dicindo adeus e os
bramidos das nosas barrigas comezan a sinalar a presente fame. A cea é un acto
rutineiro, que repetimos día si e día tamén, debido ás nosas necesidades fisiolóxicas.
Pero coma sempre, o homo sapiens necesita exaltar a súa gran capacidade de
relación, facendo desta comida do día un acto social e íntimo. Por elo
afrontamos o sentar ante unha mesa como algo piadoso, aínda que a última cea
nos demostrara o contrario. E que malia rodeado de apóstolos bondadosos, os
pecados da traizón e do medo poden facer acto de presencia cun prato diante. Herman Koch é coñecedor disto e tómao como
inspiración para estruturar e por escenario a unha reflexión totalmente allea o
concepto. Bos Días, eu son Laura Regadío
e hoxe conversarei sobre esta novela, un tanto provocadora, que trata en
primeira persoa o tema da conciencia ou mellor dito, o asunto da conciencia.
Herman
Koch é recoñecido coma un dos escritores máis relevantes nados na Holando dos
anos oitenta. Pero tamén podémolo ver destacar no ámbito da cinematografía e as
columnas xornalísticas. A nivel literario, publica en 1985 a súa colección de
relatos De Voorbihganger, sendo esta a súa primeira obra. Percorrerá o
seu traxecto ata 2009, cando será coroado como escritor coa novela presente, que
foi recoñecida como o mellor libro dese
ano na rexión neerlandesa.
Estes
eloxios responden ante unha trama que nace dunha noticia que nos chega de
preto. En 2005, tres mozos de familias adiñeiradas, un deles menor de idade,
deciden saír de festa. Polo de agora todo normal, que persoa de menos de 25
anos non desfruta dun pouco de esmorga! Todo cambia cando, tras unha copas e
moitas risas, de paseo polo barrio de Sant Gervasi, estes homes se decatan da
presenza dunha figura nun dos caixeiros da zona. Esta correspondíase co corpo
de Rosario Endrinal, una muller que gozara dunha estabilidade económica no
pasado, mais na actualidade se atopaba durmindo na rúa. Os rapaces deciden
mofarse dela, tirándolle todo tipos de obxectos, antes de pulverizala cun bidón
de disolvente, e posteriormente, queimala viva ao lanzar un cigarro. Esta tiña
50 anos cando ocorreu. A historia da súa
morte faise oco na prensa do momento, afectando na conciencia da opinión
público, gracias as cámaras de vixilancia do caixeiro que captaron esta
barbarie.
Esta
historia, que mesmo semella da propia ficción, chega a Herman Koch durante unha
cea coa familia española da súa muller. Aquí é cando pon os cimentos da súa
novela, tanto a nivel estrutural, dividindo o libro en aperitivo, primeiro e
segundo prato, sobremesa, cafés e licores e propina; e argumental.
Herman
Koch reúne Na Cea a dous matrimonios en torno a mesa dun refinado restarante. A historia é contada dende o punto
de vista de Paul Lohman, un exprofesor cunha
visión particular do mundo; e que non soporta o seu irmán, un político de éxito
presente tamén na reunión. Ambos teñen un
asunto importante que tratar: a felicidade futura, a de todos; unha felicidade
que, certamente, non necesita testemuñas e que está a pendurar dos seus fillos.
O
que comeza sendo unha presentación aceda duns burgueses adiñeirados ceando nun
restaurante de luxo convértese, segundo avanzan os pratos, nun retrato moi
escuro da moral e os valores destes cidadáns correntes postos ante unha
situación excepcional: os seus fillos cometeron un crime execrable, un crime
que, por outra banda e segundo sinala unha das súas nais: frase 1
O desenvolvemento dos acontecementos
permitiranos comprobar ata onde están dispostos a chegar uns e outros polo que
consideran o ben dos seus fillos.
Paréceme
moi interesante analizar a figura do narrador, é dicir, Paul: un personaxe
crítico, que se nos presenta bastante humorístico e achegado cando o comezamos
a coñecer. Isto débese a súa posición moral nos diferentes temas que saen a
relucir durante a cea. A invalidación da muller apelando sempre as súas fases
fértiles, como a menopausa, a hipocrisía política, o absurdo da superioridade
do refinado ou a adopción como algo totalmente desprazado da empatía polo
próximo, simplemente unha forma de gratificación propia, de falsa xenerosidade,
que nutre a boa figura do político
neerlandés.
Pero esta proximidade, esfúmase cando coñecemos cousas del
que nos levan a reformularnos todo aquilo que íamos dando por bo, fiándonos da
súa narración. Herman Koch explota este recurso narrativo con brillantez. Paul,
o seu protagonista, xa non é alguén co que resulte fácil identificarse, pero
iso só faille máis interesante. Para exemplificar isto, vou recorrer a un
parágrafo do libro.frase.2
Neste mundo viven os protagonistas desta novela, un mundo no
que todo rastro de inocencia parece desterrado e no que o máis tolo pode acabar
sendo o que aínda cre que hai uns valores de conduta máis aló do oportunismo do
momento. Estamos, ante todo, ante unha novela que relata a sociedade actual
occidental, pero tamén critica o modelo de crianza desta, composto polo
adoutrinamento pasivo e protección insostible paternal.
No fin de contas, A cea de Herman Kovh é unha novela
brillante, que se lee dunha pasada pola súa magnifica proposta narrativa,
sustentada nun protagonista que é unha caixa de sorpresas e na entidade
dramática do tema central. Canto máis tola vólvese a súa trama, máis lucido
resulta a súa formulación. O mellorable, sen dúbida, a sobremesa, que a máis
dun pódeselle atragoar…
xoves, novembro 03, 2022
Somos Booktuber (52)
xoves, outubro 27, 2022
Concurso de cabazas
En 1º e 2º da ESO realizamos un concurso de cabazas. Difícil vai ser asignar un gañador ou gañadora!!!
A Santa Compaña
A compañía de ánimas aparece naquelas noites en que vai morrer unha persoa. Desprázase polos camiños da parroquia ata a casa da persoa moribunda onde recollen a súa alma para levala ao outro mundo. Xunto coa Santa Compaña vai tamén unha persoa viva abrindo a comitiva e portando na man un caldeiro cun hisopo. Esta persoa viva incorpórase á compaña de ánimas á media noite, cando esperta na súa cama e tras erguerse diríxese ata un lugar de encontro coas ánimas. Cando a Santa compaña aparece nese lugar de encontro, esta persoa viva incorpórase á procesión de mortos e vai con eles o resto do camiño ata completar a súa encomenda. Cando algunha outra persoa se atopa coa santa compaña debe protexerse dela para que non quede presa do seu maleficio (relevar a persoa viva que vai na comitiva). Para lograr esta protección, esa persoa ten que facer –entre outros rituais- un círculo no chan e meterse dentro. A historia que imos contar comeza nun bar onde Muíños pasa a súa aburrida vida bebendo chupitos e tocando o acordeón.
Cousas de meigas
Xa que andamos co Samaín, este vídeo é unha recración do entorno histórico da cidade de Santiago de Compostela onde unha meiga e unha gárgola son protagonistas.
mércores, outubro 26, 2022
Somos Booktuber (51)
Booktuber de "Senlleiras" de Antía Yáñez, realizado por Laura Regadío, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.
martes, outubro 25, 2022
Somos Booktuber (50)
Booktuber de "Calzados Lola" de Suso de Toro, realizado por Laura Cacheda, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.
luns, outubro 24, 2022
24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas.
Dende a Asesoría das Bibliotecas escolares: