domingo, abril 09, 2017

O mapa das matemáticas



Dende Microsiervos:

Este Mapa de las matemáticas de Dominic Walliman intenta cubrir todos los campos de las matemáticas, agrupándolos por campos de estudio, orígenes y similitudes. Como la historia de los números comienza con el hecho de «contar» también hay un poco de historia (en el centro del póster).

Todo lo que sabemos de matemáticas –o al menos, lo que cabe en el póster– lo divide el autor en dos grandes áreas: las matemáticas puras y las matemáticas aplicadas. Dentro de ellos están los sistemas de numeración y tipos de números (y algo sobre π, e, √2, i) y las estructuras, como el álgebra, las ecuaciones, vectores, matrices, la teoría de números, la geometría, el cálculo…
En cuanto a las matemáticas aplicadas, también hay diversas áreas detalladas: probabilidad, estadísticas, análisis numérico, teoría de juegos, informática, criptografía… Incluso se mencionan las matemáticas de la física, la química y las biomatemáticas que se aplican a los seres vivos.
El mapa puede comprarse en todos los formatos imaginables: el más básico e interesante que sería el póster sale por unos 13€ pero también se puede imprimir en una camiseta, taza, cuaderno, funda para el móvil o hasta en un cojín o una mochila.
En Flickr también hay una versión con licencia Creative Commons para usar libremente con fines educativos:

sábado, abril 08, 2017

Xornada de cohesión TEI

Onte desenvolvemos unha xornada de cohesión, enmarcada no programa TEI (Titoría entre iguais), protagonizada polos alumnos e alumnas de 1º da ESO (titorandos) e os de 3º de ESO (titores). Titores e titorandos participaron nunha serie de actividades e xogos onde a cooperación entre ambos se tornaba imprescindible: Cruzar o río, Eu guío, A miña prenda... No video podedes ver algúns momentos da xornada.


DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

O 7 de abril celébrase o Día Mundial da alimentación e a Cruz Vermella impartiu un obradoiro sobre o tema con 1º ESO.
Ademais de coñecer pautas saudables de alimentación, complementadas co deporte, enfermidades relacionadas (bulimia, anorexia, obesidade, hipertiroidismo e diabete) tamén tiveron unha leve introdución da depresión (enfermidade á que este ano se adica o día mundial) e xogaron ao pasalabra cos conceptos relacionados coa alimentación.

Unha actividade que pon final a esta 2ª avaliación respecto das actividades organizadas por orientación.




domingo, abril 02, 2017

Abraza a un libro, abraza a un amigo

A editorial Anaya preparou un cartel con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, o 2 de abril.
“Abraza un libro, abraza a un amigo”, está inspirada na ilustración que realizou Isol no Abecedario ilustrado (Carles Cano).




Ler a Ledicia Costas (29)

Lucía González Santomé, de 3º da ESO, realiza o Booktrailer do libro de Ledicia Costas "Un animal chamado néboa"

sábado, abril 01, 2017

Ler a Ledicia Costas (28)

Roberto Agra e Javier Iglesias Azurmendi, de 3º da ESO, falan do libro de Ledicia Costas "Recinto gris":

xoves, marzo 30, 2017

Ler a Ledicia Costas (23)

Adrián Gamallo, de 4º da ESO, fala do libro de Ledicia Costas "Un animal chamado néboa":

María Canosa poetiza Lalín

Dende o IES Laxeiro coordinamos con todos os centros de ensino de Lalín unha actividade denominada "Lalín en verso". Poetizar as aulas é o que pretendemos. Deste volta, tocoulle aos dous coles gozar da poesía da man de María Canosa:




mércores, marzo 29, 2017

martes, marzo 28, 2017

Ler a Ledicia Costas (20)

Sara López Costa, de 4º de ESO, realiza este booktuber sobre o libro de Ledicia Costas "Xardín de inverno"

Ler a Ledicia Costas (19)

Alba Rodríguez Diéguez, de 4º da ESO, fala do libro de Ledicia Costas "Recinto Gris":

luns, marzo 27, 2017

Ler a Ledicia Costas (18)

Zaira Míguez López, de 4º da ESO, fala do libro de Ledicia Costas "Un animal chamado néboa":

II Seminario de Educación afectivo sexual e diversidade

Co título de Re*Existencias LGTBIQ, o venres 24 de marzo o alumnado de 3º ESO participou nas charlas, enfocadas a público adolescente. Os convidados foron:

- Dr. Enrique Latorre (filosofía da USC) que centrou a charla en  identidade e diversidade sexual.

-Dna. Cristina Palacios, traballadora social e presidenta de ARELAS (Asociación de familias de menores trans*) explicando o traballo da asociación e as dificultades e necesidades dos menores trans* (que despois participaron nunha mesa redonda).

-Dna. Paula Lois: matemática e activista de Galiza Entende, que falou sobre sexualidade lésbica.

-Dna Carmen Fernández, decana da facultade de ciencias da educación da USC que falou sobre como traballar a diversidade sexual e de xénero no curríulo educativo e nos plans de convivencia dos centros, como facilitar a información….

Nos intermedios o grupo Canela Cafuné, amenizou e fixo rir e pensar coas temáticas dos seus temas.


Esperamos que se repita a iniciativa dende o concello para o vindeiro curso, xa que dende os centros é complicado facer intervencións para a educación do ámbio afectivo-sexual, e debemos sinalar que este aspecto é especialmente importante no colectivo adolescente na construción da identidade persoal .







Ler a Ledicia Costas (17)

Carla Varela, de 4º da ESO, falan do libro de Ledicia Costas "Un animal chamado néboa":

 

sábado, marzo 25, 2017

Ler a Ledicia Costas (15)

David de la Torre e Helena Santalla, de 3º da ESO, falan do libro de Ledicia Costas "Un animal chamado néboa":


Carmen G. de la Cueva

Chegou e convenceuno. Conquistounos. Moitos clubs de lectura do centro ao seu arredor, pero o tempo voou. Necesitabamos dúas horas máis para estar con ela, para falar de feminismo, para falar da vida cotián dunha moza, dunha muller, que se sente acosada e perseguida por palabras, por xestos, por insinuacións. Que non se senten seguras. 
Carmen conquistounos co seu acento andaluz e o seu sorriso franco e alegre. Cercana, o alumnado sentiu que podía opinar, que podía falar, que podía disentir. Un día fermoso que queceu coa súa presenza.




No Faro de Vigo:




xoves, marzo 23, 2017

Árbores poéticas

Para celebrar o Día da Poesía e o Día da Árbore pedimos a colaboración do concello para que fosen el quen pagase a actividade e nos dixese o lugar axeitado para a plantación, que resultou ser o parque máis próximo ao instituo. Alí, o alumnado de 3º ESO-B e de 1º ESO-B recitou algúns poemas que tiñan como tema en común as árbores. Así, a actividade serviu tamén para xuntar este alumnado do programa TEI e que o recitado se fixese por parellas.





E na prensa:




Ler a Ledicia Costas (13)

Iria Lareu Coego, de 4º de ESO, realiza este booktuber sobre o libro de Ledicia Costas "Xardín de inverno"


mércores, marzo 22, 2017

Falando de Machismo

Antonte estivo connosco Rosa Álvarez Prada, decana do colexio de psicólogs de Galicia, para falarnos de xénero e sexo, de machismo e micromachismo, da sociedade actual  e de desigualdade. Máis ca interesante e necesaria.







Ler a Ledicia Costas (12)

Noa Villar Gallego e Miguel Lamazares, de 3º da ESO, falan do libro de Ledicia Costas "Un animal chamado néboa":


martes, marzo 21, 2017

Falemos de cancro

Onte estivo connosco Teresa Curiel, oncóloga no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), para falarnos de cancro, hábitos de vida saudables, investigación e biopsia líquida. Queremos darlle as grazas dende este noso espazo por achegarse aquí.










Na prensa fixéronse eco:



Ler a Ledicia Costas (11)

Alba Roqueiro Galego, de 4º de ESO, realiza este booktuber sobre o libro de Ledicia Costas "Recinto Gris"


luns, marzo 20, 2017

Ler a Ledicia Costas (10)

Valeria Fernández e Lúa Sánches,  de 3º da ESO, falan do libro de Ledicia Costas "O corazón de Xúpiter":


 

domingo, marzo 19, 2017

Ler a Ledicia Costas (9)

Noelia Vázquez Val, de 3º da ESO, realiza o Booktrailer do libro de Ledicia Costas "Un animal chamado néboa"


Carmen G. de la Cueva

O próximo venres teremos no noso centro a esta escritora da que vimos de ler o seu libro "Mamá quiero ser feminista" en 1º de Bacharelato e nos clubs de lectura: