Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

xoves, marzo 06, 2025

Día da Paz

Algúns dos traballos realizados polo alumnado para lembrarnos este día tan importante:







 


 









martes, febreiro 05, 2019

Represaliadas

Montse Fajardo veu ao noso centro para nos lembrar as consecuencias da Guerra Civil o martes 29 de xaneiro. Centrouse nas mulleres, sempre máis esquecidas, para lle poñer nome e apelidos a moitas das mullers que foron asasinadas, violadas, rapadas...
E así, lembramos que o Día da Paz é tamén aquel que merece ser chamado así por ter Memoria Histórica

















luns, xaneiro 29, 2018

Día escolar da Paz e a non violencia III




 E agora a reflexionar:

.- Que significar ser emigrante?
.- Como cruza Said o Estreito?
.- Con que soña Said?
.- Cando chega a España, que é o primeiro que ve?
.- Como ten idealizada a vida en España o protagonista?
.- Pouco a pouco, sabe que nada é como el soñara. Como é a realidade que vive?
.- Que sentimentos che esperta a curta, o feito de que haxa mozos e mozas da vosa idade que non teñen dereito a unha vida como a vosa?
.- Que sentimentos vos provoca Said por un lado e os monicreques da feira polo outro?
.- En que se parece Said a calquera de vós? Que o diferenza?
.- Que é a TOLERANCIA? E a DIVERSIDADE?

Aquí, varias ligazóns:

Ficha e cuestións 

todoele

Día escolar da Paz e a non violencia II

#elviajedesuvida

La crisis de refugiados y migrantes que estamos afrontando ahora es la mayor desde el fin de la segunda guerra mundial. UNICEF lanza esta acción de sensibilización con objetivo de generar empatía e informar sobre la situación de los niños y niñas migrantes y refugiados en todo el mundo. 

http://elviajedesuvida.es/

 

domingo, xaneiro 28, 2018

Día escolar da Paz e a non violencia

Dende o  I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol) chéganos este cartaz contra calquera tipo de violencia:



Unha vez máis, podemos acudir ao IES San Paio:

Palabras de Paz

Cine e Letras

venres, xaneiro 27, 2017

Fatima Mernessi

Dende o blogue da Biblioteca de Campolongo traemos este estupendo artigo:


Proposta para traballar o Día da Paz  nas Escolas Asociadas Unesco da Galiza



(Fátima ou Fatema Mernissi; Fes, 1940) Escritora marroquí, unha das voces máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial en estudos coránicos. Fátima Mernissi naceu en 1940 nun harén. Pertencía a unha familia acomodada, dona de grandes extensións de terra e fiel ás tradicións.   (Ver Citas) -  (Discurso da Entrega do Premio Principe de Asturias ás Letras 2013)
A infancia de Mernissi son recordos dun patio cadrado rodeado de columnas de mármore e azulexos e cunha fonte no centro. Catro enormes salóns abríanse a este espazo: o da súa familia, o da avoa paterna, o dos seus tíos e os seus sete primos e, por último, a sala onde os homes comían, escoitaban as noticias na radio, pechaban negocios e xogaban ás cartas. No piso superior habitaban as tías divorciadas e viúvas cos seus fillos. Todas as xanelas abríanse ao patio. Ningunha daba á rúa.
Nesta ampla vivenda pechada ao exterior non había eunucos nin escravos nin belas mulleres reclinadas voluptuosamente: o harén imperial otomán que chegou a Occidente a través da pintura e as películas desapareceu en 1909. No seu lugar quedou o harén doméstico como o que Fátima Mernissi viviu na súa infancia e describiu máis tarde en "Sueños en el Umbral".  "Memorias dunha nena do harén " (1994), foi a súa única obra narrativa e unha das máis aclamadas pola crítica internacional.

Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátima Mernissi falou só árabe ata os vinte anos. Decidida a traspasar, entre outras, a barreira do idioma, non só aprendeu varias linguas senón que case nunca escribiu na propia. Ata a guerra do golfo Pérsico, en 1991, escribiu en francés. Desde entón, cun sentido pragmático, falou en inglés.

Mernissi licenciouse en ciencias políticas en Marrocos e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na Universidade da Sorbona, en París. Máis tarde, obtivo o doutoramento en socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos) e, de volta ao seu país, pasou a exercer de profesora na Universidade de Mohamed V de Rabat e dedicouse á investigación no Centre Universitaire da Recherche Scientifique da capital marroquí. Tamén nesa cidade dirixía un Taller de Escritura.

Defensora dos dereitos da muller

Ao regresar a Marrocos nos anos setenta tras completar os seus estudos no estranxeiro, Mernissi deuse conta de que, máis que converterse en experta no seu traballo, o que necesitaba primeiro era defender os seus dereitos para estar plenamente nese traballo, e para iso tivo que volver revisar os textos coránicos.

Tras un minucioso estudo das diferentes versións do Corán, Mernissi lanzou o seu máis soada afirmación: o profeta Mahoma fora un home feminista e moi progresista para a súa época, e non foi el, senón outros homes, quen empezou a considerar ás mulleres como persoas de segunda clase. Escribiu "O harén político" con estas teorías, enfureció ao réxime e o libro converteuse no único libro prohibido en Marrocos (aínda hoxe), aínda que noutros países musulmáns, como en Siria, obtivo gran éxito. "El velo y la élite masculina" , publicado en 1987, foi outro dos seus estudos censurados en Marrocos e nalgúns países musulmáns. A socióloga marroquí foi tamén una das primeiras en dicir publicamente que a educación da muller nos países en vías de desenvolvemento é o mellor anticonceptivo existente.

Seu é un dos primeiros estudos realizados a principios dos anos oitenta no que se demostraba cientificamente a correlación entre a alfabetización da muller e o índice da natalidade. En Marrocos, por exemplo, e tal como ela mesma explica no seu libro "Marrocos a través das súas mulleres" , de cinco fillos nas mulleres non alfabetizadas pásase a dúas nas alfabetizadas. As súas investigacións neste sentido foron de gran utilidade para as comisións especializadas das Nacións Unidas.

Noutro dos seus libros traducidos en España, "O poder esquecido",  "As mulleres ante un islam en cambio", recompilou unha serie de artigos escritos nos anos oitenta e principios dos noventa que tentaban responder, desde diferentes ángulos, á pregunta que a obsesionaba por aquel entón: por que os Estados árabes son tan hostís ás mulleres? Por que non as poden ver como forza motriz do progreso? «Non comprendín o misterio da hostilidade estatal cara á muller -afirmou nunha ocasión- ata que estalou a guerra do golfo Pérsico. Foi entón cando se viu claramente que non se trataba dunha guerra contra a feminidade senón dunha guerra contra a democracia.»

Loitadora infatigable
Mernissi compaxinou as súas múltiples actividades en Marrocos co seu traballo como escritora e as incontables invitacións que recibe de todo o mundo para dar conferencias e presentar os seus libros (toda a súa extensa obra foi traducida a varios idiomas e moitos dos seus títulos son textos obrigatorios no ámbito universitario).

O seu entusiasmo, como a súa risa, é unha das súas características máis destacadas. Tiña unha estraña capacidade para tomalo todo con imbatible ánimo, para converter unha derrota nun triunfo. Como, por exemplo, o tema da súa imaxe. Fátima procurou non saír na televisión e poucas veces se deixa retratar nos xornais e as revistas de maneira que o seu rostro sexa reconocible: afai poñerse un pano ou a taparse un ollo ou a boca ou algunha parte da cara.

Sen dúbida, esta é unha medida de prudencia máis que necesaria para os tempos que corren. Pero Fátima négase a admitir esa limitación da súa liberdade, o recoñecemento da presión dos integristas musulmáns, e prefire dicir que lle gusta manter o anonimato para poder investigar mellor e non ser recoñecida pola rúa e que ao retratarse así está a construír un símbolo da situación da muller árabe, que non é do todo libre para falar, ver e ser, á vez que converte os seus retratos nunha parte máis da súa loita e da súa mensaxe.  Arigo traducido da páxina Biografías ...

domingo, xaneiro 31, 2016

luns, xuño 15, 2015

Somos "Escola sen Racismo"



O xoves 11 de xuño, o alumnado de 1º ESO estivo na proxección das reportaxes solidarias feitas por varios compañeiros da ESO que participaron do obradoiro de TV da Asamblea de Cooperación Pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Ademais de recibir os diplomas de participación, o director Uxío Grande recolleu para o centro a placa que nos acredita como membro da rede de EScolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento. Noraboa a todos/as.





Actualización, domingo 21 de xuño:
La Voz de Galicia recolle hoxe esta nova.

xoves, xuño 11, 2015

Teatro-fórum coa asemblea de cooperación pola paz



O xoves 4 de xuño, o alumnado de 1º ESO participou nun teatro-fórum no que se evidenciaron e se reflexionou sobre os dereitos, a convivencia, os valores sociais… Mediante dinámicas e previo sketche das actrices Paula e Patricia, traballaron co alumnado e fomentaron o debate e a interiorización de aspectos das emocións, pensamentos e accións que levamos a cabo diariamente e que poden mellorar ou entorpecer a nosa relacións cos demais.
Esta é outra actividade máis das que ao longo de varios cursos levamos feitos en cooperación coa Asemblea da Cooperación pola Paz. Hoxe estivo a súa representante Tania, recén chegada de Guinea Bissau onde traballan proxectos educativos e de saúde.
Na vindeira semana remataremos as actividades para este curso, co visionado das reportaxes gravadas polo noso alumnado e Carmen Novas (da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) ao longo do obradoiro de TV: entrevistas de comercio xusto, a canceiro “Peludos sen Fogar”, as reivindicacións da Fraga de Casas Novas e Catasós, a asociación Mencer e os labores altruístas que realizan….
O noso centro recibirá a placa que testemuña a nosa inclusión nas Escolas Sen Racismo e esperamos, en breve, ter na web do instituto a ligazón para estas reportaxes feitas por alumnado dos catro cursos da ESO. Grazas a todos/as por participar e tamén grazas polo seu compromiso e labor aos membros das ACPP.





martes, marzo 17, 2015

Paz no noso centro (IV)


La palabra paz en 83 idiomas from symbiait on Vimeo.


Por fin, temos os vídeos que testemuñan o traballo realizado no Día da Paz no Salón de actos. Dividimos a sesión en varias partes para amosar tamén cales eran aqueloutros vídeos cos que intercalamos a poesía e a música que acompañou a petición de PAZ do IES Laxeiro.





I.- Primeira parte:





Sadako & las Mil Grullas de Papel




II.- Segunda parte:



La teua defensa és la paraula




Birthday.Boy




III.- Terceira parte:




"I know you care", canción pola infancia de Siria


IV.- Cuarta parte:




Rafeef Ziadah - "Nosoutras ensinamos vida, señor"



V.- Quinta parte:



Verdade que sería estupendo?


VI.- Sexta parte:



Every Little Penny Counts :



VII.- Sétima parte:



VIII.- Oitava parte:




IX.- Novena parte:




X.- Décima parte



XI.- Undécima parte:



Imagine , Noa y Khaled

martes, febreiro 03, 2015

PAZ con humor... xaponés

Xapón, coma todos os países, ten librado ducias de guerras. Os conflitos foron especialmente intensos no período Edo, entre 1603 e 1868; cansos de tanto sangue, houbo artistas que fartos de reflectir batallas e mortes empregaron os seus lapis e pinturas en retratar outras actividades menos perigosas do ser humano.
De aí naceu a obra chamada 'He-Gassen' (algo así como "batalla de peidos"), un traballo que se conserva na Universidade de Waseda. Estas postais foron un xeito de esquecer as calamidades das guerras sanguentas.













Vía El Ventano


luns, febreiro 02, 2015

Paz no noso centro (III)

Agardando a chegada do vídeo (desta volta, a ver se non tivemos fallos técnicos) deixámosvos unhas fotos da actividade "Escenas pola Paz" que o alumnado de 4º de ESO desenvolveu o venres no Salón de actos do centro para outros e outras compañeir@s.
Queremos agradecer o seu traballo e o tempo dedicado a ensaiar, xa que foron moitos os recreos que tiveron que abandonar.
E destacar o labor desenvolvido!















domingo, febreiro 01, 2015

Paz no noso centro (II)

O Departamento de Relixión e o Departamento de Lengua colaboraron asemade noutras iniciativas, coma esta dun concurso de cartaces para o Día da Paz en 1º de ESO. Xa vedes que nivelón!!!: