martes, febreiro 24, 2015

Rosalía de Castro


EuSonRosalia___(1)

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Deixamos aquí este documental sobre esta figura imprescindible das nosas letras:


Google crea hoxe un doodle co aniversario de Rosalía de Castro: 178 aniños ten a nosa poeta!, ademais dunha compilación de recursos. Parabéns e moitas grazas!


Artigo de Mercedes Queixas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario