luns, xaneiro 23, 2017

Daisy Chain

 Marabilloso vídeo contra o bullying  e unha páxina que paga a pena. Ten unha pega: a lingua. Pero como sodes moi listiñ@s seguro que non tedes problema de lectura!!!

Varias veces temos falado deste gravísimo problema.




Buttercup Bree era unha nena pequena particularmente amable,
o que máis lle gustaba neste mundo
era coller, desfollar, xirar e darlle voltas ás flores que recollía no seu camiño e coas que facía guirnaldas.
Levounas ao patio, onde esperaba compartilas cos rapeces.
Mais o patio levaba anos baleiro sen lugar para os seus "hurras e vivas".
Onde estes nenos saltaban e se columpiaban, un tobogán facía acenos e os bambáns só colgana.
Buttercup mirou acar aquí  e acolá, quizais as guirnaldas de margaridas trouxeron algo de vida.
Puxo unhas cantas no tobogán, e só con iso xa parecía sorrir.
Mais ollos ciumentos andaban preto, abusóns con plan ruín.
As abusonas rodárona nun círculo e odio e xuntáronse cun escuro plan.
Colleron as guirnaldas, desfíxeronas, e botaron a Buttercup ao chan; tiráronlle unha foto, riron con rexouba e colgárona da árbore máis achegada.
As abusonas seguiron o seu camiño deixando consternada á pobre Buttercup.
Mais uns ollos amables pousaron nela. Un rapaz pequeno, Benjamín. Rompeu as súas cadeas ata certo punto, defendouna e liberouna.
"Non chores, ti es forte. Non é culpa súa, é que non saben máis, ninguén lles ensinou. Nós somos diferentes, especiais, ti e mais eu, o mundo parece estar contra nosa"
Un rapaz pequeno con grandes ideas viñera para axudala a aplastar os seus medos.
Benjamín sostivo un dente de león e compartiuno co ceo.
Non está soa, así que non teñas medo. Un problema á metade é un problema compartido.
Buttercup recolleu as súas margaridas e á fronte veu a súa fotografía. Estaban esparexidas ata onde lles chegaba a vista, colgadas en cada unha das árbores.
Buttercup e Benjamín adentráronse no bosque e recolleron todas as fotos posibles.
Ao día seguinte Buttercup tivo unha gran idea, compartir amor co patio que estaba sumido no terror.
Ensináronlle ás abusonas o poder de compartir e axudaríalles a ver o mundo coma novo.
No patio, Cuttercup coseu e encordou, as súas guirnaldas de margaridas arranxarían a diversión.
Arranxou o carrusel, os bambáns e as barras de ximnasia. As súas flores crearon un lugar de ensoño.
Aínda así, as abusonas rodéarona no seu círculo de desgracia. Non lles gustabam as súas parvadas.
Mais cando extendían os seus brazos cara a ela, Buttercup cravou a mirada nelas: "non sigades aos que rompen as regras, só formads unha cadea de idiotas. Compartir non debe doer, debe axudar".
Agardaron un momento e miraron en derredor e así viron como Buttercup arranxara o patio.
Hai sitio para todos, así que medrade, xogade e deixade as queixas. Teño máis margaridas para entrelazar, ensinareivos e así creredes.
Apreta unha, empurra outra, xúntaas e dúas converteranse nunha soa.
As abusonas sentiron o aguillón da vergoña e preguntaron se se podían unir ao xogo.
Guirnaldas de margaridas para todos as viran, compartindo o amor de Buttercup Bree.
E a quen Buttercup máis esperaba, o amigo que parara a dor. Apareceu Benjamín. Tocou a súa cara.
"Mira como cambiaches este lugar"

Ningún comentario:

Publicar un comentario