venres, marzo 04, 2016

Con Miguel Anxo Fernández



Este luns visitounos Miguel Anxo Fernández acompañado do detective Frank Soutelo. O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a unha charla na que se falou de cine e de literatura, pero sobre todo de novela negra. A novela negra como novela social tamén, porque con ela denúnciase o que ocorre na nosa sociedade e fálase da parte escura da alma.
O autor explicou como procura escribir libros que nos leven a reflexionar, ademais de enganchar o lector, xa que el entende que a escrita prodúcese por amor á expresión en palabras, para que o lectorado poida compartir o que sentiu o escritor. Tamén nos contou algún dos seus trucos á hora de escribir, como por exemplo que el non remata a novela no último capítulo, senón un pouco antes. Tamén nos explicou a vertente cinematográfica que el acusa á hora de escribir, como especialista que é, unha especie de deformación profesional porque escribe coma se fixese unha película (suma de secuencias que se compoñen de escenas que se compoñen de planos). Tamén é moi consciente da vantaxe que ten a Literatura sobre o cine, xa que na primeira o lector ou a lectora pode imaxinar o mundo e os personaxes, mentres que no cinema as emocións uniformízanse.
Foi tan xeneroso que xa nos informou do seu próximo libro ao que xa lle ten título: "Un dente sen cadáver". E sae Lalín e o seu cocido!!! Agardámola con impaciencia!











Ningún comentario:

Publicar un comentario