Amosando publicacións coa etiqueta Hora de Ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hora de Ler. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 11, 2016

Hora de ler, 2016

Aquí están os resultados da enquisa realizada despois de analizar as respostas que tanto profesorado como alumnado contestaron logo de termos a nosa Hora de Ler no primeiro cuatrimestre. Como podedes comprobar, participa moi pouca xente, polo que os resultados son parciais.




domingo, setembro 27, 2015

Hora de ler


Por suposto, o IES Laxeiro apúntase á "Hora de ler". Ben sabemos da importancia da lectura na vosa formación, e por iso facemos que dispoñades de 15 minutos de liberdade para gozar da lectura. Os vosos titores e titoras xa vos explicarán en que consiste e como se desenvolve. Pero tamén aquí vos deixamos a información pertinente:




Xa sabedes, a lectura é un goce, non unha imposición. Só lede aquilo que vos apeteza, o que vos faga soñar, tremer, atenazar... o que máis vos guste sentir neste momento.
Mañá comezamos!

venres, xaneiro 23, 2015

Hora de ler no ximnasio

A casualidade e outros deberes fíxome ir ata o ximnasio o outro día xusto cando estaban na Hora de Ler. Pareceume tan emocionante velos alí cos seus libros que lle pedín ao seu profesor, Xosé Manuel, unhas fotiños para amosárvolas aquí. 
Vale, xa sabemos, algúns non len... pero outros e outras len e moito. 
Así que, moitos parabéns! Dá gusto vervos!