mércores, novembro 29, 2023
25N, "Reina"
martes, novembro 28, 2023
25N, "Lisístrata"
Baile realizado co gallo do 25 N do 2023, sobre a canción "Lisístrata" de As fillas de Cassandra.
luns, novembro 27, 2023
25N, o manifesto
O manifesto que lemos o día 27, luns no que realizamos as actividades en contra da violencia de xénero no noso centro:
MIL DUASCENTAS TRINTA E NOVE.
Podemos repetir esta cifra:
MIL DUASCENTAS TRINTA E NOVE.
Seguramente non o recordemos, pero o pasado 25 de novembro comezabamos o noso discurso con outra cifra: MIL CENTO SESENTA E SETE; esta correspondíase co número de mulleres asasinadas dende o ano 2003, momento no que se empezaron a recompilar estes datos.
Como vedes, a cifra aumentou.
Cada ano asasínanse máis e máis mulleres polo feito de selo. Porque a violencia machista é iso: maltratar e matar persoas pola súa condición de mulleres. Nada máis.
E nada menos.
Porén, a violencia que se exerce contra nós, as mulleres, vai máis alá dun golpe, vai máis alá dun asasinato...
Esta violencia forma parte dun sistema heteropatriarcal que nos somete e que nos oprime. A violencia machista tamén é Rubiales, tamén son os puteros, tamén é ese home que unicamente mira as mulleres con tetas e vulva a quen tocar; é o control; é ter que levantar a voz para que se nos escoite.
Hoxe, 25 de novembro, concentrámonos en nome das irmás Mirabal, e de todas as persoas vítimas de violencias machistas, para visibilizar un problema que non remata e para amosar a nosa repudia, indignación e sororidade. Xuntámonos tamén para comunicarnos que non estamos soas, que esta loita ten que ser colectiva e que, como di Paul B. Preciado: a ficción non se opón á verdade, e cada vida individual é unha historia colectiva.
Dende o IES Laxeiro, dicimos NON á violencia machista, amosamos a nosa INDIGNACIÓN ante esta realidade que continúa a abafarnos, e pedimos REFLEXIÓN DISIDENTE. Porque o futuro será feminista ou non será, e porque estamos fartas de vivir nunha sociedade na que moitas das persoas que a compoñen continúan crendo que a diferenza entre homes e mulleres unicamente depende do xenital co que nacemos.
Temos que seguir defendendo o poder da solidariedade colectiva como a única forma de combater as inxustizas que nos rodean e nos atravesan como mulleres. É importante seguir unidas desde a mirada feminista, protexéndonos, coidándonos, e esixindo o dereito a vivir unha vida digna. Por todo isto, hoxe e sempre, repetimos*:
Querémonos vivas
Nin unha menos!!!
E agasallamos a todo o alumnado do centro con este bolígrafo e este marcapáxinas:
sábado, novembro 25, 2023
xoves, novembro 23, 2023
Informantas laxeirianas
No perfil de Istagram podedes seguir todas as novas que estas mozas se encargar de avisar. Asemade, van á radio frecuentemente.
martes, novembro 21, 2023
venres, novembro 10, 2023
A ciencia, en galego
Un ano máis, non foi un Día da ciencia, senón case un mes para falarmos de ciencia e demostrar que esta, en galego, enténdese perfectamente.
xoves, novembro 02, 2023
O medo cóntase
Quen mellor para contar o medo que Paula Carballeira. Foi un soño cumprido. E non decepcionou, por suposto.