xoves, maio 31, 2018

Letras na Praza

Un ano máis, celebramos o Día das Letras Galegas na Praza de Abastos da vila. Esta vez, coa actuación dos D'Abaixo, e como convidados especiais o alumnado e profesorado visitante do proxecto Erasmus.




mércores, maio 30, 2018

Letras e arte

Novamente, grazas ao profesorado de Plástica, que pide a alumnas e alumnas que amosen os seus dotes artísticos. E abofé que o conseguen!


martes, maio 29, 2018

Percorrido literario por Finlandia, Francia e Turquía

Participamos no proxecto Erasmus no que o noso centro está a traballar con estes tres países. Esta semana, alumnado e profesorado destes lugares están a realizar a súa estadía na nosa vila, e ofrecémoslles un percorrido literario onde as nosas literaturas teñen algo que dicir deles. Ou non.
Así, onte, na nosa biblioteca xuntámonos para viaxar da man da literatura e achegarnos un pouco máis.

mércores, maio 23, 2018

martes, maio 22, 2018

sábado, maio 19, 2018

Matria

Seguimos celebrando as nosas letras de moitos xeitos diferentes. Desta volta, con Álvaro Gago e a súa exitosa curta "Matria". Un pracer telo connosco.


xoves, maio 17, 2018

Pasiño a pasiño

Levaba tempo en mente e por fin conseguimos comezar un proxecto ilusionante que estou segura servirá para moito. O mellor é que todo comezou nos clubs de lectura pola igualdade, nunha biblioteca que presume de ter un fondo excepcional de tolerancia e respecto. E que seguirá medrando. Coma nós, todas xuntas, na loita.



http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/05/16/defensoras-igualdad/1892441.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2018/05/16/laxeiro-sobresaliente-tolerancia/0003_201805D16C2991.htm


mércores, maio 16, 2018

A creación re-partida

A xornada do lun 14 non foi unha calquera. No IES tivemos a sorte e o honor de recibir a Xosé Cobas, a quen admiramos polo seu traballo exquisito, a quen queremos pola súa bonhomía e a quen convidamos a vir cada ano. Xente coma el cómpre moito no noso país.

Cobas falou sobre o deseño e a ilustración, sobre como xorden as ideas e o proceso de traballo en ambos os dous mundos.
O alumnado manifestou especial interese cando se referiu á súa infancia, como xogaba ou como comezou a debuxar.

Grazas por vires!







martes, maio 15, 2018

luns, maio 14, 2018

domingo, maio 13, 2018

María Victoria Moreno: "constelación literaria"


Como contribución ao recoñecemento da figura de María Victoria Moreno, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018, desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ponse a disposición do profesorado interesado un material elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, arredor de varios títulos desta autora. 
Trátase dunha selección de títulos que se vinculan, a modo de "constelación literaria" con outros libros referenciais da literatura infantil e xuvenil galega, en base a distintos criterios (temática, personaxes comúns e outros). Para cada un dos títulos de María Victoria Moreno, hai ademais un espazo baleiro dispoñible que convida a continuar estas propostas.
Este cartel, que se pode descargar desde esta páxina en formato DIN A3, chegará en formato impreso a todos os centros de Galicia en breves datas.
Agardamos que sexa un material útil e que poida axudar no labor do profesorado e das bibliotecas escolares por conseguir vincular ao alumnado á lectura en galego, a través de textos  dos nosos autores e das nosas autoras e, moi especialmente neste ano, a través dos libros de María Victoria Moreno



sábado, maio 12, 2018

22 segundos

O 7 de maio volvemos xuntarnos os dous clubs de lectura arredor dun mesmo libro e unha escritora: Eva Mejuto, que veu ao noso instituto para falarnos da necesidade de visibilizar a transexualidade e de tratala con normalidade nas nosas letras, onde había unha ausencia do tema.
Tivemos dous encontros: un co club de lectura de 3º e 4º de ESO e outro co club de lectura de 2º de ESO.









venres, maio 11, 2018

ANAGNÓRISE - A banda da Loba

"Con esta canción queremos compartir con vós o noso mundo, a nosa procura vital destes últimos meses e tamén homenaxear a María Victoria Moreno (Letras Galegas 2018), que nos inspirou coa súa novela "Anagnórise" para despregar as ás, voar, e contruír este universo."
#ABandaDaLoba


mércores, maio 09, 2018

TEI no concello e no museo

Unha das actividades que realizamos no proxecto TEI é a visita ao concello e ao museo para ver a exposición da obra de Manuel Colmeiro:





martes, maio 08, 2018

luns, maio 07, 2018

Lúa de prata

Co gallo do Día das Letras Galegas, o emblemático grupo de folk Fuxan os Ventos musica o poema “Lúa de Prata” da homenaxeada este ano 2018: María Victoria Moreno.

venres, maio 04, 2018

Anagnórise teatral



O mércores 2 de maio fomos ver a obra de teatro "Anagnórise" baseada na novela do mesmo nome de Mª Victoria Moreno. Un espectáculo orixinal e diferente que nos encantou.