Un ano máis, celebramos o Día das Letras Galegas na Praza de Abastos da vila. Esta vez, coa actuación dos D'Abaixo, e como convidados especiais o alumnado e profesorado visitante do proxecto Erasmus.
xoves, maio 31, 2018
mércores, maio 30, 2018
Letras e arte
Novamente, grazas ao profesorado de Plástica, que pide a alumnas e alumnas que amosen os seus dotes artísticos. E abofé que o conseguen!
martes, maio 29, 2018
Percorrido literario por Finlandia, Francia e Turquía
Participamos no proxecto Erasmus no que o noso centro está a traballar con estes tres países. Esta semana, alumnado e profesorado destes lugares están a realizar a súa estadía na nosa vila, e ofrecémoslles un percorrido literario onde as nosas literaturas teñen algo que dicir deles. Ou non.
Así, onte, na nosa biblioteca xuntámonos para viaxar da man da literatura e achegarnos un pouco máis.
Así, onte, na nosa biblioteca xuntámonos para viaxar da man da literatura e achegarnos un pouco máis.
luns, maio 28, 2018
domingo, maio 27, 2018
sábado, maio 26, 2018
venres, maio 25, 2018
xoves, maio 24, 2018
mércores, maio 23, 2018
Somos Booktuber (17)
Booktuber do libro “Palabras envelenadas” de Maite Carranza realizado por Sara Daparte:
martes, maio 22, 2018
Somos Booktuber (16)
Booktuber do libro “O inferno de Marta” de Pasqual Alapont realizado por Cristina Guerra Vila:
luns, maio 21, 2018
domingo, maio 20, 2018
sábado, maio 19, 2018
Matria
Seguimos celebrando as nosas letras de moitos xeitos diferentes. Desta volta, con Álvaro Gago e a súa exitosa curta "Matria". Un pracer telo connosco.
venres, maio 18, 2018
xoves, maio 17, 2018
Pasiño a pasiño
Levaba tempo en mente e por fin conseguimos comezar un proxecto ilusionante que estou segura servirá para moito. O mellor é que todo comezou nos clubs de lectura pola igualdade, nunha biblioteca que presume de ter un fondo excepcional de tolerancia e respecto. E que seguirá medrando. Coma nós, todas xuntas, na loita.
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/05/16/defensoras-igualdad/1892441.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2018/05/16/laxeiro-sobresaliente-tolerancia/0003_201805D16C2991.htm
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/05/16/defensoras-igualdad/1892441.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2018/05/16/laxeiro-sobresaliente-tolerancia/0003_201805D16C2991.htm
mércores, maio 16, 2018
A creación re-partida
A xornada do lun 14 non foi unha calquera. No IES tivemos a sorte e o honor de recibir a Xosé Cobas, a quen admiramos polo seu traballo exquisito, a quen queremos pola súa bonhomía e a quen convidamos a vir cada ano. Xente coma el cómpre moito no noso país.
Cobas falou sobre o deseño e a ilustración, sobre como xorden as ideas e o proceso de traballo en ambos os dous mundos.
O alumnado manifestou especial interese cando se referiu á súa infancia, como xogaba ou como comezou a debuxar.
Grazas por vires!
martes, maio 15, 2018
María Victoria Moreno: IV Día das Letras en feminino
Hoxe
paséanse, neste cartel de Daniela Lama para as Letras Galegas, algúns
dos personaxes das obras infantís de María Victoria Moreno!
Dende o IES San Paio, esta liña do tempo.
O CPI San Sadurniño:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/aulavirtual2/course/view.php?id=504
Dende o CPI da Cañiza:
http://biblogcaniza.blogspot.com.es/2018/05/letras-galegas-2018.html
Dende o IES San Paio, esta liña do tempo.
O CPI San Sadurniño:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/aulavirtual2/course/view.php?id=504
Dende o CPI da Cañiza:
http://biblogcaniza.blogspot.com.es/2018/05/letras-galegas-2018.html
luns, maio 14, 2018
Reinterprentando a Mª Victoria Moreno
Esta é a nosa elixida entre todos os traballos do alumnado a partir da figura de Mª Victoria Moreno. É obra de Carolina Taboada Batán, de 3º de ESO:
Os nosos carteis, marcapáxinas e roll-up terán esta imaxe:
domingo, maio 13, 2018
María Victoria Moreno: "constelación literaria"
Como contribución ao recoñecemento da figura de María Victoria Moreno, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018, desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ponse a disposición do profesorado interesado un material elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, arredor de varios títulos desta autora.
Trátase dunha selección de títulos que se vinculan, a modo de "constelación literaria" con outros libros referenciais da literatura infantil e xuvenil galega, en base a distintos criterios (temática, personaxes comúns e outros). Para cada un dos títulos de María Victoria Moreno, hai ademais un espazo baleiro dispoñible que convida a continuar estas propostas.
Este cartel, que se pode descargar desde esta páxina en formato DIN A3, chegará en formato impreso a todos os centros de Galicia en breves datas.
Agardamos que sexa un material útil e que poida axudar no labor do profesorado e das bibliotecas escolares por conseguir vincular ao alumnado á lectura en galego, a través de textos dos nosos autores e das nosas autoras e, moi especialmente neste ano, a través dos libros de María Victoria Moreno.
sábado, maio 12, 2018
22 segundos
O 7 de maio volvemos xuntarnos os dous clubs de lectura arredor dun mesmo libro e unha escritora: Eva Mejuto, que veu ao noso instituto para falarnos da necesidade de visibilizar a transexualidade e de tratala con normalidade nas nosas letras, onde había unha ausencia do tema.
Tivemos dous encontros: un co club de lectura de 3º e 4º de ESO e outro co club de lectura de 2º de ESO.
venres, maio 11, 2018
ANAGNÓRISE - A banda da Loba
"Con esta canción queremos compartir con vós o noso mundo, a nosa
procura vital destes últimos meses e tamén homenaxear a María Victoria
Moreno (Letras Galegas 2018), que nos inspirou coa súa novela
"Anagnórise" para despregar as ás, voar, e contruír este universo."
#ABandaDaLoba
#ABandaDaLoba
xoves, maio 10, 2018
mércores, maio 09, 2018
TEI no concello e no museo
Unha das actividades que realizamos no proxecto TEI é a visita ao concello e ao museo para ver a exposición da obra de Manuel Colmeiro:
martes, maio 08, 2018
Somos Booktuber (15)
Booktuber do libro “Amote Leo A destino Xulandes” de Rosa Aneiros realizado por Lorena Vázquez
luns, maio 07, 2018
Lúa de prata
Co gallo do Día das Letras Galegas, o emblemático grupo de folk Fuxan os Ventos musica o poema “Lúa de Prata” da homenaxeada este ano 2018: María Victoria Moreno.
domingo, maio 06, 2018
venres, maio 04, 2018
Anagnórise teatral
O mércores 2 de maio fomos ver a obra de teatro "Anagnórise" baseada na novela do mesmo nome de Mª Victoria Moreno. Un espectáculo orixinal e diferente que nos encantou.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)