mércores, abril 08, 2015

Obradoiro contra a violencia de xénero



O venres 27 de marzo non paramos. Unha das actividades que realizamos foi un Obradoiro contra a Violencia de Xénero a cargo de Gloria Isabel Serrato Azat para o alumnado de 4º de ESO. Gloria estivo toda a mañá connosco cos diferentes grupos deste nivel, que quedaron moi satisfeitos da experiencia. 
Este obradoiro impartiuse a partir da Exposición que tamén podedes ver no centro: "Cartas de amor. 15 artistas contra a Violencia de xénero"







E a exposición , grazas a Catoira:


Nesta presentación realizada no IES Poeta Añón podedes ver todos os paneis da exposición e os autores e autoras dos mesmos: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario