venres, decembro 22, 2017

Por un 2018 en Igualdade

Este fin de trimestre optamos por realizar un traballo ben diferente: en lugar de dar os típicos trípticos de recomendacións lectoras, quixemos profundar na Igualdade, agora que temos un Vestíbulo da Iguladade con moitos libros e recomendacións, e agasallamos a quen levase libros para ler no Nadal con este calendario de marcapáxinas e este taco de notas, con 50 libros de Igualdade para todas as idades. Esperamos que vos guste:






martes, novembro 28, 2017

Contra a violencia machista

Entre algunhas das actividades que realizamos no centro para amosar o noso rexeitamento contra a violencia de xénero, está este recordatorio de todas as vítimas do ano 2017



sábado, novembro 25, 2017

O tren da igualdade

O alumnado de 2º de ESO na materia "Igualdade de Xénero" decidiu realizar esta performance como contribución á nosa loita contra a violencia machista:


 

E fomos ao concello para representalo:



 O luns continuaremos coas actividades que manifestan a nosa repulsa contra esta lacra social:



xoves, novembro 23, 2017

Mellores, non Mayores

Similar ao noso traballo comezado o curso pasado, O Comité Lila modificou o contido dun polémico tema de actualidade, "Mayores" de Becky g, cambiando a letra orixinal por outra de carácter feminista.

xoves, novembro 16, 2017

Visita e contacontos no CEIP Manuel Rivero

Alumnas e alumnos de 3º de ESO, moitos deles membros do Club de Lectura do centro, visitaron  as aulas de Educación Infantil do CEIP Manuel Rivero, no marco do proxecto Tunnel of Time, levaron a cabo unha amena actividade introdutoria cos nenos e nenas de Educación Infantil do M. Rivero. Nunha sesión de contacontos, o alumnado do IES Laxeiro púxolle voz a contos e historias ilustrados que atentamente escoitaron os peques do cole, de 3, 4 e 5 anos.


 

martes, novembro 14, 2017

Son Muller

Estas rapazas son o grupo MBCP (Máis Boas Cas Patacas) e cantan "Son Muller", un manifesto, unha crítica, que gañou recentemente o premio de canción Xuvenil da Deputación da Coruña:
 "Se me deixaran, sería o que eu quero ser, libre, independente, resistente e muller"


venres, novembro 03, 2017

VIII día da Ciencia en Galego (III)



Como sabedes, o Día da Ciencia en Galego este ano cae en mañá sábado, polo que decidimos adialo para o luns,  pero como non queremos que se axuste a un día só, decidimos lembralo en diversas actividades durante o curso.
Este ano homanexéase a dúas figuras: DARWIN e o galego DOMINGO FONTÁN.

En canto a DARWIN, o alumnado de FP Básica recreou a viaxe do Beagle cun mapa mundi que se exporá nun taboleiro e irá ás clases para explicalo. Esta actividade realízase grazas ao Departamento de Bioloxía.



O Departamento de Matemáticas organízase así:


 Obradoiro de xogos matemáticos  e lóxicos,  dedicándolle unha sección especial aos cubos de Rubik, que teñen unha gran aceptación entre o alumnado. Estes obradoiros realizaranse o luns durante os recreos. Pero ampliaranse a toda a semana se se pode reabrir a biblioteca -despois das obras- o martes.





 Ademais,  ao longo deste curso faremos diversas actividades enfocadas a  coñecer  a figura de Domingo Fontán e o seu traballo.



 Actividades:

  1. Tendo en conta que Domingo Fontán utiliza como unidade de lonxitude a “ vara castelá”, faremos unha investigación sobre as unidades de lonxitude   e de superficie  que se usaban antes do SISTEMA INTERNACIONAL DE UNIDADES. Veremos as equivalencias e faremos medicións con distintas unidades.

  2. Na web  podemos encontrar a CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA subdividida. Centrarémonos na Carta Fontán f8, que é a parte correspondente  ao Concello de Lalín.  Traballaremos as escalas nos mapas e cálculo de distancias.

  3. Cálculo de alturas : Utilizaremos  o teorema de Thales e a semellanza de triángulos  para calcular alturas de puntos inaccesibles (medidas indirectas). Así calcularemos  a altura das árbores do patio e a altura dos edificios do noso centro.

  4. Achegarémoslle aos nosos alumnos instrumentos  que se utilizan ou se utilizaron en topografía e cartografía,  compás, cuadrantes, sextantes, teodolitos.

sábado, outubro 28, 2017

VIII día da Ciencia en Galego (II)

Onte estiven co meu prezado Cibrán, antigo compañeiro e sempre amigo, falando do Día da Ciencia. Hoxe achégome ao seu blogue e topo toda esta magnífica compilación sobre Domingo Fontán. Así que, sen permiso previo, cóllolla para deitárvola aquí.
Grazas, Carta Xeométrica.




Para poñer en evidencia o furibundo ataque ao galego que se deriva do funesto decreto do plurilingüismo celébrase todos os anos o Día da Ciencia en Galego. Desafortunadamente imos pola VIII edición, neste caso adicada ás viaxes científicas, nomeadamente a viaxe de Darwin no Beagle e a do matemático galego Domingo Fontán para elaborar o seu mapa de Galicia. 
Como mostra paradigmática do seu cinismo, os mesmos que manteñen a secundarización da lingua galega e fan gala decote do desprezo pola mesma, foron os promotores o pasado mes de abril dunha resolución parlamentaria para difundir a vida e obra de Domingo Fontán.



Únicamente coa forza do sentimento da terra pode explicarse o enorme traballo que fixo Domingo Fontán pois el sen axuda foi quen de facer un mapa científico debuxando a face de Galicia.
Cadaquén ten a súa patria, e o primeiro paso para non renegar dun mesmo é poñer os pés no chan e non odiala. E se hoxe padecemos o mal da galegofobia debemos procurar a súa orixe no desprezo e descoñecemento da nosa xeografía, pois aquel que non sente a terra, non fai outra cousa que odiala en todas as súas formas.

Velaquí, xa que logo, unha recompilación de material sobre Domingo Fontán e a Carta Xeométrica.

Xeral



Artigos



Blogues



Vídeos



Libros

  • Pensamento matemático en Galicia, Edicións do Castro (1992), autor: Ricardo Moreno Castillo. Ten un capítulo adicado a Domingo Fontán.
  • 13 matemáticos galegos, Grupo Anaya (2004), autor: Ricardo Moreno Castillo. Ten un capítulo adicado a Domingo Fontán.
  • Fontán, Editorial Galaxia 2015, autor: Marcos Calveiro. IX Premio Narrativa Breve Repsol 2015. Novela biográfica con moita información, case podería pasar por un ensaio sobre a vida de Domingo Fontán.
  • A parroquia galega a partir da “Carta Geométrica de Galicia”, Minerva (repositorio institucional da USC) (2015), tese de doutoramento de María del Carmen Álvarez Monterroso
  • Carta Geométrica de Galicia 1817-2017, Teófilo comunicación (2017)
Carta Xeométrica

xoves, outubro 26, 2017

VIII día da Ciencia en Galego

Andamos a preparar o Día da Ciencia en galego e que ese mesmo día sirva para reabrir a nosa biblioteca despois de tantos meses pechada. A ver se o conseguimos!
Mentres, deixámosvos o cartaz deste ano.

http://www.cienciaengalego.org/taxonomy/term/106


mércores, outubro 25, 2017

Bibliotecas de película

Dende o IES San Paio chegamos a este vídeo, dunha película que vos recomendamos moito, moito:


martes, outubro 24, 2017

Fin del mundo del fin

Un relato de Cortázar para o día de hoxe, Día das Bibliotecas Escolares:


Como los escribas continuarán, los pocos lectores que en el mundo había van a cambiar de oficio y se pondrán también de escribas. Cada vez más los países serán de escribas y de fábricas de papel y tinta, los escribas de día y las máquinas de noche para imprimir el trabajo de los escribas. Primero las bibliotecas desbordarán de las casas, entonces las municipalidades deciden (ya estamos en la cosa) sacrificar los terrenos de juegos infantiles para ampliar las bibliotecas. Después ceden los teatros, las maternidades, los mataderos, las cantinas, los hospitales. Los pobres aprovechan los libros como ladrillos, los pegan con cemento y hacen paredes de libros y viven en cabañas de libros. Entonces pasa que los libros rebasan las ciudades y entran en los campos, van aplastando los trigales y los campos de girasol, apenas si la dirección de vialidad consigue que las rutas queden despejadas entre dos altísimas paredes de libros. A veces una pared cede y hay espantosas catástrofes automovilísticas. Los escribas trabajan sin tregua porque la humanidad respeta las vocaciones, y los impresores llegan ya a orillas del mar. El presidente de la república habla por teléfono con los presidentes de las repúblicas, y propone inteligentemente precipitar al mar el sobrante de libros, lo cual se cumple al mismo tiempo en todas las costas del mundo. Así los escribas siberianos ven sus impresos precipitados al mar glacial, y los escribas indonesios etcétera. Esto permite a los escribas aumentar su producción, porque en la tierra vuelve a haber espacio para almacenar sus libros. No piensan que el mar tiene fondo, y que en el fondo del mar empiezan a amontonarse los impresos, primero en forma de pasta aglutinante, después en forma de pasta consolidante, y por fin como un piso resistente aunque viscoso que sube diariamente algunos metros y que terminar por llegar a la superficie. Entonces muchas aguas invaden muchas tierras, se produce una nueva distribución de continentes y océanos, y presidentes de diversas repúblicas son sustituidos por lagos y penínsulas, presidentes de otras repúblicas ven abrirse inmensos territorios a sus ambiciones etcétera. El agua marina, puesta con tanta violencia a expandirse, se evapora más que antes, o busca reposo mezclándose con los impresos para formar la pasta aglutinante, al punto que un día los capitanes de los barcos de las grandes rutas advierten que los barcos avanzan lentamente, de treinta nudos bajan a veinte, a quince, y los motores jadean y las hélices se deforman. Por fin todos los barcos se detienen en distintos puntos de los mares, atrapados por la pasta, y los escribas del mundo entero escriben millares de impresos explicando el fenómeno y llenos de una gran alegría. Los presidentes y los capitanes deciden convertir los barcos en islas y casinos, el público va a pie sobre los mares de cartón a las islas y casinos donde orquestas típicas y características amenizan el ambiente climatizado y se baila hasta avanzadas horas de la madrugada. Nuevos impresos se amontonan a orillas del mar, pero es imposible meterlos en la pasta, y así crecen murallas de impresos y nacen montañas a orillas de los antiguos mares. Los escribas comprenden que las fábricas de papel y tinta van a quebrar, y escriben con letra cada vez más menuda, aprovechando hasta los rincones más imperceptibles de cada papel. Cuando se termina la tinta escriben con lápiz etcétera; al terminarse el papel escriben en tablas y baldosas etcétera. Empieza a difundirse la costumbre de intercalar un texto en otro para aprovechar las entrelíneas, o se borra con hojas de afeitar las letras impresas para usar de nuevo el papel. Los escribas trabajan lentamente, pero su número es tan inmenso que los impresos separan ya por completo las tierras de los lechos de los antiguos mares. En la tierra vive precariamente la raza de los escribas, condenada a extinguirse, y en el mar están las islas y los casinos o sea los transatlánticos donde se han refugiado los presidentes de las repúblicas, y donde se celebran grandes fiestas y se cambian mensajes de isla a isla, de presidente a presidente, y de capitán a capitán.

luns, outubro 23, 2017

Mensaxe de Alejandro Palomas para o día das Bibliotecas 2017

Como Mary Poppins, pero sen voar



  Son sobriño de bibliotecaria. Desde que teño memoria, a miña tía, que acaba de cumprir oitenta anos, regaloume un libro o día dos meus aniversarios. Primeiro foi a serie de Osear, coa súa Kina e o seu láser, da gran Carmen Kurtz; chegaron despois as aventuras de Los Cinco, algúns clásicos ilustrados, a granNada de Carmen Laforet…  A lista é longa e o goce foi máxico, porque a miña tía entende a lectura como algo que cura, que afasta ao inocente do que agride, e eu -e ela sábeo- sempre fun demasiado vulnerable ao que dana, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real.

