martes, novembro 03, 2015

Día da Ciencia en galego 2015: Actividades

As actividades previstas son:

- Exposición dos dous cartaces que vos amosamos anteriormente deseñados por Jorge Fuentes e Mar García sobre Isidro Parga Pondal e Carlos Gómez-Reino Carnota.


- Exposición dun mural deseñado e elaborado polo alumnado de 4º de Diversificación, un grupo de alumnos/as de 1º ESO C (Mateo Portas, Mª Méndez Cacheda, Lucía Rguez. Frade e Alberto Rguez. Glez.) e dúas alumnas de 4º ESO (Silvia Bruguera e María Mato), guiados por Xusto, Mar e Arancha.


- Experimentos de Ciencia no corredor de Tecnoloxía da ESO, a cargo do alumnado de 4º de Diversificación, coa colaboración de Luis Gustavo Rguez., Xusto Calvo, e Jorge Fuentes. (Arco da vella- dispersión da luz, Polarización, Lentes, Flechas, Vaso de aceite que desaparece, Globo e raio láser, experimento de Huygens)


- Creación de papeis de auga (gotiñas de óleos sobre auga impresas en papel), a cargo de Arancha, tanto no corredor de Tecnoloxía como no patio durante os recreos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario