martes, maio 31, 2022

Con ACNUR, outro ano máis

 Preparado o centro para todas as actividades que o Departamento de Orientación proxecta esta semana para colaborar con ACNUR




luns, maio 23, 2022

Coa Repullo apréndese sempre

 O alumnado de 2º da ESO tivo a sorte de falar con Carmen Ruiz Repullo, nunha xornada intesa e definitoria sobre a sexualidade, o machismo, as relacións non consentidas, a amizade...



xoves, maio 19, 2022

Xogos tradicionais

 Arredor das Letras Galegas e com Erasmus do centro, o alumnado de 2º de ESO pasouno moi ben grazas a Luchi e os seus xogos tradicionais que nos fan lembrar o ben que o pasabamos de pequenxs.

Xornada de aprendizaxe e diversión, organizada no marco de proxecto Erasmus+ "21st Century skills through Outdoor Traditional Games"


















luns, maio 16, 2022

Música nas Letras, música para Laxeiro

 Mañá é un día especial para a nosa patria, e non queriamos deixar pasar a data sen facer algún tipo de homenaxe. Así que o departamento de música organizou unha pequena festa para tocar, bailarmos... e pasar un tempo alegre recordando que esta música encantaba ao noso Laxeiro.






Somos Booktuber (48)

 Booktuber de "Deshonra" de J. M. Coetzee , realizado por Nuria Lamazares Fernández, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.



xoves, maio 05, 2022

Obradoiro Videocartas

 O alumnado de Igualdade de 2º de ESO e de Literatura Universal de 1º de Bacharelato anda estes días cunha actividade ben interesante que promove a ACPP:


Utilizaremos as ferramentas dixitais para establecer unha vía de comunicación intercultural con República Dominicana, país no que traballamos en proxectos de cooperación internacional. Dentro destes proxecto gravaremos unha serie de vídeo-cartas en centros educativos de bateyes de San Pedro Macorís aos que o alumnado dos centros educativos galegos darán resposta: como viven os mozos e as mozas da súa idade nun país como Dominicana? Cales son as súas problemáticas? Como ven o seu futuro, que percepción teñen da vida en Europa?
O alumnado achegarase á realidade deste país a través dunha primeira sesión de 100 minutos na que se exporá o contexto no que viven mozas e mozos da súa mesma idade e abordaremos a co-responsabilidade Norte-Sur. Nesta sesión proxectaranse as vídeo-cartas do alumnado dominicano. Na segunda sesión o alumnado gravará a súas propias respostas ás cartas que viron no primeiro día e daráselle nocións de edición nos propios móbiles. Estes vídeo-cartas serán compartidas vía web e vía redes sociais, entendidas como unha conversa intercultural sobre a realidade dos dous países. Este será un proceso de ida e volta, que complementará o traballo que se está a facer no IES Laxeiro sobre interculturalidade e conexión Norte-Sur.



Telexornal Florencio Delgado Gurriarán

 Telexornal Florencio Delgado Gurriarán realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices, Rois.



luns, maio 02, 2022

Lamazares pinta a Laxeiro

 Plantel de luxo para lembrar ao noso pintor: Antón Lamazares acompáñanos para explicarnos cadros e debuxos do seu amigo Laxeiro nos anos 30 e 40.