Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Negro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Negro. Amosar todas as publicacións

xoves, febreiro 20, 2020

A excelencia de Carlos Negro

Onte mércores comezamos os obradoiros de escritura que o centro realiza cada ano dentro do Plan de excelencia. O encargado de inaugurar estas sesións foi o noso prezado veciño e poeta Carlos Negro. O mellor: a sensación do alumnado, quen estaba expectante e confirmou que paga a pena vir e repetir.
Moitas grazas, Carlos, tamén polas fotos.




mércores, marzo 27, 2019

Carlos Negro

Onte día 26 o autor da nosa terra Carlos Negro veu presentarnos o seu último libro, Aplicación instantánea. Estivo acompañado ademais por dúas alumnas nosas que lle realizaron unha entrevista. Sorprendeunos coa súa posta en escena e a variedade dos seus poemas!!!










mércores, xuño 20, 2018

Videopoema (39)

Videopoema realizado por Adriana Pampín  sobre o poema de Carlos Negro, "Es una chica chic? (Autocuestionario)".

Mordes as unllas ou lévalas á última?
As unllas úsoas para rabuñar a pel dos peluches.

Prefires barra de labios ou brillo?
Prefiro óxido na lingua, cuspe e dinamita.

Cal é a túa pose favorita?
A posición dunha percha no armario.

Estás apuntada a clases de dance?
Estou apuntada a unha danza de contradicións.

Gústanche os gatiños como mascotas?
Escollo o negro da pel da pantera.

Canto tempo pasas fronte aos espellos?
Procuro esquivalos para que non me devoren.

Cal é o teu mellor truco de beleza?
Dubidar, non sentirme evax fina y segura.

Como imaxinas a un chico dez?
Case tan perdido coma min, pero sen tetas.

Es feliz?
Nin se me pasa pola cabeza ser un parrulo no estanque.


sábado, xuño 16, 2018

Videopoema (34)

Videopoema realizado por Sara Granja  sobre o poema de Carlos Negro, "Sección de conxelados".




Videopoema realizado por Iria Donsión  sobre o poema de Carlos Negro, "Sección de conxelados".

domingo, novembro 09, 2014

Obradoiro de poesía con Carlos Negro

Este xoves veu Carlos Negro. Si, si: foi a semana dos Negro! O xoves, Carlos viviu unha mañá intensa, xa que dende a primeira hora ata a última estivo traballando arreo co alumnado de 3º da ESO e coa poesía. O que si quedou claro é que a poesía non é nada aburrida!
Por alí pasou ademais o alumnado de 4º A e o alumnado de 4º Diver. 
A noticia, tamén na prensa.












E na prensa: