xoves, outubro 27, 2022

Concurso de cabazas

 En 1º e 2º da ESO realizamos un concurso de cabazas. Difícil vai ser asignar un gañador ou gañadora!!!










A Santa Compaña

 A compañía de ánimas aparece naquelas noites en que vai morrer unha persoa. Desprázase polos camiños da parroquia ata a casa da persoa moribunda onde recollen a súa alma para levala ao outro mundo. Xunto coa Santa Compaña vai tamén unha persoa viva abrindo a comitiva e portando na man un caldeiro cun hisopo. Esta persoa viva incorpórase á compaña de ánimas á media noite, cando esperta na súa cama e tras erguerse diríxese ata un lugar de encontro coas ánimas. Cando a Santa compaña aparece nese lugar de encontro, esta persoa viva incorpórase á procesión de mortos e vai con eles o resto do camiño ata completar a súa encomenda. Cando algunha outra persoa se atopa coa santa compaña debe protexerse dela para que non quede presa do seu maleficio (relevar a persoa viva que vai na comitiva). Para lograr esta protección, esa persoa ten que facer –entre outros rituais- un círculo no chan e meterse dentro. A historia que imos contar comeza nun bar onde Muíños pasa a súa aburrida vida bebendo chupitos e tocando o acordeón.



Cousas de meigas

 Xa que andamos co Samaín, este vídeo é unha recración do entorno histórico da cidade de Santiago de Compostela onde unha meiga e unha gárgola son protagonistas.



mércores, outubro 26, 2022

Somos Booktuber (51)

Booktuber de "Senlleiras" de Antía Yáñez, realizado por Laura Regadío, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro. 


martes, outubro 25, 2022

Somos Booktuber (50)

 Booktuber de "Calzados Lola" de Suso de Toro, realizado por Laura Cacheda, alumna de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro.



luns, outubro 24, 2022

24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas.

 Dende a Asesoría das Bibliotecas escolares:



Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022.  "A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR , e  quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento. aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración. 
 

luns, outubro 17, 2022

Día das escritorias

 Dende o blogue das Bibliotecas escolares:



 
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022  o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 
 
      "Houbo unha vez unha guerra.
       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)
 

mércores, outubro 12, 2022

Non normalizamos a violencia

 Desde que vimos o vídeo tristemente famoso dos cánticos machistas do Elías Ahuja sabiamos que non podiamos calar. Os nosos berros debían ser ben fortes e saír das nosas aulas.

 O instituto Pérez Guzmán de Ronda deunos a idea, polo que agradecemos publicamente a súa iniciativa. 

Agora tócanos a nós berrar en clave positiva, porque outra sociedade é posible, e pretendemos axudar a construíla dende o noso centro.