Amosando publicacións coa etiqueta SIDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SIDA. Amosar todas as publicacións

luns, decembro 05, 2016

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN CONTRA O VIH-SIDA

A OMS estima que alomenos o corenta por cento de portadores do Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH), (uns  14 millóns de persoas), descoñecen a súa condición. E uns 18 millóns de seropositivos carecen actualmente de acceso a tratamentos con medicamentos antirretrovirais .

Coincidindo co 1 de decembro (día internacional de loita contra o SIDA), a Cruz Vermella instalou un posto informativo no IES Laxeiro. Atendeu as dúbidas do alumnado, que recibiu ademais das pegatinas co lazo vermello, bolígrafos, folletos informativos e tamén colaboraron nun mural.
Durante o primeiro recreo da mañá, foron moitos os interesados que pasaron polo stand. Un día máis, un ano máis  para tomar conciencia do moito que queda por facer e do moito que se fixo.




domingo, decembro 06, 2015

Día Mundial da Loita contra o SIDA



O 1 de decembro celébrase o Día Mundial da Loita contra o SIDA.  Unha enfermidade na que se avanzou moito en canto a paliar síntomas e mellorar a calidade de vida dos afectados, pero na cal a prevención aínda é precisa.

O 3 de decembro a Cruz Vermella está a celebrar unha campaña informativa de concienciación en 1º  de Bacharelato, e está a disposición de todos/as, durante os recreos, un stand con información respecto da SIDA, ETS en xeral, prevención, contaxio, agasallo… 
Nas seguintes fotos veredes como se desenvolveu: