venres, febreiro 12, 2021

Día da muller na ciencia III

 Nun dos corredores do centro poderedes saber moito sobre mulleres científicas. A maior parte delas seguro que vos son descoñecidas. E moitas son do país! Non deixedes pasar a oportunidade de coñecelas!









xoves, febreiro 11, 2021

Día da muller na ciencia II

Un ano máis, unha exposición na porta da biblioteca de todos os libros que traballan o tema das mulleres científicas, ben sexa dende unha perspectiva biográfica, ou informativa; tamén en clave ilustración, toda a semana do 11 de febreiro




 

luns, febreiro 08, 2021

Descubrindo as detectives do cancro

 
Con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 1º de bacharelato participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) e coordinada por Marisol Soengas, que reúne preto de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. 

A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir directamente quen é unha das “detectives dcancro”: científica Sofía Mendes, que actualmente dedica a súa investigación á nanotecnoloxía para o cancro de páncreas. Descubriron dende a aula como é esta muller que investiga para facer fronte a esta enfermidade, como orientou a súa carreira e como chegou a ser unhas das grandes investigadoras no seu campo.

Coa participación nesta actividadevisibilizamos o labor das mulleres investigadoras e fomentamos novas vocacións científicas, animando ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro, a que se interesen pola Ciencia. Unímonos así a mensaxe: "elas poden, ti podes".







 

 

 



 

domingo, febreiro 07, 2021

Día da muller na Ciencia I

 Aproveitamos a conmemoración do 11 de Febreiro para realizar diferentes actividades, dentro das normas COVID, para realizar algunhas actividades.




luns, febreiro 01, 2021

Recuncho da muller invisible: Maruja Mallo

 Como xa anunciamos, cada mes dedicamos un recuncho do vestíbulo de Igualdade a lembrar unha de tantas mulleres que, a pesar dos seus logros, non constan nos libros. Este primeiro mes a escollida foi Maruja Mallo.

Preme na ligazón:

https://www.canva.com/design/DAEUWtTvQJE/Qm7Z1tunVFIVaWgi9xGP1g/view?utm_content=DAEUWtTvQJE&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink 

 Vai ao código QR e accede a toda a información elaborada por compañeiros e compañeiras de 4º de ESO C