martes, decembro 22, 2020

Bo Nadal... diferente

 


Que teñades unhas boas vacacións! Racargade as pilas, coidádevos e lede moito. Lembrade: gardade as distancias!

Agardámosvos coa mesma ilusión de seguirmos aquí, en ensino presencial, en xaneiro.



mércores, novembro 25, 2020

25 N, nos centros

 Unha pequena compilación do traballo do alumnado doutros centros:

25N IES COTOBADE


Sementando igualdade II no Carlos Casares


IES Melide: 


 



IES Alexandre Bóveda:





http://bibliotkrc.blogspot.com/2020/11/25-n-dia-internacional-da-eliminacion.html


http://abibliodeestrela.blogspot.com/2020/11/25-de-novembro-dia-internacional-contra.html?m=1


https://bloguesquio.blogspot.com/2020/11/igualdade-bo-trato.html


http://virxedorocio.blogspot.com/2020/11/25-de-santos-dia-da-non-violencia.html?m=1


https://bibliomalveiras.wordpress.com/2020/11/24/as-mulleres-do-porvir-de-dorotea-barcena-un-texto-dramatico-a-proposito-da-violencia-machista-no-s-xix/


http://biblioteca-tobias.blogspot.com/2020/11/25n-dia-contra-violencia-de-xenero.html


https://bibliomalveiras.wordpress.com/2020/11/24/carapuchina-de-bonai-capote/


https://bibliomalveiras.wordpress.com/2020/11/15/25-de-novembro-tods-todxs-contra-as-violencias-machistas/


http://bibliotecalamas.blogspot.com/2020/11/cancion-25n-la-igualdad-por-alba-e.html


https://bibliofortexnvilas.blogspot.com/2020/11/25-de-novembro-todxs-contra-violencia.html


SOMOS VACINA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS | Bibliomalveiras (wordpress.com)


IES "San Paio":


As xeografías do machismo asasino: http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2540

Escolma poética para a Hora de Ler: http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2539



IES ILLA DE SARÓN:
- rematamos o espazo lila na entrada do centro: zona de consulta fixa formada por libros, películas, notas de prensa relacionadas coa igualdade de xénero, violencia machista, masculinidades igualitarias... que actualizaremos constantemente grazas ao alumnado voluntario da biblioteca e ao de Pmar. Aquí tedes máis fotos.

- seleccionamos títulos relevantes para unha exposición temática tamén na entrada do centro.

exposición de debuxos para o 25 N de Cristina Blanco, alumna autodidacta de 1º da ESO que nos sorprendeu gratamente pola calidade dos seus deseños.

- traballamos coa canción de Rozalén "La puerta violeta" decorando as portas de varias aulas.

Todas estas actividades podedes verlas no seguinte vídeohttps://youtu.be/OMMn5lWDv0Y

Cambiando os contos Disney

 Este vídeo foi realizado por tres alumnas do grupo de igualdade "Trafegando pola Igualdade" do IES Laxeiro, para pór en relevancia que ata unha factoría como Disney -que ten aínda que percorrer moito camiño- está cambiando o conto. Mozas que pouco a pouco vanse empoderando nos seus filmes.

A intención é facer fincapé no positivo, no empoderamento, sen criticar moitos aspectos -coma o físico das mozas- para alentar a seguir trazando un camiño de igualdade no que as protagonistas non necesitan de compañeiros masculinos para sobrevivir.










domingo, novembro 22, 2020

Mozas empoderadas

 O alumnado de Literatura Universal tamén quiño poñer un gran de area na nosa loita coitá contra a violencia de xénero:



sábado, novembro 21, 2020

STOP: Non o imos consentir

O alumnado da materia de Igualdade de Xénero de 2º de ESO D do IES Laxeiro realiza a súa aportación na loita contra esta lacra social.

Frases contra a violencia de xénero

O alumnado da materia de Igualdade de Xénero de 2º de ESO A-C do IES Laxeiro realiza a súa aportación na loita contra esta lacra social.

sábado, novembro 14, 2020

Consentimento

Este vídeo está moi ben para explicar ao noso alumnado en que consite o consentimento. Porque se este non existe, é violación.

mércores, novembro 11, 2020

ReMoved

 Imos traballar nas titorías esta curta:





Escollemos esta curta feita en 2013 por Matanick, Nathanel como director e a súa esposa Cristina como guionista. Tiveron previamente a experiencia de ser familia de acollida de menores en situación de desamparo e quixeron compartila co ánimo de facer visible esta figura nesta  película, que é a sua ópera prima.

1) A continuación imos contestar a unha seria de sinxelas cuestións:

- É unha curta pois…

Dura máis de 10’                         Dura menos de 1 hora            Saen menos de 200 persoas

 

- As siglas VOSE significan:

Versión Orixinal con subtítulos en español

Versión Orixinal con subtítulos en inglés

 

- Que é unha ópera prima?

A que se fai entre familiares, non necesariamente primos.

A que é a primeira que fai un director, un artista, ou un creador.

 

- A continuación vai unha relación clásica de xéneros cinematográficos, escolle aquel(es) nos que poderiamos encadrar esta curta:

Documental
Biográfico
Histórico
Musical
Comedia
Infantil
Do oeste americano-Western
 
Aventura/acción 
Bélico
Ciencia ficción
Drama
Suspense
Terror-horror
Para >idade


 

Que outros adxectivos cres que corresponden con ela

Cine social

Familiar

Violencia de xénero

Acollemento familiar

Adopción

Relato en primeira persoa

Asistencia social

Protección á infancia.

Muller

Exclusión social

Abandono familiar

Violencia familiar

Autobiografía

 

- Lembras que nome ten a protagonista?:

Zoe                                                      Su                                                         Susana              

 

- O director non só segue a protagonista, senón que para axudar a contar a historia con veracidade,  tamén lle dá :

 

Voz                                             Luz                                         Oportunidade

 

 

2) Deixamos a parte técnica da obra cinematográfica, e concentrámonos nos conflitos que aborda esta curta:

 

- Cal cres que é a temática principal?

Violencia de xénero                                                                             

Violencia familiar

Violencia contra os menores              

Os menores na violencia de xénero                          

 Familias acolledoras

  

- Como definirías o estado inicial da protagonista?

Deprimida pola situación                   

Enfadada co mundo                                

Adaptada ao “ambiente” familiar

Rexeita os adultos                            

 Non entende a súa nai                      

 Mantén a normalidade co irmán    

 Asume roles de nai                             

 Illada                                                  

  Rabia-cambios repentinos de humor                                                              

 

- Cando hai unha situación de abandono/desamparo de menores poden aplicarse varias medidas

 Centros de acollida inmediata       

 Centros de acollida permanente   

 Acollemento familiar

 Acollemento familiar preadoptivo

 

- A violencia de xénero provoca nestes nenos e nenas unha diminución da autoestima, unha repetición de roles (pasivos ou agresivos) ou unha desconfianza cara ao mundo dxs adultxs , e poden verse nalgunhas das seguintes situacións:

Insensibilidade ante as emocións ou bloquean os pensamentos.

Desconectan do ruído e o caos, aprenden a non oílo.

Crer que son algunha outra persoa a través de concentrarse moito.

Beben alcol e/ou usan drogas.

Planean a vinganza do seu agresor,  fantasean con matalo.

Fantasean cunha vida máis feliz, vivindo con outra familia.

Fantasean sobre como será a súa vida despois do divorcio ou cando acaben as agresións.

Fantasean con ter un accidente.

Desexan ser rescatados por un  súperheroe, a policía ou un príncipe.

Irse a outro cuarto, abandonar a casa durante unha agresión.

Buscan escusas para non ir a casa. Foxen dela.

Relaciónanse con ‘malas influencias’.

Teñen relacións sexuais para atopar intimidade e proximidade.

Quedan embarazadas na adolescencia para ter a alguén que as queira.

Protexen os irmáns e as irmás do perigo.

Coidan aos bebés coma se fosen os seus pais ou nais collendo un rol paterno ou materno.

Coidan da súa nai.

Contan o que pasa a alguén da escola, a un veciño/a, a algunha amiga ou amigo da nai,etc.

Chaman á policía.

Falan cos irmáns, amigos ou algunha persoa adulta que sexa significativa.

Fan actos temerarios ou teñen intentos de suicidio.

Autománcanse.

Explosións de ira, son agresivos ou agresivas con outras persoas, métense en pelexas.

Fan deporte, saen a correr, teñen moita actividade física, etc.

Escriben, debuxan, fan poesía, teatro ou outras actividades creativas.

Mostran excelentes resultados académicos.

Cren ‘mamá foi mala’ ou ‘eu fun malo/a’ ou ben ‘papá está tenso do traballo’.

Pensan ‘eu podo parar a violencia se cambio a miña forma de comportarme’ ou ‘podo saber cando pasará a próxima agresión’.

Tentan ser a nena ou neno perfecto.

Menten para tapar algunha cousa mala (por exemplo, malas notas no colexio) para evitar críticas, agresións ou situacións de tensións na familia

 

3) Imos revisar algúns datos do estado español:

 

- Dende 2003 cantas mulleres vítimas mortais por violencia de xénero das súas parellas ou exparellas houbo ata agora?


       170                                       340                                      850                                      1071

 

- Que porcentaxe dos menores  estivo exposto de forma repetida a situacións de violencia de xénero contra a súa nai?

 

     1 %                                         10 %                                      20 %                                     30 %

 

 

- Dende o 2013, ano no que empezaron a contarse os casos de menores mortos por violencia de xénero contra a súa nai, cantas cres que houbo?

 

               8                                            15                                          20                                          37

 

 

 

luns, novembro 09, 2020

Día das Librarías

 


O 13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluída no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia. Desde CEGAL sinalan que “… queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e á lectura”

Este é un bo ano para reivindicar as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que conseguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para  alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

 E ti, de que libraría vés sendo?

luns, novembro 02, 2020

XI día da Ciencia en Galego

 


 

 Este ano non imos facer actividades concentradas nun día, por motivos evidentes, así que o mes de novembro será todo o mes o Mes da Ciencia en Galego. O alumnado xa está a traballar co profesorado de ciencias na investigación dos autores: Robert Koch e Ernest Vieítez Cortizo.

MANIFESTO DE XURXO MARIÑO 

 

Deixámosvos aquí unha conversa entre mulleres científicas, porque as mulleres tamén fan ciencia, aínda que ás veces parece esquecerse



luns, setembro 28, 2020

Normas de uso da Biblioteca para o curso 2020-2021

   

Ilustración: The right way of resistance de Menekse Cam.

 

 

Para este curso 2020-2021 e seguindo as recomendacións protocolarias anti-COVID, a Biblioteca informa das seguintes medidas para o seu bo uso e correcto funcionamento:

1.- A biblioteca terá un aforo máximo de 24 persoas, sen contar o profesorado de garda.  Reducimos os postos de traballo nas mesas de estudo para garantir a distancia de seguridade. A zona de lectura relaxada queda reducida a oito persoas. 

2.-  Na entrada e  na saída da biblioteca, o usuario disporá de xel hidroalcohólico para hixienizar as súas mans.

3.- Só abrirá en horario lectivo de mañá, permanecendo pechada polas tardes. O alumnado de nocturno poderá solicitar os libros en préstamo ao seu profesorado ou mandar un correo electrónico para demandar os libros solicitados. (biblioieslaxeiro@gmail.com)

4.- Accederase á Biblioteca polo vestíbulo de Igualdade e sairase polo vestíbulo de conserxería, gardando sempre a distancia de seguridade e utilizando a máscara protectora.

5.- Os lugares para NON  sentar están identificados debidamente.

 6. O profesorado de garda identificará os postos que se ocupen para proceder á súa desinfección.

7. A devolución de libros ou outro material deberá de realizarase de xeito persoal e individual, sen intermediarios.

8. No momento da devolución só poderá haber unha persoa no mostrador da Biblioteca, gardando a distancia de seguridade.

9. Os libros devoltos deberán permanecer no caixón de desinfección como mínimo 4 horas antes de volver aos andeis.

10.  Non manipular os libros. Se unha persoa quere consultar algún, solicitará a axuda da responsable de biblioteca. Igualmente ocorre cos préstamos, se alguén quere levar libros prestados non poderá collelos directamente dos andeis.

 

SE TOD@S RESPETAMOS ESTE PROTOCOLO, PODEREMOS GOZAR DUN ESPAZO DE LECER SEGURO…