venres, xaneiro 31, 2020

Retos para una Educación Transformadora en Bolivia

O próximo luns teremos connosco no IES Laxeiro a Violeta Costas, coordinadora de proxectos de educación despatriarcalizadora  do Centro Yachay Tinkuy (Cochabamba, Bolivia). Será para o alumnado de 3º de ESO A e B nas horas de clase da tarde. Grazas a InteRed por facelo posible!

mércores, xaneiro 29, 2020

Homenaxe a Miguelanxo Prado V

Por suposto, Miguelanxo tamén debuxou:



Homenaxe a Miguelanxo Prado IV

Descubrindo a placa tamén lle tiñamos música preparada. Foi fermoso velo emocionarse, cando eramos todas e todos nós quen tiñamos todas as razóns para emocionarnos por coñecelo e por telo connosco.




Homenaxe a Miguelanxo Prado III

Miguelanxo Prado conquistounos. Agardamos que fose recíproco. Cando menos, tentamos que todo estivese e fose do seu agrado.
Contounos un montón de cousas, de como comezou a súa carreira, da sorte que tivo, da xente que coñeceu, do pouco que lle gustou vivir en Estados Unidos (só aturou seis meses)... pero sobre todo abraiounos coa súa humildade e cercanía. Unha lección de vida.

Así o recibimos:














venres, xaneiro 17, 2020

Homenaxe a Miguelanxo Prado

O próximo xoves cumprimos un dos nosos soños: recibir no noso centro a Miguelanxo Prado e nomear a aula de Plástica. Con el inauguramos asemade o Corredor das Artes.

 Autor de proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas.
  A visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte sensibilidade galega, fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega. 

Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o "Xabarín Club" e do elenco da serie de animación producida en Galicia "Os vixilantes do camiño"

Tamén traballou na serie de animación "Men In Black", producida por Steven Spielberg.

Realizou a longamentraxe animada "De profundis" con música do compositor Nani García, sen diálogos e que foi proposta para os premios Goya. Este traballo, experimental e sen diálogos foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.


xoves, xaneiro 16, 2020

Xogando

Foi unha mañá moi especial: estivemos xogando na biblioteca! Pois si, os xogos de mesa reciben prexuízos sociais, pensando que son infantís, que non educan, que non ensinan. Esta mañá divertís e aprendemos a un tempo.