martes, decembro 20, 2022

Relacións tóxicas

 Rosa, terapeuta ocupacional do Centro e Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia machista de Compostela, achegouse ao IES Laxeiro para falar co alumnado de 4º de ESO das toxicidades que se xeran nas xeracións de parella. Foi unha charla interactiva na que a relatora foi indagando nas opinións do alumnado en relación ao que consideran amor, namorarse, querer... para así chegar a saber o que en realidade debería ser unha relación saudable. 



 

domingo, decembro 04, 2022

Con Pantallas Amigas

 O pasado 1 de decembro, Maider, de Pantallas Amigas, veu ata o IES Laxeiro para adentrar o alumnado de 1º de ESO na reflexión e análise da existencia de violencias machistas nas nosas realidades. Como identificar unha relación tóxica e desigualitaria, así como o retrato de diversas situacións machistas no noso día a día, foron o leimotiv dunha xornada esclarecedora que, coidamos, lle servirá ao alumnado para crear conciencia e continuar por ese camiño da non violencia. 

Unha actividade encadrada dentro do Plan Proxecta “por 365 días de respecto e igualdade”. 




 

xoves, decembro 01, 2022

Entrega de premios concurso Luís Gustavo

 Volvemos a estar co noso Luís. Vaia, el está sempre connosco, témolo nos nosos pensamentos e segue aquí, ese espírito bondadoso  que nos asolaga dende que entramos no vestíbulo e ollamos a súa caricatura. Pero onte foi un día especial, porque veu a súa familia, porque Lucía volveu a nos acompañar dende que deixara os pupitres do centro e marchase a seguir o seu brillante futuro, guiado pola súa particular estrela. E foi asemade especial porque entregamos con alegría premios no seu nome, un nome dende xa vinculado á ciencia no noso centro. 

A terceira edición estaba dedicada á eficiencia e ao aforro enerxético.



Os/as premiados/as foron:




Algunhas instantáneas do momento: