luns, marzo 30, 2015

Nós lemos, e ti?

Tiñamos pensado participar neste concurso, pero ao final non demos feito. 
Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”. 

  •  Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
  • Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar.
  • Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros.
  • Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome do centro docente ou biblioteca, do titor/a ou bibliotecario/a, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico.
  • Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso segundo o seu bo criterio e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos en función da súa residencia:     
            Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX)     
            Centro de Emprendemento Creativo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. 
            Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. Tel.: 881 99 61 09 galix@galix.org
            OEPLI. concursodiainternaconal@oepli.org  
  • Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías ( Primeiros lectores: 1º, 2º e 3º de Primaria / Lectores avanzado: 4º, 5º e 6º de Primaria / Superlectores: 1º e 2º de Secundaria) e ámbito lingüístico.
  • Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.             
                                                                                    (Información facilitada por GÁLIX)



A última semana foi tremendamente agotadora tanto para profes como alumnado. E non se dá chegado a todo! 
Así que agradecemos enormemente a Lucía Lalín Pérez e Silvia Souto Froján que buscasen un minuto para realizar un selfie e mandarnos o seu traballo.





Sobre este último libro:
Encantoume, sobre todo como se desenvolveu a historia. Esta é do máis entretida e enganchante, non hai ningún momento no que non podas deixar de ler. Nela Xabier pasa o verán na casa das súas curmáns, con elas descubrirá un misterio do máis entretido. Ademais o personaxe de Violeta foi o que máis me gustou, cambiou moito dende o comezo da historia ata o final.



Ningún comentario:

Publicar un comentario