luns, decembro 24, 2018
sábado, decembro 22, 2018
Conquistando Celanova
Primeiro percorremos as rutas dos protagonistas da Esmorga. E logo seguimos os pasos dos nosos poetas máis sobranceiros por terras de Celanova. Un día inesquecible co alumnado de 1º de Bacharelato.
venres, decembro 21, 2018
xoves, decembro 20, 2018
martes, decembro 18, 2018
Árbore de Nadal Científica
Este
curso no IES Laxeiro estamos intentando facer máis visible a
ciencia, participamos na semana STEM (25 alumnas e alumnos de 1ºESO),
e foinos concedido o club de ciencia pola consellaría, polo que
chegadas estas datas pensamos que a decoración tamén tiña que
facer visible este aspecto.
Inspirándonos
en que moitos laboratorios usan o seu propio material para decorar e
acordándonos que o día da Ciencia en galego , que celebramos o 6 de
novembro, a práctica de medición do pH, feita por alumnado de
4ºESO, quedara moi vistosa, desenvolvemos a idea de facer unha árbore
de Nadal usando os balóns do laboratorio e os resultados da práctica
de ciencias de medición do pH cun indicador natural.
Alumnado
de 2ºbacharelato de ciencias fixo a práctica
:
Medición
de pH usando
COL LOMBARDA
que
consiste en:
1º
- Preparar o estrato de lombarda, cortando e fervendo a col e
filtrando o líquido obtido, que será o que funciona como indicador.
2º
– Estudar como este indicador natural se comporta ao enfrontalo a
diferentes substancias, xa que ao engadilo a elas estas toman
diferentes cores en función do seu pH
Tamén
se fixeron algúns balóns usando indicadores de pH químicos, como o
verde metilo,
no laboratorio de física e química.
ÁCIDO
|
NEUTRO
|
BÁSICO
|
||
Zume
de limón
|
Vinagre
|
Auga
destilada
|
Bicarbonato
Sódico
|
Amoníaco
|
Vermello
|
Rosa-Vermello
|
Violeta-Craro
|
Azul-Verde
|
Verde
|
Para
darlle un pouco de decoración de natividade coroouse a árbore cunha
estrela feita coa técnica da papiroflexia, decoramos a mesa cun
papel vermello cheo de notacións das diferentes ciencias:
matemáticas, física, química orgánica,... e ao fondo escribimos a
descrición da práctica para que o alumnado poida ver que esas cores
son resultado dun experimento científico feito no noso laboratorio.
Quixemos
tamén, felicitar as festas usando elementos químicos da táboa
periódica, gardando o rigor ao elixir as cores para cada grupo de
elementos.
Fe
Li Ce S Fe S Ta S I Es La Xe I Rh O
O
obxectivo principal desta decoración é facerlle ver ao alumnado que
a ciencia está presente no noso entorno e que aínda que ten unha
parte árida no seu estudo, tamén ten unha parte divertida e
atrainte que compensa o esforzo.
O
profesorado que participou nesta actividade é dos distintos
departamentos, Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía e
Matemáticas, equipo da Biblioteca, xunto con moitas ideas aportadas por outros profesores
que puxeron o seu grao de area axudando a colocar ou valorando o
traballo feito,
GRAZAS A
TODAS E TODOS.
E saímos na prensa:
mércores, decembro 12, 2018
martes, decembro 11, 2018
luns, decembro 10, 2018
SEMANA STEM
SEMANA
STEM
Science,
Technology, Engineering and Mathematics
(ciencia,
tecnoloxía, enxeñería e matemáticas)
O
IES Laxeiro foi un dos poucos centros de secundaria da provincia de
Pontevedra ao que lle foi concedida a Semana STEM, pola Consellería
de Educación.
Na
segunda semana do mes de Decembro o noso alumnado de 1º ESO,
disfrutou dunha semana chea de ciencia, na que cada día tocaban unha
rama diferente dela.
O
proxecto desta semana xiraba entorno a unha ficticia misión ao
planeta Marte, e o programa feito polo alumnado foi:
Día
1 de adestramento espacial: TERRAFORMACIÓN: fabricación dun
miscroscopio e recollida de mostras. Construcción dun habitat
espacial con material de refugallo.
Día
2 de adestramento espacial: IMPRESIÓN 3D: deseño de
foguetes e elaboración de traxes espaciais.
Día
3 de adestramento espacial: ELECTRÓNICA: elaboración de
circuítos e soldadura.
Día
4 de adestramento espacial: ROBÓTICA: montaxe e programación
dun robot.
Día
5: XINCANA FINAL: Recoñecemento médico, construción dun
habitat, lanzamento de foguetes, exploración co rover e simulación
de voo espacial.
Ao
volver dunha semana tan diferente as rapazas e rapaces viñan cheos
de enerxía e de gañas de seguir descubrindo as diferentes áreas da
ciencia, porque neses poucos días viron abrirse moitas portas
descoñecidas para eles.
Foi
moi gratificante falar con rapazas que me contaban, cos ollos cheos
de brillo, o que lles gustara soldar compoñentes electrónicos, ou
como entre varios rapaces e rapazas foran capaces de armar un pequeno
robot e programalo. Outros contáronme como planificaron e logo
imprimiron obxectos na impresora 3D, e outros a bonita experenza de
fabricar o seu propio microscopio electrónico.
