martes, decembro 16, 2014

Benvido, Núñez Singala

Hoxe visitaranos Manuel Núñez Singala con dobre programa: á cuarta hora falaralle ao alumnado de 2º de ESO do seu libro Menú de enganos. A súa xenerosidade completarase con dúas horas de charla para o alumnado de 4º de ESO sobre Sociolingüística, que ben nos cómpre neste mundo no que nos movemos onde só escoitamos falar en castelán.
A profe Hortensia Ramos e o seu alumnado presentarán así o libro lido:



domingo, decembro 14, 2014

Con Gisbert

O mércores 10 tivemos o pracer de recibir a Joan Manuel Gisbert. Gisbert falounos durante case dúas horas dos seus libros, centrándose sobre todo no libro lido polo alumnado de 2º de ESO, El arquitecto y el emperador de Arabia ilustrado por Alberto Urdiales e publicado por Edelvives en 1988. É precisamente a esta editorial a quen lle debemos a visita. Dende aquí queremos dar as grazas a ambos, editorial e escritor, por ese tempo tan ameno no que puidemos aprender tanto.


A visita de Gisbert, na prensa:



sábado, decembro 13, 2014

domingo, decembro 07, 2014

O Matemático de Bermés

O día 5 de novembro tivemos o pracer de acudir a unha cita con Gonzalo Navaza para contarnos novas sobre a vida do noso Matemático de Bermés: José Rodríguez. El contounos moitos detalles da súa vida e da súa intelixencia.




José Rodríguez González, “O matemático de Bermés”, naceu en 1770 na parroquia lalinense de Bermés, no seo dunha familia de labregos. Desde pequeno destacou polo seu talento nas matemáticas, o que motiva a un tío cura deste a levalo a estudar ao Seminario de Monforte de Lemos e máis tarde á Universidade de Santiago.
En Santiago estuda Teoloxía, pero son as Matemáticas as que realmente o apaixoan e para as que está ben dotado, logrando unha cátedra desta disciplina na Universidade.
Con ansias de ampliar sempre os seus coñecementos, solicita saír a Londres ou París na última década do século XVIII. Logra ir a París e alí ponse en contacto con personalidades moi destacadas nos estudos e aplicacións matemáticas e mineralóxicas. Coñece a Haüy, o gran cristalógrafo francés, que lle regala unha colección de figuras dos sistemas de cristalización dos minerais, e que aínda se conserva no Museo de Historia Natural “Luis Iglesias” da Universidade de Santiago.
En plena invasión napoleónica de España colabora co matemático francés François Arago na medida do meridiano que vai desde Alburquerque en Francia ata Barcelona, coa idea de calcular con precisión a medida do metro, unidade de medida do sistema decimal que se quería instaurar a nivel internacional naquela época.
A partir de 1810 visita o Reino Unido e alí desenvolve unha grande actividade científica moi diversa, segue interesándose pola mineraloxía pero tamén a fabricación de buques, e non abandona as matemáticas onde realiza cálculos moi precisos para determinar a forma da Terra.
Despois da expulsión dos franceses de España vai para Madrid e destapa a súa faceta política, chegando a ser deputado nas cortes polo goberno liberal que abrazou a Constitución de 1812.
Coa implantación, de novo, do absolutismo deixa a política pero non a súa faceta científica pois no ano 1819 pasa a dirixir o observatorio astronómico de Madrid e nestes anos viaxa moito a Galicia medrando nel un forte sentimento protogaleguista que fomenta e apoia xunto con outros galegos afincados na capital do reino.
Xa en Galicia morre en 1824 en Santiago, onde está enterrado no Mosteiro de San Agostiño nalgunha tumba sen lápida.

sábado, decembro 06, 2014

O Parlamento nas súas voces




 O día 1 de decembro, polo tarde o alumnado de 3º de ESO participou nunha Charla-coloquio, organizada polo Departamento de CCSS, sobre o Parlamento de Galicia.
Dita Institución xunto a Asociación de Exparlamentarios galegos levan a cabo esta labor de divulgación das funcións do parlamento autonómico, a súa labor, e os seus órganos.  Contouse ca presenza  de tres exparlamentarios que representaban as tres forzas do Parlamento galego. Polo Partido Popular, estivo Ascensión Yeguas Sánchez, Luís María Tojo Ramallo polo PSdeG e Xesús Veiga Buxán polo BNG.
Tras a presentación, e a visión dun video sobre o Parlamento, os exparlamentarios expuxeron a súa visión da vida parlamentaria. Posteriormente o alumnado participou activamente facéndolle  preguntas os exparlamentarios. O interés do alumnado era sobre todo pola corrupción política, destacando na súas preguntas os casos máis famosos de fraude fiscal e os máis televisivos, demostrando que o alumnado sí mostra certa inquietude por este tema, que considera xeneralizado e que os exparlamentarios esforzáronse en rebatir tal idea.
            En xeral a valoración da Actividade por parte do Departamento de Ciencias Sociais é positiva pois acerca aos políticos a realidade social e educativa.

María Soledad Milmanda Cajaraville

venres, decembro 05, 2014

O maltrato a través das cancións

Unha das exposicións e traballos que realizamos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero veu directamente dende o IES Chano Piñeiro de Forcarei e a xenerosidade de Isabel, profesora de música nese centro.
A través de letras destas cancións, propoñemos unha reflexión sobre diferentes aspectos relacionados co maltrato:

xoves, decembro 04, 2014

II Concurso literario Mª Vitoria Taboada

O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o II Concurso literario Mª Vitoria Taboada de relato curto, microrrelato e poesía, dirixido ao alumnado de secundaria dos centros dezaos.
Xa sabedes que imos participa... e gañar!

mércores, decembro 03, 2014

Mostra de Robótica e Sensores

Pouco a pouco vannos chegando os vídeos das actividades realizadas no mes de novembro. Vaia, que imos lentos pero seguros! 
Aquí podemos observar como o alumnado de 4º de Diversificación foi o encargado de dirixir o Día da Ciencia en Galego o pasado 4 de novembro: eles foron os artífices destes robots incribles que construíron e nos explicaron: