mércores, xuño 22, 2016

Lemos no verán 2016

Baixo o lema "Este verán emborráchate de lectura que a resaca será de cultura" iniciamos este luns pasado a nosa campaña de lectura para o verán. Coma o ano pasado, que tiña o lema "Lemos no verán", este final de curso convidamos ao noso alumnado a levar libros e asolagarse de cultura nos dous meses de vacacións levando libros da nosa biblioteca. A cambio, terán como regalo unha mochila -poden escoller entre as cores amarela, laranxa e verde- e unha pequena libreta onde anotar os títulos que máis lle gustan.
A idea foi transmitida á concelleira de cultura que aceptou de bo grao a participación para estendela á biblioteca municipal colaborando na compra das bolsas. Desde aquí, as grazas máis efusivas!







Ningún comentario:

Publicar un comentario