Dende 1950 ACNUR, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, traballa para asistir e protexer as persoas refuxiadas e desprazadas. Durante todo este tempo leva actuado en centenares de misións para proporcionarlles sanidade, educación, medios de vida e solucións duradeiras ás persoas desarraigadas. Este sensato labor tense considerado a miúdo unha cousa de tolos.
O
Comité español de ACNUR tenta que os programas de axuda humanitaria sexan
sustentables, canalizando a solidariedade de milleiros de persoas socias e
colaboradoras. Son as tolas e tolos de ACNUR, persoas que loitan cada día para
demostraren que o mundo pode ser un lugar mellor.
No
IES Laxeiro sumámonos a “Loco Festival”
para axudar á difusión de valores solidarios e visibilizar esta situación de
excepción das persoas desprazadas e refuxiadas. Para iso, marcámonos o
obxectivo de sensibilizar ao noso estudantado e aprenderlles que axudar a quen
o precisa é algo sensato. Se cadra así, algún día, optar pola solidariedade
fronte á indiferencia sexa o normal e non unha cousa de tolo/as.
O Loco Festival é un proxecto de educación que favorece o desenvolvemento dos valores éticos necesarios para a convivencia democrática: equidade entre as persoas, compromiso social, diálogo, cooperación …
Nesta edición participan:
2º ESO B “ESCAPE
ROOM”
3º ESO B “PETO
SOLIDARIO”, PASAPALABRA TEMÁTICO EN GALEGO E PHOTOCALL
4º ESO A:
VIDEOCREACIÓN
4º ESO B
: PASALABRA TEMÁTICO EN INGLÉS “The doughnut game”
EXPOSICIÓN
MARCAPÁXINAS “ MOZO/AS INSPIRADORES/AS”
LUGAR E DATA DO EVENTO
IES
LAXEIRO no patío exterior, vestíbulo da igualdade, aula de 2º B e salón
de actos.
Data: 1,2,3 E 4 XUÑO nos recreos entre 11:00 12:30 (DEPENDENDO DOS DÍAS E DOS GRUPOS HAI VARIAS TANDAS DE RECREOS QUE NON SE SOLAPAN)
Ningún comentario:
Publicar un comentario