Pero
non todo foi ciencia, tamén foi convivenza entre eles e con un grupo
de alumnado de Malpica, cos que entablaron lazos de amizade que
seguro que perduran no tempo. Todo o día estaba cheo de actividades
lúdicas e formativas cargadas de contidos trasversais que lles
axudaron a integrarse nun ambiente moi diferente ao que viven na aula
día a día.
Ver
ao alumnado contento polo vivido e con unhas gañas inmensas de
compartir o aprendido cos seus compañeiros e compañeiras, fainos
ver que as veces temos que sair fora da aula para abrirnos ao mundo e
acercarllo a súa vez a aula.
Grazas
a Consellería por programar esta actividade tan diferente e
interesante e grazas as monitoras e monitores que conviviron cos
rapaces porque os fixeron sentir como unha familia durante toda a
semana STEM.
luns, decembro 03, 2018
mércores, novembro 28, 2018
Novembro contra a violencia de xénero (XV)
O luns 26 realizamos diferentes actividades en manifestación contra a violencia de xénero. O acto no salón de actos estivo dirixido a alumnado de 1º e 2º de ESO, así como ao alumnado de FP Básica; aínda así, houbo algún que outro grupo que non quixo perder o momento.
Pola súa banda, o alumnado de ciclos formativos plantou flores e puxo os nomes das asasinadas
martes, novembro 27, 2018
Mulleres que mudan o mundo
Dentro do mes contra a violencia de xénero recibimos hoxe a visita de Ita Xocol e Juventina López, lideresas comunitarias en Guatemala. Faláronnos do seu activismo en defensa dos dereitos das mulleres e da recuperación do territorio
Ita Xocol e Juventina López representan a aquelas mulleres que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia.
Foi un honor telas no noso centro e un gozo escoitalas e aprender delas.
Ita Xocol e Juventina López representan a aquelas mulleres que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia.
Foi un honor telas no noso centro e un gozo escoitalas e aprender delas.
luns, novembro 26, 2018
Bailando contra a violencia
O alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato decidiu aportar un gran de area contra a violencia de xénero:
domingo, novembro 25, 2018
Novembro contra a violencia de xénero (XIV)
Dende Trafegando ronseis:
Incansables, seguimos aquí. En positivo, sabendo que a violencia de xénero desaparecerá algún día e que chegará a forma parte da "memoria histórica" da sociedade, aprendendo dos erros para non volver caer neles.
sábado, novembro 24, 2018
Novembro contra a violencia de xénero (XIII)
Contra a violencia machista, o alumnado de 2º da ESO de Igualdade realizou esta performance baseada na "Escaleira da violencia" que explica Carmen Ruiz Repullo.
venres, novembro 23, 2018
xoves, novembro 22, 2018
mércores, novembro 21, 2018
martes, novembro 20, 2018
Novembro contra a violencia de xénero (IX)
Paréceche normal? Pois ao revés tampouco
http://adolescentesinviolenciadegenero.com/normal-al-reves-tampoco/
http://adolescentesinviolenciadegenero.com/normal-al-reves-tampoco/
luns, novembro 19, 2018
domingo, novembro 18, 2018
sábado, novembro 17, 2018
venres, novembro 16, 2018
mércores, novembro 14, 2018
luns, novembro 12, 2018
Novembro contra a violencia de xénero (II)
I Concurso 25 de novembro-Imaxe gráfica
Despois dunha longa reflexión na aula sobre o significado da violencia de
xénero e as súas consecuencias na nosa sociedade, sobre todo na xuventude, xa
que é o ámbito que máis nos preocupa por ser a parte coa que traballamos, o
alumnado tentou plasmar graficamente a nosa postura contra esta lacra social
que vén dada dunha concepción de sociedade patriarcal que se alonga no tempo. É
por iso que se realizaron varios carteis e entre todos e todas os alumnos e
alumnas da aula de Valores éticos de 1º ESO C escolleron o traballo de Laura
Cacheda Fernández por ser o que mellor resumía e representaba o sentir de todos
e todas.
A imaxe gráfica representa a árbore da “violencia cero” cuxas follas son
lazos violetas (símbolo da loita contra a violencia de xénero), algunhas delas
con lemas en positivo resaltando os valores que deben predominar na sociedade e
outras cos contravalores que debemos rexeitar.
sábado, novembro 10, 2018
venres, novembro 09, 2018
Novembro contra a violencia de xénero (I)
Comezamos onte con música, cunha montaxe con perspectiva de xénero que aborda as mensaxes de cancións que son en realidade mensaxes machistas ou violentas agochadas en forma de amor.
O mes de novembro estará dirixido a concienciar a todo o alumnado o instituto contra unha lacra que ten o cume na morte pero que comeza cunha soa palabra, cun só xesto. Serán moitas e variadas. Por iso, onte, o alumnado de 2º e de 3º de ESO acudiu ao auditorio da vila para entender como moitas das cancións que tararean habitualmente non son nin sequera aceptables. Un espectáculo a cargo de Chevere, un proxecto pedagóxico musical que baixo o título "I 'll be watching you" ("Hei estar vixiándote") analiza cancións como "¿Dónde está el amor?" de Pablo Alborán, "Mala mujer" de Ctangana, "No soy una de esas" de Jessy&Joy e Alejandro Sanz ou "4 babie" de Maluma.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)