domingo, xaneiro 22, 2017

Pantallas amigas no Laxeiro (III)

Prevención de violencia de xénero no contexto dixital

A psicóloga Arrate Emaldi de Pantallas Amigas traballou este martes 17 de xaneiro co alumnado de 1º ESO, na concienciación e prevención da violencia de xénero dentro das redes sociais.

PantallasAmigas é unha iniciativa que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o  fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e adolescencia. A charla tamén foi impartida noutros centros grazas á colaboración da oficina de Igualdade do concello de Lalín.

Podedes ter información complementaria consultando http://www.pantallasamigas.net/








Ningún comentario:

Publicar un comentario