xoves, febreiro 26, 2015

Lalín en verso (I)




Este ano botamos a andar unha nova iniciativa: unir todos os centros da vila procurando a poesía. O que semellaba imposible estase levando a cabo. A primeira intervención pública foi a de ter connosco a Antonio García Teijero. O alumnado da unitaria de Don Ramiro estivo convidado a participar nun día enteiramente poético onde os versos convertéronse en aloumiños grazas a Antonio, que fixo delicioso o anaco de tempo que pasou connosco.
Moitas, moitas grazas por vires, Antonio. E grazas ás profas polo traballo ben feito, claro está. 
(e grazas a Helena por facer maxia!!!)






Ningún comentario:

Publicar un comentario