 A miña tía chámase Nuria e desde nena sofre moito da vista. Aínda así, traballou durante décadas fomentando o amor pola lectura en homes e mulleres, mozos e mozas aos que non coñecía, pero cuxa mirada non tardou en aprender a ler, a identificar e a descifrar. Ela dicía -e ás veces di aínda- que  “repartía refuxio”, e emociónase ao lembralo. Oína tamén confesar nalgúns momentos da nosa historia común, que non foron fáciles e que vivimos xuntos: “Decidín ser bibliotecaria porque así asegurábame de que, por moi mal que nos fosen as cousas, aínda que faltase a auga quente ou a calefacción, sempre teriamos un libro na casa”. Agora, quince anos despois da súa xubilación, son eu quen lle recomenda lecturas. Lemos un libro á vez e xuntámonos cada quince días a xantar e a comentar o lido, no que bautizamos como “O club das 2”, porque tentamos no posible que coincida co día 2 de cada mes, ás 2, e porque somos dúas almas lectoras que non teñen freo. Durante estes anos de club, ela contoume cousas, moitas cousas da súa vida na biblioteca, e desde que a oio falar como o fai sobre o seu amor por esa vocación, que non decrece a pesar do tempo, non podo deixar de marabillarme e de preguntarme como definiría eu a unha bibliotecaria -ou a un bibliotecario- chegado o caso.

    Ata hai uns meses non dei coa resposta.

    Foi por mor da publicación de Un fillo, durante unha charla nun centro de ensino dunha capital andaluza. E foi precisamente grazas a un neno de dez anos que, xunto con outros 100, lera a novela e quería coñecer ao seu autor. Por motivos de espazo, o acto tivo lugar na biblioteca do centro, cun par de profesoras e a encargada da biblioteca. A charla foi moi intensa, moito máis do que eu esperaba, e alongouse. Cando por fin chegamos ao final da quenda de preguntas, un neno que estaba sentado na primeira fila levantou a man.

    -A min o que máis me gustou do libro é María -dixo referíndose á orientadora do centro, que é, xunto co pequeno Guille, a protagonista do libro.

    Quixen saber por que. O neno, chamado Ismael, riu un pouco e logo, mirando a unha das tres mulleres que estaban xunto á porta. dixo:

    -Porque é igual que a señora Lourdes. -Unha das tres mulleres que estaban xunto á porta encolleuse un pouco e negou coa cabeza, incapaz de reprimir un sorriso. Ismael non terminara-. Vive na biblioteca porque se non os libros se cadra vanse. Ou morren.

    Fíxose o silencio na biblioteca. Ninguén riu. Ninguén dixo nada. Foron segundos cheos de respiracións contidas, de tensión e de infancia.

    -É que é bibliotecaria -volveu falar Ismael. E ao ver que eu o miraba sen saber que dicir, debeu de entender que necesitaba explicarse mellor, e engadiu-: Ou sexa, como Mary Poppins, pero sen ás.

    Hoxe é un día especial. Celebramos o Día das Bibliotecas e celebramos tamén que centos, miles de Mary Poppins sen ás velan polos libros que as habitan para que non morran nin se vaian, e Ismael siga crendo que a vida está nos libros e o seu reflexo fóra. Hoxe é o día en que, un ano máis, a maxia  se renova e todas as bibliotecarias e bibliotecarios do mundo saúdanse cunha mirada cómplice e un longo. fermoso e tenro:

    “Supercalifragilísticoespialidoso”

martes, outubro 03, 2017

Como identificar noticias falsas - IFLA


A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News
Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información, na que podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións que realicen nas diferentes fases dos seus traballos. 


mércores, xuño 21, 2017

En clave de igualdade

Un proxecto que comezamos este último trimestre con solución de continuidade: pretendemos cambiar esas letras machistas que o noso alumnado e a sociedade canta sen pensar -queremos crer-, sen saber o que se di.
Todo xurdiu cando un día na biblioteca achegáronseme dúas alumnas de 4º para ensinarme un vídeo. "Profe, vas flipar", e si, flipei. Así que logo comentando en clase a letra e o vídeo da canción, comezaron a ensinarme moitas outras, e pensei que algo deberiamos facer.
Aquí estamos. Isto é un comezo.

Estas cancións que hoxe presentamos son tres que o noso alumnado escolleu para variarlles a letra por unha de igualdade, reivindicativa:


.- Xices de igualdade: Lara Verde Iglesias sobre a letra da famosa canción "Corazón de tiza" de Radio Futura.




.- Eu son feminista, sobre a "mítica" Te compro tu novia:



.- "Eu son feminista", lip dub co alumnado de 4º de ESO C que quería despedirse da ESO como se merece, con igualdade:





.- Eu son miña, sobre "Eres mía":

martes, xuño 20, 2017

Videopoema (20)

 Rebeca Fernández Pichel  realiza este vidopoema a partir dun poema de Fran Alonso, do seu libro "Cidades"


Videopoema (19)

Helena Santalla e David de la Torre realizan este videopoema a partir dun texto de Estevo Creus:



Porque ti
tamén estabas enferma
dalgún xeito
coma a casa

miles de termómetros de febre
e de torturas

eu sabíao
sabíao polo tacto

non preguntes

sabíao por como respirabas
sabíao polas ondas e os outros arrecifes
sabíao por ti
e por min
e por como chorabamos abrazados despois de xogar a destruirnos.


inocentemente abrazados

ulindo a landras

abrazados coma un tigre.

luns, xuño 19, 2017

Videopoema (18)

Roberto Agra e Javier Iglesias Azurmendi escollen a "Negra sombra" de Rosalía de Castro:


 

Noa Presas, Noa Villar e Laura Soto escollen a Celso Emilio:

domingo, xuño 18, 2017

Videopoema (17)

Ainhize Sixto realiza este videopoema a partir dun poema de Pepe Cáccamo, "A Lúa da nena pobre"






A lúa da nena pobre
debuxa na noite azul
unha moeda de cobre.

A nena na súa man
leva unha lúa de pan.



Meter o título (6)

ZAIRA MÍGUEZ LÓPEZ:



Quero coller o lapis do carpinteiro,
para debuxar a miña vida desde o mércores de cinza,
e trazar os meus desexados camiños da vida.

Quero explorar o centro do labirinto,
adentarme no corazón de Xúpiter
observándoo desde unha estrela distante.

Desexo ser o rapaz que nunca existiu,
que naceu no sol do verán,
e medrou lendo memorias dun neno labrego.

Só quero estar sempre en Galiza,
ser da familia o principiño
e atopar  a miña casiña, meu lar.

Busco resolver o crime de Compostela,
os misterios dos fillos do mar,

para despois convertelos en historias para contar arredor da lareira.


LARA RODRÍGUEZ SOTO:

Nas Noites de voraces sombras
Andabamos a tan só Tres pasos polo misterio
As Cartas de inverno que me escribiches
Só me serviron para non poderte olvidar

Andaba enredada na Sombra dos teus soños
Mentres só me mantiñas nun Menú de enganos.
Dixéchesme Poetízate
Pero ti ben sabías na Bala perdida en que me convertín
E agora que?
Baleiráchesme por completo coas túas Tristes armas
Quizais o noso non foran esas Cousas
Os once bicos que me deches
Deixáronme en Branco


SARA LÓPEZ COSTA:
       

Todos somos ,
a caixiña dos rancores .
Vento e chuvia ,
e esquezinme do paraugas .
Aquel agosto do 36 ,
inflamable




LARA VERDE IGLESIAS:


Fálame ti,
daqueles días en que eramos malos,
que escapabamos do mundo e todo era sorrir entre frades
agora somos monecos manexables de oficina.

As viaxes máxicas que faciamos
na maleta só levabamos ganas de comer o mundo
percorrendo todo, río abaixo.

O que é a vida agora dende que non somos novos,

todo son memorias de cidades sen luz.

Meter o título (5)

ALBA ROQUEIRO GALEGO:


Na illa de Ons
os escaravellos voan á tardiña.
Na Terra Cha as formigas comen
sopa de letras ou sopa de xarope de amora,
todo dependerá do menú de enganos que haxa.
No corazón do bosque 
as memorias dun neno labrego 
indagan coma unha bala perdida.
Todo cambia no inferno de Marta 
onde as cousas ( boas e malas)
 aparecen escritas en cartas de inverno,
todas elas ben elaboradas no xardín de inverno
coa arrepiante axuda da pantasma da torre.


ALEJANDRO ZAS GONZÁLEZ :


Un home, masculino singular,
persegue unha estrela no vento,
procura unha lectora fóra do común
e atópase no inferno de Marta.   
El, o imposible de desatar.
de súpeto atopouse no centro do labirinto
rodeado de cartas de inverno,
recollidas dentro do corazón de Xúpiter . 
Na estrada
chea de ratos e homes 
parouse mirando o curioso incidente do can á media noite,
baixo o vento e a chuvia
escribindo un poema de amor.


LUCÍA VÁZQUEZ VÁZQUEZ

Naquela LONGA NOITE DE PEDRA,
Á LUS DO CANDIL,
percorrín un CAMIÑO PERIGOSO
coa sombra dun ANXO NEGRO,
para chegar a ONS.
TODO É SILENCIO,
só se escoitaban AS VOCES BAIXAS
no CEO DOS AFOGADOS.
Pero no FARO ESCURO
brillaba unha CHAVE DE OURO,
e alí, estaban OS DOUS DE SEMPRE,
REO e MATILDA,
mortos no CAMPOSANTO.
E eu guiada por UNHA ESTRELA NO VENTO,
busquei REFUXIO.
O meu nome é GÁRGOLA,
e veño a OBABAKOAK
para FUXIR
de AQUEL LUGAR.






sábado, xuño 17, 2017

Videopoema (16)

Zaira Míguez escolle este poema de KiKo Neves


 

Videopoema (15)

NoeliaVázquez Val e Lúa Sánchez Varela escollen este poema de Rosalía de Castro:




Mais ve que o meu corazón
É unha rosa de cen follas,
I é cada folla unha pena
que vive apegada noutra.
Quitas unha, quitas dúas:
penas me quedan de sobra;
hoxe dez, mañán corenta,
desfolla que te desfolla.
¡O corazón me arrincaras
desque as arrincares todas!

xoves, xuño 15, 2017

Falando con Ledicia Costas

Ledicia Costas chegou sen avisar. Andaba pola zona e sabía que o noso alumnado a lera. E tivo o grandísimo detalle de vir, non a tomar un café nin a descansar, senón que foi a un montón de clases a presentarse e a falar. Do que eles e elas quixesen. Das preguntas que lle viñesen á menta. Que para iso ten un lectorado fiel que a segue emocionado!!!

mércores, xuño 14, 2017

Meter o título (4)

David Taboada escribe:

Na Bretaña esmeraldina
nun arrabaldo do norte,
Antón e os inocentes
loitan contra maquieiro
con pólvora e magnolias
polo amor de Artur,
pola estripe de Percival
e outras historias

No ventre do silencio
co fin dun canto,
unha voce na néboa
comeza o outro

mentres conversas con Xosé Luís Méndez Ferrín



Iria Lareu Coego escribe:


E aí estaban os dous de sempre,
observando como a memoria da choiva
calmaba a intensa ira dos mansos
ao lembrar aquel agosto do 36
enchíanselles os ollos de auga.
Unha dor inflamable asentouse no seu corazón,
e a dúbida
de como as almas grises das persoas

poden chegar a traspasar un horizonte de sucesos.

Videopoema (14)

David Taboada escolle "Envellecer" de Ana Mª Fernández


 

martes, xuño 13, 2017

Poemas titulados (6)

Ana Santalla Garrido:




Zaira Míguez:







Videopoema (13)

Miguel Lamazares escolle o poema "Amencer" de Manuel María:




AMENCER
 Pouco a pouco, feblemente,
o día vai a nacer. Vense brillar quedamente
as luces do amencer!
Pra non despertar as cousas
que están durmindo a mañán:
 luces chumbas como lousas
 amodo, na terra, can...!