Iniciamos unha actividade na sala de profesorado que agardamos teña continuación no futuro, pola boa acollida e pola ledicia que supuxo: o amigo invisible polo Día do Libro encheu a sala de profesorado de agasallos en forma de libros, paquetes que abrimos con emoción para coñecer cal era o novo libro de noso que iamos ter a partir dese momento. Hai que recoñecer que algúns paquetes eran do máis orixinal:
Hoxe estamos de celebración no noso centro. E é que o noso compañeiro de Galego, Xabier Quiroga, presenta no noso Salón de Actos a que de momento é a súa última novela: Zapatillas rotas. A biblioteca participa activamente na presentación da mesma.