Outra das actividades realizadas arredor dos libros. Algúns exemplos:
venres, abril 21, 2023
xoves, abril 20, 2023
xoves, abril 13, 2023
venres, marzo 31, 2023
Escape
Onte tivemos moitas actividades no centro. E unha delas foi unha colaboración, un ano máis, coa ACPP, que nos trouxo un xogo de "escape" para poder sentir un pouco máis preto a viaxe infrahumana que deben realizar inmigrantes na procura dun mundo mellor.
xoves, marzo 30, 2023
xoves, marzo 09, 2023
O noso 8M en imaxes
Onte, a pesares da folga, foi unha mañá intensa de actividades para lembrar que o 8M segue a ser necesario, aquí e en todas as partes do mundo. Realizamos un percorrido poético pola Historia da Muller, onde o protagonismo recalou -non podía ser doutro xeito- no club de igualdade.
Estes son algúns momentos do acto:
mércores, marzo 08, 2023
Lama
Neste 8 de marzo, lembramos que xuntas, podemos avanzar en igualdade. Un tema que fala de parar, coller forzas e seguir adiante. Versión da canción "Lodo" de Xoel López, a cargo de dúas alumnas de 3º da ESO.
venres, marzo 03, 2023
Purl
Curta de Pixar que constitúe un alegato contra o machismo, a discriminación e o acoso.
Conta a historia metafórica dunha muller que se incorpora a unha oficina na que só hai homes, e tras a indiferencia e presión dos seus compañeiros, sométese a un cambio radical para comportarse coma eles e encaixar.
Pouco despois chega Lacey á empresa, unha traballadora coa que Purl séntese identificada e decide volver a ser a mesma de antes e principiar unha amizade con ela sen lle importar a opinión do resto.
Reflexións:
Cres que unha muller ten que demostrar a súa valía no traballo máis ca un home?
sábado, febreiro 25, 2023
Declaración poética de amor
Concurso de podscat realizado en colaboración co equipo de Dinamización e Normalización Lingüística para falar do amor non romántico no 23 de Febreiro.
venres, febreiro 24, 2023
#RosaliaTe no 2023
Lectura do poema de Rosalía que comeza co verso
-¡Como venden a carne no mercado...
da V parte de "Follas Novas": "Viúvas dos vivos e dos mortos"
Realizado polo alumnado de 4º de ESO A.
¡Pra a Habana!
O alumnado de 4º ESO A organizou a lectura conxunta deste poema que inicia a V parte de "Follas Novas": "Viúvas dos vivos e dos mortos"
#RosaliaTe no 2023
venres, febreiro 17, 2023
mércores, febreiro 15, 2023
luns, febreiro 13, 2023
xoves, febreiro 02, 2023
luns, xaneiro 30, 2023
mércores, xaneiro 25, 2023
Realidade social e violencia de xénero
Por fin, hoxe puidemos escoitar a Miguel Lorente, a quen agardabamos dende o ano pasado. Un forense que coñece a realidade: "Mi marido me pega lo normal".
martes, xaneiro 10, 2023
Golpes
Este martes, a través do Plan Proxecta “365 días de respecto e igualdade”, o alumnado de 2º de ESO tivo a oportunidade de asistir á obra de teatro protagonizada por Estíbaliz Veiga “Golpes” na que, a través da interpretación de diversos roles, a actriz fai un percorrido polos diversos estereotipos de xénero aos que estamos abocadas: no caso das mulleres, a sensibilidade, a sumisión, a vulnerabilidade, a delicadeza... e, no caso dos homes, a dureza, o control, a promiscuidade como logro....
luns, xaneiro 09, 2023
Violencia publicitaria
Vivimos nunha sociedade machista, desigualitaria. Hoxe, 9 de xaneiro, Gela, ao abeiro do Plan Proxecta - “Por 365 días de respecto e igualdade”, achegouse ao IES Laxeiro para explicar ao alumnado de 3º de ESO C cal é a orixe desa desigualdade e que podemos facer para cambiala. Seguimos cos mesmos modelos de homes e mulleres dende hai moitos anos, e isto é contraproducente porque estes modelos xeran desigualdades. Os homes morren por suicidios, por accidentes de tráfico, por consumo de drogas, por practicar deportes de risco e por homicidios, e todas as causas están relacionadas co modelo de home educado para ser guerreiro; pola contra, non son asasinados polo feito de ser homes. Pola contra, as mulleres non son educadas para ser heroínas, de aí que as causas maioritarias das súas mortes non sexan as anteriormente mencionadas.
A linguaxe, a familia, os axentes de comunicación, as amizades, así coma os medios de comunicación, son machistas. Recibimos 3.000 impactos publicitarios cada día, e a maior parte deles son machistas; o sexismo no catálogo de xoguetes, unha campaña do Carrefour polo “Día del niño”, un anuncio publicitario de post-it... Todos eles amosan unha desigualdade absoluta entre homes e mulleres, sendo os primeiros quen ocupan a posición do privilexio.
Unha charla amena e esclarecedora que, esperamos, lle servise ao alumnado para poder reflexionar e analizar o mundo que o rodea como un lugar desigual, no que nin a linguaxe nin un aparentemente non problemático anuncio dun colutorio bucal, nunca é inocente.
martes, decembro 20, 2022
Relacións tóxicas
Rosa, terapeuta ocupacional do Centro e Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia machista de Compostela, achegouse ao IES Laxeiro para falar co alumnado de 4º de ESO das toxicidades que se xeran nas xeracións de parella. Foi unha charla interactiva na que a relatora foi indagando nas opinións do alumnado en relación ao que consideran amor, namorarse, querer... para así chegar a saber o que en realidade debería ser unha relación saudable.
venres, decembro 16, 2022
Mes da ciencia en galego, o resumo
Vídeo que resume un mes da ciencia galega e en galego no noso centro:
luns, decembro 12, 2022
domingo, decembro 04, 2022
Con Pantallas Amigas
O pasado 1 de decembro, Maider, de Pantallas Amigas, veu ata o IES Laxeiro para adentrar o alumnado de 1º de ESO na reflexión e análise da existencia de violencias machistas nas nosas realidades. Como identificar unha relación tóxica e desigualitaria, así como o retrato de diversas situacións machistas no noso día a día, foron o leimotiv dunha xornada esclarecedora que, coidamos, lle servirá ao alumnado para crear conciencia e continuar por ese camiño da non violencia.
Unha actividade encadrada dentro do Plan Proxecta “por 365 días de respecto e igualdade”.
xoves, decembro 01, 2022
Entrega de premios concurso Luís Gustavo
Volvemos a estar co noso Luís. Vaia, el está sempre connosco, témolo nos nosos pensamentos e segue aquí, ese espírito bondadoso que nos asolaga dende que entramos no vestíbulo e ollamos a súa caricatura. Pero onte foi un día especial, porque veu a súa familia, porque Lucía volveu a nos acompañar dende que deixara os pupitres do centro e marchase a seguir o seu brillante futuro, guiado pola súa particular estrela. E foi asemade especial porque entregamos con alegría premios no seu nome, un nome dende xa vinculado á ciencia no noso centro.
A terceira edición estaba dedicada á eficiencia e ao aforro enerxético.
Os/as premiados/as foron:
Algunhas instantáneas do momento: