Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres Científicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres Científicas. Amosar todas as publicacións

martes, xuño 01, 2021

Táboa periódica en clave de muller

 O curso pasado fixeramos unha táboa periódica para o Día da Ciencia. Pero quedara unha cara sen cubrir: a das mulleres científicas. Foi un proxecto que se levou a cabo durante todo o curso pasado e parte deste. Con todas elas fixemos unha exposición.

A táboa era así:



E agora completámola coa descuberta de moitas mulleres científicas galegas, sobre todo, e españolas:






Que complementan a exposición de mulleres científicas en outro corredor:

https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2021/02/dia-da-muller-na-ciencia-iii.html


venres, febreiro 12, 2021

Día da muller na ciencia III

 Nun dos corredores do centro poderedes saber moito sobre mulleres científicas. A maior parte delas seguro que vos son descoñecidas. E moitas son do país! Non deixedes pasar a oportunidade de coñecelas!









xoves, febreiro 11, 2021

Día da muller na ciencia II

Un ano máis, unha exposición na porta da biblioteca de todos os libros que traballan o tema das mulleres científicas, ben sexa dende unha perspectiva biográfica, ou informativa; tamén en clave ilustración, toda a semana do 11 de febreiro




 

luns, febreiro 08, 2021

Descubrindo as detectives do cancro

 
Con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 1º de bacharelato participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) e coordinada por Marisol Soengas, que reúne preto de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. 

A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir directamente quen é unha das “detectives dcancro”: científica Sofía Mendes, que actualmente dedica a súa investigación á nanotecnoloxía para o cancro de páncreas. Descubriron dende a aula como é esta muller que investiga para facer fronte a esta enfermidade, como orientou a súa carreira e como chegou a ser unhas das grandes investigadoras no seu campo.

Coa participación nesta actividadevisibilizamos o labor das mulleres investigadoras e fomentamos novas vocacións científicas, animando ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro, a que se interesen pola Ciencia. Unímonos así a mensaxe: "elas poden, ti podes".







 

 

 



 

domingo, febreiro 07, 2021

Día da muller na Ciencia I

 Aproveitamos a conmemoración do 11 de Febreiro para realizar diferentes actividades, dentro das normas COVID, para realizar algunhas actividades.




martes, marzo 10, 2020

Mulleres galegas facendo Historia

Para celebrar o Día da Muller propoñémosvos unha nova xincana. Xa sabedes: procurade as respostas no menos tempo posible. Canto menos tempo e máis respostas acertadas, increméntase o premio. 
A xogar!!!

Powered by emaze

mércores, febreiro 12, 2020

Día da muller na ciencia III

Asemade, houbo unha exposición na porta da biblioteca de todos os libros que traballan o tema das mulleres científicas, ben sexa dende unha perspectiva biográfica, ou informativa; tamén en clave ilustración.





Día da muller na ciencia II

Xogos e exposicións ocuparon toda a mañá o centro para que o alumnado de todos os cursos da ESO aprendan e coñezan mulleres científicas que ata agora non son sinaladas nos libros de Ciencias:
















luns, febreiro 10, 2020

Día da muller na ciencia

Andamos a voltas para conmemorar este día de mañá. A biblioteca estará ocupada con actividades e xogos para diferentes cursos e o profesorado realizará na aula máis actividades interactivas. No vestíbulo de igualdade hai unha exposición de libros con esta temática.


domingo, febreiro 11, 2018

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia




Trátase de "descubrir ao público todas as grandes científicas que aínda non coñecemos e acabar cos estereotipos dunha ciencia principalmente masculina".





Aquí tedes máis información:

Mujeres con Ciencia, 2018, 2017

Tribuna Feminista

xoves, xuño 08, 2017

Homenaxe ás mulleres científicas galegas

Primeiro recibimos a exposición: Mulleres científicas premiadas:
 PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER













E logo o profesor José noche co alumnado de  3º ESO B pensaron en como homenaxealas, en como visibilizalas, nun intento novo de que as mulleres teñan os mesmos dereitos cós homes. Quizais algún día o consigamos!
E así naceu este
Manequin challenge