xoves, xuño 26, 2014

Do papel ao libro


      Dende os Departamentos de E. Plástica e Visual e Lingua Castelá, levamos adiante o Proxecto  “Do papel ao libro”, no que o alumnado de 1º de ESO comezou coa fabricación do seu propio papel con distintos tipos de pasta e experimentando tamén cos diversos tinguidos. Con estes papeis o alumnado encadernou o seu propio libro para redactar nel un relato con ilustracións. 
En cada grupo de 1º de ESO traballaron cunha temática diferente. En 1º A o tema do relato foi "Un día calquera da miña vida", en 1º B descibiron un personaxe do video xogo creado na aula partindo de obras da Literatura clásica e en 1º C realizaron o "Diario dunha viaxe".

Obradoiro de Caligrafía


      O 7 de maio organizouse no Centro este Obradoiro para alumnado e profesorado interesado. Foron 23 participantes  para unha actividade impartida polo profesor especialista Jesús Mª Juaristi Linacero, quen foi capaz de abrirnos as portas ao mundo da “Letra sen ansiedade”. Esta experiencia resultou moi satisfactoria para todos os/as participantes. No seguinte enlace pódense ver máis imaxes da actividade.